11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

galego saír excelente latino e gramático sen embarazarse coa

lingua castelá? ¿Non hai sen ela en Portugal, Italia, Francia,

Inglaterra, Alemaña, etc., excelentes latinos? E eu coido que os

hai porque só se lles ensinou o latín no seu idioma vulgar respectivo.

[11] Non poño dificultade en que haxa Arte bilingüe

ou de dúas linguas. Así son as Artes latino-gregas, latinohebreas,

francesas-inglesas, francesas-italianas, castelás-francesas,

etc. Pero esas son inútiles para os que non saben unha

das dúas linguas, ou como nativa ou como xa estudiada.

12

Responderáseme que é preciso e útil que os galegos estudien

a lingua castelá. Pero non creo que para iso cumpra a

Arte de Nebrixa, non explicándoa asemade no idioma galego.

De cen tantos que en Galicia saben o castelán, ou xamais viron

a Arte de Nebrixa ou só a viron en confuso. Os galegos, de

forma, non saben o castelán pola Arte de Nebrixa, mais polo

comercio cos casteláns e, despois, pola lectura dos bos libros.

[13] Outros dirán que o meu plano é quimérico, pois nin hai

voces galegas para a maior parte dos nomes latinos, nin se

saben os nomes latinos que correspondan á maior parte das

voces galegas. Dese modo tampouco se poderá explicar o latín

en lingua castelá, pois hai infindas voces latinas a que non se

lles sabe o castelán correspondente e moitas voces castelás a

que non se lles sabe o correspondente latín.

14

Digo que non se lles sabe, pero xamais direi que non se

lles pode saber se se buscan, así no castelán coma no galego.

Polo cal este defecto non é das dúas linguas, mais dos que as

ensinan, e aínda dos que as falan. Sei que a lingua castelá é

fecundísima de voces e que en nada é inferior a lingua galega.

Non falo de voces escritas, mais das voces que actualmente se

falan. É pouco ou nada o que hoxe se escribe en galego, pero

hai moitos carros de instrumentos galegos en Galicia, e que se

154

Martín Sarmiento

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

escribiron en galego ata os tempos de Carlos V. ¿E por que as

voces castelás escritas antes daqueles tempos han pasar por

castelás e non han pasar por galegas as que se achan nos

escritos galegos anteriores a Carlos V? [15] Teño lido con especial

gusto bastantes instrumentos en galego e desexara ler

outros infindos máis, pois daqueles recollín moitas voces galegas

moi expresivas, e o que é máis, as cales se usan actualmente.

De maneira que os galegos, precisamente porque

deixaron de escribir, conservaron as súas antiquísimas voces.

Pola contra, perderon moitas das súas os casteláns por querérense

acomodar ás novas, exóticas e bárbaras voces que cada

día se introducen nos escritos.

16

Quen vise dez tomos en folio da lingua portuguesa e seis

tamén en folio da castelá, coidará que eses dous idiomas son

moi abundantes de voces. Eu vivo noutro dictame. Tíreselle a

Bluteau a infinidade de voces que non son portuguesas, ou que

son facultativas estrañas, e quedará o seu Vocabulario portugués

nun esqueleto coma o Vocabulario do padre Pereyra. O

mesmo digo do outro Diccionario, comparado co de Nebrixa e

cos que saíron o século pasado. [17] As voces facultativas e de

estraño idioma avultan os libros, pero non aumentan a lingua

nin o número das voces patrias. As voces de ciencias, artes, historia,

xeografía, historia natural e as eclesiásticas, son e están

adaptadas a todas as linguas cunha lixeira inflexión. ¿E quen

negará que con outra inflexión lixeira non se poderá adaptar

todas esas voces de común á lingua galega? ¿Que cousa máis

factible que o que algún galego forme un avultado vocabulario

do seu idioma fundamentándoo coas puras voces galegas, que

non son poucas, e agregándolle todas as voces espurias?

18

O caso é que estas non se ensinan na Gramática e xamais

se saberá o seu significado senón polos libros, nin tam-

155

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!