11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

4. Carta sobre a orixe e formación da lingua galega

142

Martín Sarmiento

pretexto de que son hebreas, caldeas, fenicias, etc. A lingua

arábiga concorda nas máis das súas raíces coas ditas linguas.

Logo, se dalgunhas das ditas voces non hai noticia en España

antes dos mouros, debe supoñerse que por eles se introduciron

no castelán.

20. O mesmo se debe entender das moitas voces gregas

que se atopan no castelán e no galego, as cales se introduciron

mediante o latín, que tanto abunda delas, e en especial

en materia de historia natural e da liturxia. En virtude do dito,

débese asentar por termo da curiosidade do galego que quixese

atopar a orixe das voces galegas, o que a unha voz, v.

g., se lle sinale orixe latina e a outra gótica nalgunha das linguas

do norte. Logrado isto débese dicir sufficit, e dar por

citados a Vossio, Martini, Thomasino, etc., para continuar a

xenealoxía da voz latina e os autores enriba citados para continuar

a da voz gótica. Sobre estes polos debe moverse a

curiosidade do galego que quixese formar un diccionario da

súa lingua e ostentar a súa antigüidade e nobreza sen paixón

nacional e sen imitar os escritores xenealoxistas, que todos o

queren levar á Arca de Noé.

21. Pero, ¿quen quererá dedicarse a ese traballo? Ningún

que non sexa galego xamais pensará en tal cousa, que xulgaría

inútil e esgrevia. Os galegos que saen fóra do Reino están

na posesión de facer especial estudio de esquecer a súa lingua,

e os que sempre viven e viviron nel xamais pensaron

niso. De aí vén o que ata agora non vin unha folla sequera

na que se trata do idioma galego, nin menos un pequeno diccionariño

das súas voces. A penas hai lingua viva no mundo

da cal non poida citar desde aquí algún diccionario grande

ou pequeno, aínda entrando nas linguas máis bárbaras; só a

lingua galega carece dese vocabulario. Non me opoño a que

quizais haxa algún manuscrito en poder dalgún curioso. Digo

que xamais o vin, nin manuscrito nin impreso.

22. Se eu tivese vinte anos menos e vivise en Galicia dez

ou doce anos, tomaría gustoso o traballo de ler algúns

manuscritos antigos e de recoller moitas voces e frases do

Martín Sarmiento 4. Carta sobre a orixe e formación da lingua galega

idioma de hoxe. Non digo con isto que eu sería quen de

facer o diccionario galego, mais que axudaría algo ós que

tomasen ese asunto ó seu cargo, para o cal xulgo indispensable

o concurso e traballo de moitos. Pero sendo a miña residencia

en Madrid e non tendo estado en Galicia senón de

paso tres veces soas, que xuntas non chegaron a dezaoito

meses, claro está que xa non podo concorrer senón cos bos

desexos. Estes miran a tres cousas: 1ª. Que se lean os instrumentos

latinos que hai en Galicia e que deles se tiren á parte

todas as voces latinas da Media Idade que nalgún modo son

singulares. 2ª. Que se lean todos ou moitos instrumentos

galegos que se achan nos arquivos e anteriores ó ano 1500 e

que deles se tiren as voces e frases galegas en cadernos á

parte, observando exactamente a ortografía. 3ª. Que unha

ducia de galegos curiosos e eruditos, espallados e de asento

en doce distintas e distantes partes de Galicia, recollesen

todas as voces galegas que hoxe se falan, en especial nas

aldeas. Falo dunha ducia e aínda me parece curto número,

pois como o galego vulgar non se escribe, cada xurisdicción

e bisbarra parece que fala idioma distinto. Son testemuña disto,

pois, aínda que de camiño, estiven en todos os bispados

de Galicia.

23. E reflexionei que diso procede o que o idioma galego

na súa amplitude abunde de moitísimas voces radicais e de

poucas forasteiras, porque como non se escribe, non teñen os

galegos idioma escrito ó cal afecten conformarse todos adoptando

voces estrañas. E así conserva cada país todas as radicais

que herdou dos seus maiores. Sempre exceptúo os

galegos que habitan lugares moi populosos ou de comercio.

Estes nin falan puro galego nin puro castelán, senón un terceiro

idioma chapurreado.

24. Dirá algún: ¿e de que servirán os tres diccionarios

que propoño? Algúns pregos puidera escribir en resposta a

esta pregunta. Abonde saber que son do dictame que máis

utilidade se podería tirar destes libros que doutros que cada

día saen nas gacetas.

143

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!