11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Limiar

galego, e da súa percepción das actitudes alleas perante os

seus estudios de lingüística galega; na segunda, por parte,

ofrécense interesantes elementos para valorar o ineditismo

do frade. Para rematar, incluímos algúns textos que non son do

noso autor. O primeiro é do Theatro crítico de Feixoo, e a través

del podemos conectar o pensamento lingüístico de Sarmiento

co do seu mestre e o do seu tempo. Entre os últimos,

atópanse unha carta da súa cuñada, un breve perfil do noso

autor tracexado polo Padre Mestre, e unha nota de Sobreira a

dous tomos da correspondencia de Sarmiento que aquel

coleccionou. A misiva de Magdalena García Ogando (a esposa

do seu irmán Francisco Xabier, que aparece ás veces citada

nos seus escritos como informante sobre a fala do seu Viveiro

natal), ademais de testemuñar o influxo do noso autor sobre

as actitudes lingüísticas dos seus achegados, ten o interese de

mostrar un dos escasísimos textos escritos en prosa galega

durante o século XVIII.

A presente escolma ofrece os textos de Sarmiento verquidos

ó galego. Non cabe dúbida de que ó autor lle compracería

lerse a si mesmo na lingua do país, que tan

afervoadamente estudiou e defendeu. A versión foi realizada

en colaboración por quen subscribe estas liñas e por Xosé

Manuel Soutullo. Nela procuramos ser fieis á letra do orixinal,

aínda que introducimos lixeirísimos retoques sintácticos

que coidamos axudan á comprensión do texto e melloran o

estilo. Aínda que o noso obxectivo foi achegar o texto ó lector

actual, mantivemos algúns trazos arcaizantes que permiten

ter sempre presente que estamos a tratar cun autor

doutro tempo. Ó longo de toda a antoloxía seguimos un criterio

máis ben restrictivo no momento de anotar os treitos

escolmados, limitándonos ó que coidabamos inescusable.

Para as notas bibliográficas, procuramos botar man das referencias

contidas no catálogo da biblioteca de Sarmiento,

seguindo a práctica de José Luis Pensado. Soamente no caso

de autores de importancia singular nos pareceu conveniente

presentar unha información máis ampla.

16

Henrique Monteagudo

Henrique Monteagudo Limiar

Para non prolongarmos máis o presente Limiar, darémoslle

cabo coa expresión das débedas de gratitude que o responsable

dun volume coma o presente vai contraendo

conforme desenvolve o seu labor. Queremos pór en primeiro

lugar o nome de dona Luisa Isabel Álvarez de Toledo, duquesa

de Medina Sidonia, que tivemos a honra e o pracer de

coñecer, quen nos facilitou a consulta e reproducción dos

importantísimos fondos sarmentinos do Arquivo da Fundación

Medina Sidonia. Tampouco non queremos esquecer o

nome da directora do dito Arquivo, a señora Lilianne Dahlmann,

que nos facilitou o contacto e o noso traballo en Sanlúcar

de Barrameda. Antonio Montero Carro e o equipo

técnico e administrativo do Consello da Cultura Galega facilitáronme

grandemente as xestións para chegar alá: mercés

para todos. As bibliotecarias e bibliotecarios da Universidade

de Santiago, o Museo de Pontevedra, a Fundación Penzol, a

Real Academia Galega e a Biblioteca Nacional de Madrid, coa

súa amabilidade e eficiencia, foron auxiliares indispensables

para a realización deste traballo. Tiven moito gusto, coma

sempre, en traballar con Xosé Manuel Soutullo, co-traductor

dos textos e responsable da edición material do libro. Outrosí,

éme grato deixar aquí constancia da colaboración da querida

compañeira e amiga Rosario Álvarez Blanco. Antón

Santamarina hai tempo que me animou a meterme con Sarmiento

e me botou máis dun cabo cando me fixo falla: quedo

pois obrigado. O meu pai, José María Monteagudo Romaní,

prestoume unha grande axuda para desenguedellar os latíns

aducidos por Sarmiento; el faino por puro divertimento, aínda

así fico agradecido. A miña dona Dolores Vilavedra fai moral

e materialmente posible que roubando horas, miñas e dela, ó

descanso e ó lecer, me dedique a estes mesteres. As miñas

fillas Einés e Minia exercítanse na paciencia e a comprensión

por un pai que ás veces resulta estrañamente evasivo. Só eu

sei cánto lles debo ás tres.

Ningún erro ou defecto desta obra deben ser atribuídos en

ningún grao ás persoas que acabo de mencionar. Traio aquí os

17

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!