11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

156

Martín Sarmiento

pouco os saben os portugueses, italianos, franceses e casteláns

que non teñen ningunha lectura. Para estes é tan tártara

a voz paralaxe como para os galegos, sendo así que se acha

introducida nos catro famosos diccionarios respectivos. Dirán

que neses diccionarios está explicada esa voz e outras tan

estrambóticas. Non dubido diso, pero tampouco se debe

dubidar de que esas explicacións se poderán formar en lingua

galega. [19] Na explicación dunha voz estraña a un idioma

non deben entrar outras voces estrañas que precisen de

explicación, só deben entrar as voces vulgarísimas, triviais e

que entendan todos. O demais é querer explicar ignotum per

ignotius. O galego non necesita de lingua estraña para explicarse

e para explicar todos os seus conceptos.

20

Explíquese a un neno a voz paralaxe deste modo: “¡Ai

meniño! Olla, se te pós debaixo dun melón que está colgado

do faiado, anque a túa vista estropece no melón, fai de conta

que ela vai a parar ao cravo do cal o melón está dependurado.

Arrédate 10 ou 12 pés a calquer lado da sala. Bota a vista

polo melón, e verás que xa ela non vai a parar ao cravo,

senón a un pontón que está distante dele. Nisto se fai no

melón coas dúas raíñas da vista unha cruz ou tixeira aberta.

Así pois, a aquela variación de lugares que a vista fai chaman

os gregos e os latíns parallaxis, e ti chamarás paralaxe.” [21]

Aprendido o neno da paralaxe caseira, con facilidade entenderá

a paralaxe astronómica, maxinado que os planetas e

estrelas son uns como melóns pendurados do teito do ceo.

Apostarei que un rústico portugués ou castelán non coñece

mellor a voz paralaxe polos seus diccionarios respectivos. O

que dixen da voz paralaxe débese entender doutra calquera

voz estraña, por exótica que for, e aínda que sexa facultativa.

Dese modo poderá un galego erudito e curioso formar un

corpulento vocabulario galego que iguale ou exceda os dez

tomos do Vocabulario portugués de Bluteau.

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

22

Non propoño que isto se execute, só fago ver que se podería

executar. Dirán que nese caso non podería o galego citar

autores que tivesen empregado aquelas voces. Distingo: para as

voces puras galegas que se falan non cómpre citar autores, pois

ningún autor cita Nebrixa no seu Diccionario, nin o padre

Pereyra no seu. Para as voces espurias, achegadizas e estrañas é

escusado citar autores que por antollo ou necesidade as introduciron,

pois introducíronas sen citar autores anteriores. E oxalá

non fose lícito a todo escritor introducir voces estrañas, pois

cónstame que moitos, pesimamente, as introduciron sen entendelas,

trastornando a súa verdadeira significación.

23

A miña intención non é introducir voces estrañas no idioma

galego. Só é propoñer ós galegos eruditos e curiosos que

recollan e coordinen as voces galegas que actualmente se

falan en todos os territorios de Galicia e que fagan máis aprecio

da lingua que mamaron. Non digo que postos en Castela

falen galego, pero que non fagan estudio de esquecer o seu

idioma por compracer os casteláns. Deben sacudirse, e con

aire, daqueles idiotas e badulaques que se escoitan falar castelán

a algún galego e a este se lle escapa algunha voz, frase,

pronuncia e sotaque de Galicia, ceiban a gargallada de risa

burricán. [24] En Madrid concorren de todas as nacións e de

todas as provincias de España, e cada un, á curta ou á longa,

descobre polo sotaque, frase, pronuncia ou voces, que non é

castelán. ¿Con que conciencia, pois, non rin deses e só rin

dos galegos? Eu coido que o riso contra estes é fillo da inveterada

e perniciosa aversión que acá padece a nación galega,

coma se fose lapona. Deus criou en Galicia todo canto se

poderá necesitar para o preciso, para o agasallo e aínda para

o superfluo, e concedeu tal tempero ó seu clima e terreo que

en poucos anos poderá ter todo canto se introduce en Galicia

doutros países. Pero os inimigos dos galegos conseguiron que

non só abandonen o seu idioma, pero que descoiden tamén

157

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!