11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

tiña presentes. Así pois, a primeira nomenclatura que houbo

no mundo só se inventou para as cousas da Historia Natural.

E acredito firmemente que o mesmo sucedeu en todas as

demais linguas do mundo que despois se formaron. [31]

Tamén teño notado que canto á abundancia de voces dunha

lingua hai unha enorme equivocación. Crese que unha lingua

que teña cincuenta mil voces, v. g., é máis abundante que

outra que só ten trinta mil. Eu non son dese dictame mentres

o número de voces dunha e doutra lingua non se divida en

tres partes: primeira, das voces visibles naturais; segunda, das

voces visibles de cousas artificiais; terceira, das voces de entidades

invisibles que formou ou finxiu a fantasía humana e ás

cales cada un lle aplica o concepto que maxina.

32

As linguas que pasan por cultas abundan moito das

voces da clase terceira, e cando máis das da segunda, pero

adoitan estar escasas das da primeira. Pola contra, as linguas

bárbaras abundan de voces da primeira clase, son escasas das

da segunda e son moi minguadas de voces da terceira. A

razón é porque os bárbaros están máis adictos e atentos ás

cousas que son obxectos dos seus sentidos exteriores. Pola

contra, os que pasan por cultos e civilizados adoitan desprezar

os obxectos materiais para darse todo á especulación de

obxectos que de ningún modo se poden sensibilizar. A abundancia

de voces para significar estes invisibles e inmateriais

obxectos non converte unha lingua en abundante, a non ser

coa abundancia de confusións. As voces da primeira e da

segunda clase son as que propiamente han constituír a abundancia

ou carestía dunha lingua ou morta ou viva.

33

Tomada a voz abundancia neste senso, débese aplicar a

un do cal se diga que sabe unha lingua con extensión. Eu

digo que se non ten coñecemento da maior parte das voces

160

Martín Sarmiento

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

e das cousas da Historia Natural, nin saberá con extensión

esa lingua, nin a saberá con propiedade e fundamento.

Dixen e repito que as voces da Historia Natural son as primitivas

e principais dunha lingua e que atendendo ós seus significados

se puxeron os nomes á maior parte das cousas

artificiais e das cousas invisibles. Aínda dentro da Historia

Natural, algúns mixtos teñen o seu nome, se son pouco

usuais, aludindo a outros mixtos máis comúns. [34] Teño

notado que a maior parte dos nomes dos peixes se puxeron

por alusión ós animais terrestres. O becerro, cabalo, león,

carneiro, porco, araña, lagosta, sapo, lebre, can, etc., non

teñen máis nomes que o dos viventes terrestres co distintivo

mariño. E en verdade que non oín congro terrestre, pescada

terrestre, sardiña terrestre, etc. Nisto coñécese que se puxeron

primeiro nomes ós animais ca ós peixes.

[5.2]

[UTILIDADE DOS ESTUDIOS ETIMOLÓXICOS]

35

Sempre que se me propón pescudar a orixe dalgunha

voz, ou castelá ou galega, o primeiro que fago é indagar o

actual e propio significado vulgar. Se a voz é pura galega ou

antiga castelá entro na suposición de que, polo común, as

máis desas voces teñen a súa orixe no latín, ou no puro ou

no da Media Idade, ou a primeira vista ou con algún veo que

ocasionara a singular inflexión e analoxía do patrio dialecto.

[36] Despois advirto a qué clase de cousas pertence o significado

da voz que se propón. Repaso mentalmente todas as

voces latinas que sei e que son significativas das cousas

daquela clase. Se entre elas bato cunha que case teña as mesmas

letras e a mesma coordinación que a voz proposta, e que

ten o mesmo significado, xa está atopada a orixe e máis nada

se precisa.

161

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!