11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

4. Carta sobre a orixe e formación da lingua galega

144

Martín Sarmiento

25. O glosario da voces latinas que se achan nos instrumentos

latinos de Galicia sería unha clave para entender por

comparanza o latín da Media Idade que se acha nos instrumentos

latinos de Castela. En Galicia consérvanse aínda moitos

instrumentos góticos latinos e como as súas voces por

máis antigas distan menos do orixinal e dista menos a súa

ortografía, é máis perceptible a significación das voces que

daqueles se orixinaron no adiante. Con este glosario avultaríase

o de Mr. Du Cange e entenderíanse mellor algunhas

das súas voces 17 . Polo mesmo se aumentou tanto o dito glosario

co de Mr. Spelman 18 , que recolleu as voces exóticas

que se achan nos instrumentos latinos de Inglaterra. Sei que

á volta das voces latino-bárbaras que se atopan nos instrumentos

latinos de Galicia se encontrarán moitas voces de

antiga e pura latinidade e aínda coa ortografía antiquísima.

26. O segundo glosario das voces vulgares galegas que

se achan nos intrumentos escritos en galego e anteriores ó ano

de 1500 poderá servir moito para entender instrumentos, e os

que en Castela se achan escritos en vulgar antes do mesmo

ano. A razón é clara, pois segundo o idioma castelán e o galego

son máis antigos, tanto menos son diferentes entre si. E teño

observado que o idioma francés antigo entra na mesma semellanza.

A Historia de Villehardouin é dun francés que se impri-

17. Charles du Fresne du Cange (1610-88), historiador, xeógrafo, numismático,

filólogo, paleólogo, epigrafista e arqueólogo, foi o maior erudito francés

do século XVII. A súa obra máis importante, precusora en varios sentidos

da filoloxía románica, é o monumental Glossarium Mediae et Infimae Latinitatis

(3 vols., 1678), referencia aínda hoxe para o léxico latino dos textos tardíos

e medievais, obra continuamente reimpresa con acrecentos doutros

estudiosos. Sarmiento posuía unha edición de 1733 e 1736, en seis volumes,

segundo o catálogo da súa biblioteca, onde rexistra: “Du Cange, Mr. Glossarium

Mediae et Infimae Latinitatis. (Acrecentado polos Benedictinos de

París.) 6 vols. Paris, 1733 e 1736. Tamén posuía o “Glossarium Mediae et Infimae

Graecitatis (con suplemento). León, 1688”.

18. “Spelman, Henrique. Glossarium arhailogicum, Edition III, Londres,

1687”.

Martín Sarmiento 4. Carta sobre a orixe e formación da lingua galega

miu con versión en francés de hoxe 19 , e o galego entenderá

mellor o orixinal cá versión. Isto explícase porque os que hoxe

falan idioma vulgar orixinado do latín son descendentes daquelas

nacións que asolagaron o imperio romano, as cales foron

alterando o latín insensiblemente. Polo cal os dialectos que

resultaron son máis semellantes entre si canto máis se achegan

ás primeiras alteracións. Desta verdade poderíanse alegar exemplos

palmares se iso fose o meu presente asunto.

27. O terceiro glosario ou, falando mellor, o vocabulario

das voces galegas que hoxe se usan, tería as utilidades que

teñen outros vocabularios de linguas vivas. Non sería a menor

conservar por escrito a lingua que só se fala e, polo mesmo,

que xa non se escribe. Se desde que hai monarquía

española se tivese feito semellante traballo respective e se

repetise de douscentos en douscentos anos, non viviriamos

hoxe en tantas tebras nin nos veriamos anegados dalgunhas

opinións fantásticas. Este vocabulario sería útil para os infindos

que sen seren galegos veñen a Galicia a administrar rendas

públicas, xustiza, sacramentos, etc. Algúns destes adoitan

afeccionarse á lingua, ou porque lles gusta ou porque a xulgan

necesaria para trataren cos rústicos do país sen precisar

de intérpretes. Sería útil para os mesmos galegos rústicos ou

non rústicos, pois sendo certo, como dixen, que moitas voces

e frases galegas que se usan, v. g., cara ó cabo de Ortegal

non se entenden cara ó cabo de Fisterra, nin ó contrario, só

por medio dese vocabulario poderán entenderse. O mesmo

respectivamente na terra da Limia, de Valdeorras, montañas

de Lugo, Tui, Ourense, Santiago, Betanzos, etc. Sería útil para

casteláns e galegos eruditos, que necesitan manexar instrumentos

galegos e casteláns manuscritos para a xenuína intelixencia

deles. Os casteláns, porque no vocabulario vulgar

atoparían moitas voces que xa se perderon no seu idioma, e

19. “Villehardouin, Godfredo de. Historia de Constantinopla, en francés

antigo e moderno, continuada ata 1240, e con notas de Du Cange. París,

Imprenta Real, ano 1657. É tomo moi raro”.

145

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!