11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

164

Martín Sarmiento

to crítico de saber ensinar con froito. Téñase presente a explicación

da paralaxe que dei a un neno galego. Cando a leu un

galego, xa non neno, dixo que ó instante a comprendeu, sendo

así que seis veces tiña lido a explicación da paralaxe nos

libros e xamais puidera formar idea. E é certo que eu non

engadín entendemento. Se na ensinanza se usa de voces facultativas

e diversas das vulgares, nin o discípulo entenderá o que

oe e se cadra o mestre tampouco entenderá o que fala. Ensínese

primeiro con voces vulgares e despois de ben entendida a

cousa, dígaselle ó discípulo: a tal e tal voz vulgar corresponde

tal e tal voz facultativa.

79

De aquí infírese qué necesario é que ós nenos galegos se

lles ensine o latín usando só a lingua galega, que é a que unicamente

saben. Así, cómpre reimprimir a Arte de Nebrixa

explicada só en puro galego e repartila por Galicia. Ó mesmo

tempo iráselles ensinando as voces latinas correspondentes ás

voces vulgares galegas que xa saben, e se quixeren preguntar

ou latín para o galego, ou o galego para o latín, débeselles

responder de viva voz. ¿E quen dubida que para isto é indispensable

que o mestre saiba a lingua galega con extensión?

[80]. ¿Non é cousa ridícula oír que un rapaz é excelente latino,

e se se lle dá a construír un libro, entra a construílo sen saber

os significados? 6 ¿Haberá maior erro que convencelos de que

poderán ser latinos sen saberen as voces latinas? Din que só

son gramáticos e que saben a sintaxe, e que os significados

non son do asunto. ¿Non é o fin que o neno estudie a lingua

latina para entendela e falala? Pois se desbota os significados,

¿que lingua lle ensinan? Para catro nominativos, ou para declinar

e conxugar e facer catro oracións sen outra cousa máis

6. Construír un texto latino era un exercicio que consistía en analizalo

sintacticamente, recolocando as súas palabras conforme a orde normal en

castelán.

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

¿deben telo oupado dous, tres e catro anos? ¿Para iso se lle

malla a memoria? ¿e para iso tanto castigo?

82

Un cocheiro que fose a París, de volta entende e fala o

francés sen ter visto Arte francesa, e outro que en dous anos

xamais deixa a Arte francesa da man, nunca dá entendido e

menos falado o francés. Claro está que o mellor é saber a gramática

e os significados. Pero no caso de saber unha cousa

soa, mellor é saber moitos significados sós, sen gramática, do

que moita gramática sen significados. Os estranxeiros con só

douscentos significados españois e co seu infinitivo, que fai a

todo tempo, bandéanse e pasean por España sen intérprete.

83

Dirán os meus paisanos que como non hai Arte nin

Vocabulario da lingua galega, non é doado achar a correspondencia

entre as súas voces e as latinas correspondentes.

Isto é tan certo como é xusta a queixa de que o sexa. E, acaso

avergoñado e ruborizado diso, peguei na pena para escribir

estes pregos. Os galegos que no século XI, v. g., estudiaron

latín ¿por cales artes e vocabularios casteláns o estudiaron?

É imposible que daquela non houbese vocabularios

da lingua galega e algún librucho da súa gramática. Confeso

que non teño noticia de ningún. ¿Que importa? Se cadra ese

xénero de libros está comido da couza nalgún arquivo. [84]

Moito dera de prezo por ter un deses libros para ter que imitar.

Moita culpa debo cargar ós galegos eruditos que houbo e

hai, por non teren aplicado o seu estudio para dar a coñecer

a lingua que mamaron. Para aguilloar a súa desidia nisto, procurarei

manifestar nestes papeis o bosquexo dun Vocabulario

da lingua galega para que outros o poidan acrecentar e perfeccionar.

Confeso que entro con poucos materiais, pois só

son os que recollín estando de lecer en Galicia.

165

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!