11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

4. Carta sobre a orixe e formación da lingua galega

132

Martín Sarmiento

que finalmente uns e outros persuaden os que só procuran a

verdade é que deron cuns ovos na cinsa da nada e que todo

é unha ficción ben ou mal latricada.

3. Se se pon e se admite por inconcuso que Pedro, verbi

gratia, descende dun capitanazo que no século XIII se fixo

famoso polas súas fazañas, pero que se ignoran os seus pais,

patria, etc., ¿a que será querer subir a nobreza de Pedro e a

súa xenealoxía ata dar cun dos que interviñeron na fábrica da

Torre de Babel? Se a nobreza de Pedro vén dunha tan boa

orixe e conta xa máis de cincocentos anos da antigüidade

constante, ¿por que non debe dicir sufficit e ten que abandonarse

á fatuidade de acreditar o seu alugado xenealoxista,

quen para amocarse del lle engade outros cincocentos anos

máis de antigüidade finxida e disparatada? A soster eses disparates

da fantasía concorren moitas cousas nun e noutro

asunto. Deixo as que concorreron para as disparatadas xenealoxías

interminables que ningún cre —nin se cadra o interesado

se ten dous dedos de testa.

4. Para enxalzar a orixe desta ou da outra lingua concorreron

a esaxerada paixón nacional, como a de Amira pola

súa lingua siríaca 1 , a de Goropio Becano pola súa teutónica 2 e

a do padre Pezron e outros franceses pola céltica 3 ; e a predilección

dalgúns eruditos por esta máis que por outra lingua,

coma tal a de Bochart pola fenicia 4 , a do padre Kircher pola

cóptica 5 , a de Jobo Ludolpho 6 pola etiópica e a do padre Mo-

1. “Amira, Jorge Miguel. Grammatica Syriaca sive Chaldaica. Roma,

1596”, “J. Michael Amira, maronita, siriaco de nación [...] é do parecer que a

lingua siriaca é a primitiva”.

2. Goropius Becanus (Jan van Gorp), Origines Antwerpianae (1569), sostén

todas as teses usuais sobre a inspiración divina da lingua primixenia e

sobre a relación motivada entre as palabras e as cousas que designan, descubrindo

que esta relación se manifesta de maneira exemplar no flamengo.

3. “Pezron, P. Paulo. Antiquité de la Nation et de la Langue Celtique.

París, 1704”.

4. “Bochart, Samuel. Opera omnia. Leyden, 1712”. Véxase tamén nota no

texto 5, § 403.

5. Sobre A. Kircher, véxase nota 1 ó texto 1.

6. “Ludolpho (Jobo). Historia Aetiopica, dous tomos, un de historia.

Frankfort, 1681, e outro de comentarios, ibidem, 1691. Selecto e raro”. “Jobo

Martín Sarmiento 4. Carta sobre a orixe e formación da lingua galega

rino pola samaritana 7 . Tamén concorreron para o dito o querer

algún erudito ostentar a súa moita e varia erudición oriental

e exótica, como fixeron Rudbeck 8 e o padre Thomasino 9 .

¿E que sacamos en limpo con tantos traballos? Nada. Para

unha orixe máis ou menos inmediata non se precisaban tantos

tomos, e para fixar a súa orixe en Babel, nin eses nin

outros tantos tomos acadarán. Sexa esta ou a outra lingua a

que falou Noé, é certo que daquela non había máis que unha

e que despois da confusión resultaron moitas, pero cantas e

cales fosen estas xamais se poderá acertar se Deus non o

revelar 10 . Así xulgo que é bastante nobreza dunha lingua vulgar

se se atopa algunha orixe moi antiga dalgunha lingua

morta, pero coñecida polos libros.

5. En virtude disto digo que —sen atender á paixón

nacional, sen poder ostentar erudición, que non teño, e sen

predilección por esta ou por outra lingua antiquísima para

venerala como orixe da lingua galega— toda a lingua galega

Ludolfo tomou por asunto estudiar a lingua etiópica, así a antiga, que é

sagrada, coma a vulgar, que hoxe falan os abisinos. É o príncipe neste xénero

de linguas, e no que atinxe á erudición e historia daqueles países”.

7. “Morino, Juan. Padre do Oratorio. Imprimiu en París un tomo en cuarto,

ano de 1631, o seu título: Exercitationes Ecclsiasticae in utrumque Samaritanorum

Pentateuchum”.

8. Olaf Rudbeck, na súa Atlantica sive Manheim vera Japheti posterorum

sedes ac patria (3 vols., Upsala, 1675-1698) pretende demostrar que Suecia,

identificada coa mítica Atlántica, fora a sede de Xafet (fillo de Noé, presunto

ascendente común dos europeos) e da súa descendencia, e que daquel tronco

racial e lingüístico naceran todas as linguas góticas.

9. “Thomasino, P. Luis. Glossarium universale Hebraicum. París, 1697”.

“O P. Thomasino tirou un tomo en folio de impresión magnífica en París, no

cal reduce todas as linguas á hebrea, coma a nai de todas elas”.

10. Nos tempos de Sarmiento, antes de que se aparecese a hipótese indoeuropeísta

(que se formulará a comezos do século XIX), era comunmente admitido

como verídico o relato bíblico da Torre de Babel como explicación da proliferación

das linguas da humanidade, e tendíase a acreditar que todas estas

procedían dunha mesma orixinal, conferida directamente por Deus. A maioría

dos eruditos identificaban esta lingua co hebreo, pero, como sinala o propio

Sarmiento no parágrafo anterior, a este saíronlle moitos competidores. Por parte,

os estudiosos de cada lingua rivalizaban por emparentar esta co hebreo, ou,

no seu caso, coa lingua que competía con este pola primoxenitura.

133

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!