11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

4. Carta sobre a orixe e formación da lingua galega

136

Martín Sarmiento

vas da lingua galega, non debe estrañar que os galegos falen

un idioma que semella latín; polo mesmo teño por tempo

perdido o que se gastase en querer sinalar á lingua galega

orixe máis antiga e máis nobre ca o da latina.

8. É innegable que antes de que esta se apoderase de Galicia

non eran mudos os galegos e que falarían distintísima lingua.

Tan lonxe diso, estou convencido de que acaso en Galicia

se falarían moitas linguas distintas, fundándome en que rara vez

hai unidade de lingua que non haxa unidade de dominio, e

mesmo hoxe vemos que a unidade de dominio se compón coa

variedade de linguas privativas, aínda que en segundo lugar

sexa universal a lingua da Corte. Antes de que os romanos se

apoderasen de Galicia non se gobernaba o país por ningún

monarca ou rei. Estaba repartido entre diferentes pobos o dominio

e cada pobo ou unión de pobos gobernábase por si, e non

está averiguado aínda se en Galicia se usaba daquela a escritura.

¿Non será tempo perdido, en virtude disto, querer reducir a

orixe da lingua galega a algunha das linguas que daquela se

falaban? Dou de caso que Deus me revelase cen voces que

entón eran vulgares en Galicia. Dou que, non a min senón a

algún Kircher ou algún Ludolfo, se revelasen esas voces. ¿Que

tirarían diso se eran voces de lingua ou linguas perdidas? A

todos están patentes nos libros as palabras efesias, e aínda son

efesias para os que quixeren apurar a súa orixe.

9. Quixo Jobo Ludolfo indagar a orixe dos primeiros moinantes

que hoxe chaman ciganos. Xuntou para este fin unha

gran porción das voces que usaban, e sendo así que sabía vinte

linguas, confesa que en ningunha delas puido atopar a orixe

dalgunha. Isto debe frear os que sen aqueles requisitos queren,

pola semellanza de dúas ou tres voces con outras, inferir

que tal lingua perdida se derivaba doutra tal, ou que tal lingua

viva se orixinou de tal ou tal lingua perdida. É certo, a linguaxe

sucédese unha a outra co tempo, conforme no país se

suceden os habitantes distintos. Non houbo nación cara ó

oriente, norte e mediodía que non viñera a España, e sendo as

máis de diferentes idiomas, é incrible que houbese unha soa

Martín Sarmiento 4. Carta sobre a orixe e formación da lingua galega

lingua en toda a nosa península. As moedas que xuntou,

incógnitas, Lastanosa comproban o dito 12 . O non atoparse ata

agora moneda ningunha daquelas clases nestas partes occidentais

de España comproba que os destes países falaban lingua

ou linguas diferentes das do país oriental e meridional, e que

acaso aínda non tiñan caracteres nin propios nin alleos. ¿Non é

cousa singular que achándose cada día máis e máis moedas, a

centos, nas ditas partes orientais con caracteres descoñecidos,

non se descubrira ata agora unha en Galicia?

10. ¿E que diremos do famoso texto de Estrabón que fala

dos turdetanos? 13 Alí engade que os demais españois tiñan

escritura, pero distinta e con distinta lingua. De aquí inferirá

algún que tamén en Galicia se usaba a escritura. Eu non me

opoño a que se usase, pero non polo que di Estrabón, pois é

a súa exposición moi vaga. O que digo é que ata agora non

vin caracteres ningúns desenterrados en Galicia nin en inscricións

nin en moedas, nin das clases de Lastanosa nin doutro

xénero diferente que sexan anteriores ou coetáneas á conquista

dos romanos. Así, en canto non sucedan en Galicia

outros descubrimentos coma o de Herculano ou se desenterren

algúns antiquísimos monumentos, ningún poderá falar

da lingua ou linguas que falaron os galegos, nin dos seus

caracteres se os usaban ou non. Digo isto canto a falar ou

escribir con fundamento sólido. Para parrafear nunha conversa

divertida e amorear congruencias abonda a lectura de

Mela, Estrabón, Plinio, Ptolomeo, etc.

11. Deixando á parte os primeiros poboadores de Galicia

que sen dúbida viñeron mediata ou inmediatamente do oriente,

e deixando fenicios e cartaxineses, que sen dúbida aporta-

12. Juan Vicente Lastanosa (1607-1684) foi un coñecido numismático, descubridor

e coleccionista de moedas antigas da península Ibérica. Sarmiento

anota no catálogo da súa biblioteca a obra deste autor Museo de las medallas

desconocidas españolas (1645).

13. Estrabón (29 a.d.C.-17 d.C.), xeógrafo grego, trata na súa Xeografía

dos pobos da península ibérica, sinalando o avanzada que se atopaba a

romanización dos turdetanos da Bética, na actual Andalucía.

137

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!