11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

4. Carta sobre a orixe e formación da lingua galega

146

Martín Sarmiento

os galegos porque sendo case unha a lingua galega que se

fala coa que se escribía, todo se lles faría doado.

28. E se fose tan útil este vocabulario vulgar, ¿que sería

se o acompañasen os dous glosarios propostos, o da latinidade

galega e o do idioma galego que se escribía? Se os portugueses

non afectasen ser aborixes en todo, ningún máis nin

mellor ca eles podería utilizar das tres obras ditas. Os portugueses

non poden citar tantos instrumentos góticos coma os

galegos. Sábese que a famosa conquista de Portugal foi desde

Galicia cara ó mediodía e en tempo que xa Galicia estaba co

seu idioma vulgar. Así, a lingua portuguesa pura non é outra

cousa que a extensión da galega, e que despois se acugulou

de voces forasteiras, mouriscas, africanas, orientais, brasileiras,

etc., como se pode ver en Bluteau. E se a esta orixe do

puro portugués atendera Duarte Nunes, non nos diría que

tales e tales voces eran antiquísimas e peculiares de Portugal.

As voces saudades, mágoa e mixiriqueiro, que coido pon

por exemplo, son latinas e sempre foron galegas 20 .

29. Pero para que Vosa Reverencia apalpe ata onde chega

aquela satisfacción, porei un curioso exemplo na botánica.

Nas partes marítimas de Lisboa nace un pequeno arbusto que

dá unha froitiña de cor de perla, á que chaman alí camariña.

Trata dela Amato Lusitano, e para engrandecer o seu país

botou a fanfurriña por escrito, dicindo que en toda Europa

non se achaba semellante arbusto senón unicamente nas

veciñanzas de Lisboa 21 . Pasou por aquel país o célebre botánico

Clusio, viu o dito arbusto e dixo que era a Erica Baccifera

Lusitana, aludindo a que parecía breixo e que producía

aquelas fermosas froitiñas 22 . Ó mesmo arbusto chamou des-

20. Precisamente sobre a voz mixiriqueiro, e a propósito do que dela di

Duarte Nunes, redactou Sarmiento o escrito Origen de la voz gallega ‘mixiriqueyro’

(1760) extractado no número 6 da presente escolma.

21. Amato Lusitano é “Juan Rodriguez de Castello-Branco, Dioscórides

coas Enarrationes de Amato Lusitano, e con Annotationes de Roberto Constantino.

León, 1558”.

22. Clusio é “Lécluse, Charles de. Opera. Dous tomos e moi raros,

Antuerpiae, 1601”.

Martín Sarmiento 4. Carta sobre a orixe e formación da lingua galega

pois Tournefort Empetrum Lusitanum 23 . Engade Clusio que o

dito arbusto nace xunto a un lugar que chaman Aldea Gallega.

Polo mes de outubro do ano pasado de 1754 tiven o gusto de

acompañar un irmán meu, quen, por ser ministro de Mariña,

saía á revista dos portos e dos matriculados. Chegado á vila e

porto que chaman Caramiñal e tendo preguntado a orixe desta

voz, dixéronme que se chamaba así pola abundancia que

houbera alí do vexetal caramiña, e que se acabara pola larpeirada

dos rapaces, que limparan as súas gorentosas froitiñas

e as plantas; pero que había ese vexetal moi preto e á beira

do mar. Fixen que trouxesen un, vino e téñoo, e de feito é o

mesmo de Amato e de Clusio.

30. Con esta ocasión informeime que ese vexetal caramiña

era moi común nas costas de Galicia, desde Baiona ata Fisterra,

e en especial en Escarabote, Agoeiros, illas de Baiona,

illas de Ons (que teño á vista), nas abas do monte Pindo, etc.,

e que en Baiona chaman camariñas, non trastornando caramiñas,

como din no dito porto Caramiñal. ¿Que diría a esto

Amato Lusitano? Pasado o cabo de Fisterra cara ó norte está o

lugar e porto de Camariñas, polo cal, e por chamarse en Baiona

camariña o arbusto, estou en que ese é o verdadeiro

nome galego. E sendo certo que se chama Aldea Gallega o

sitio de Lisboa onde se acha, e que chaman tamén camariñeira

o arbusto e camariña a froita, é conseguinte que ese nome

llo deron alí os galegos e que, aínda que naceu alí o vexetal,

non naceu alí o seu nome. Clusio xamais estivo en Galicia e

estivo moito tempo herborizando en Portugal. Por iso cometeu

o erro de engadir o adxectivo lusitano a moitas plantas,

xulgando privativas de Portugal as que son comúns en Galicia,

e se cadra noutras partes onde non estivo.

23. Joseph Pitton Tournefort é un importante botanista francés, autor

dunha obra de referencia, Institutiones Rei Herbariae, Lyon, 1719, que influíu

moito nesa mesma faceta de Sarmiento. Esta e outras monografías de Tournefort

figuraban na biblioteca do noso autor, quen xustamente titulou un dos

seus escritos botánicos Onomástico latín-gallego de los vegetables que vió el

Padre Sarmiento. Sistema de Monsieur Tournefort (c. 1755).

147

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!