11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

4. Carta sobre a orixe e formación da lingua galega

138

Martín Sarmiento

ron a estes mares, restan dúas famosas nacións que viñeron a

Galicia e aveciñaron nela. Falo dos gregos e dos celtas. Dos

gregos non quedaron monumentos inconcusos, excepto tal

ou cal voz e algún nome de monte, río ou lugar. Estrabón

fala da poboación Hellenes (isto é, populi graeci) e Plinio di

que os deste país marítimo eran orixinarios dos gregos. Así,

os xeógrafos modernos concordan en que é a vila de Pontevedra

o Hellenes de Estrabón. Dos celtas hai máis noticias.

Sabido é que os celtas entraron por Cataluña e Aragón, que

pasaron por Andalucía ata Portugal, e que desde alí, camiñando

sempre ó norte, entraron por Galicia e chegaron ata as

Mariñas de Betanzos, e que alí fixaron o seu asento e nas

vecindades de Fisterra. E como esta peregrinación se fixo por

terra e pola beiramar, é innegable que os celtas pasaron por

este país de Pontevedra, e como estaba moi poboado, xa de

naturais, xa de gregos, non atopando cabida, pasaron ó país

dito, que hoxe chaman Bergantiños, e alí como menos poboado

fixeron o seu asento. En tempo de Plinio aínda moraban

alí os celtas ou célticos e contradistintos dos naturais, pois

expresamente os contradistingue Plinio tratando dos pobos

daquel terreo, e aínda os contradistingue dos romanos, que

xa o habitaban tamén.

12. Disto quedou memoria nos nomes das poboacións

do dito país. Nel atópase o arciprestado de Céltegos e outros

nomes idénticos ós dos poboamentos dos antigos celtas en

Francia. Aínda o nome de Bergantiños está amosando os brigantinos

que o ocuparon. Do dito infírese que houbo tempo

en que habitaban simultaneamente en Galicia diferentes

nacións e por conseguinte que alí se falaban distintas linguas

e que se usaban de caracteres serían os antiquísimos gregos e

os célticos, estes cara ó norte e aqueles cara ó mediodía. Tal

vez sobre iso se fundaría en adiante a división de Galicia que

Ptolomeo pon en Bracarense e Lucense. Pero como os romanos

usufructuaron tanto o país de Galicia, e pacificamente

por tantos anos, sucedeu o que noutras partes: os romanos,

como dominantes e políticos, foron insensiblemente acaban-

Martín Sarmiento 4. Carta sobre a orixe e formación da lingua galega

do coas nacións que non eran romanas e desterrando as linguas

que non eran conforme a latina. Isto en proporción fixeron

os españois en México e en Perú, e co tempo non faltará

quen alí queira orixinar a lingua castelá dalgunha lingua americana

perdida porque dela se atoparán dúas ducias de voces

na castelá.

13. Pola contra, os suevos e godos que dominaron Galicia,

como eran bárbaros, non pensaron introducir a súa lingua

e suprimir a romana, antes ben, acomodáronse a falala e

a escribila. O mesmo sucedeu en Castela. E isto explica que

ata agora non se teña achado texto ningún en lingua sueva,

wandálica, alana, gótica, selinga, etc. Estas nacións contentáronse

con só alterar algo os caracteres latinos e estragar algo

a lingua romana, introducindo nela diferentes voces bárbaras

sen sistema ningún. A este principio débese atribuír o latín da

Media Idade en Galicia, Castela, etc., e os idiomas vulgares

que son dialectos da latina. A diferencia está en que uns

están máis inzados ca outros daqueles remendos e corrupcións.

E son de sentir que o idioma galego é dos menos cargados.

Isto fúndase en que os godos dividiron as terras en

tres partes, eles tomaron dúas, e de terra cha e boa, e a outra

déronllela ós romanos, os cales se fixaron en Galicia, onde

aínda no século IX vivían como contradistintos dos suevos

e godos, como consta de instrumento coetáneo que lin, vide

Arquivo de Samos 14 .

14. Outra singularidade ten a lingua galega, e é que non ten

voz ningunha mourisca, pois aínda que os mouros fixeron as

súas irrupcións en Galicia, xamais fixeron pé fixo nela, nin nela

14. Para entender o que se di no texto hai que ter en conta o que Sarmiento

anotara no seu escrito sobre a orixe do nome e a casa de San Xulián de

Samos: “Da escritura 127 que lin no Becerro de Samos, só apuntei o texto

seguinte: ‘Et faciant ibi [en Samos] servitium ingenite sicut et alii ceteri Populi

Romanorum, et non eligant alios dominos et Patronos super se’. Quixera ter

copia de toda a escritura para entender mellor a expresión populi romanorum.

A data é do ano 950, e será cousa singular que aínda nese ano houbese alí visible

sucesión dos romanos, a imitación da sucesión dos monxes suevos” (§170;

véxase A. López Peláez, El monasterio de Samos, Lugo, 1894, na p. 209).

139

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!