11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

124

Martín Sarmiento

esté advertido que hasta los tiempos del Rey D. Enrique Tercero,

todas las coplas que se hacian comunmente, por la

mayor parte eran en aquella lengua”. Argote confunde aquí o

dialecto portugués co galego porque son moi semellantes.

Macías, como se verá no seu lugar, foi galego e compatriota

de Juan Rodriguez del Padron. Compuxo algunhas coplas en

castelán e as máis en linguaxe galega, que lle era nativa. Polo

cal o dialecto das coplas que del cita Argote non é portugués

senón galego (véxase número § 459).

609

E aplicando aquela observación de Argote, xa rectificada, ó

noso rei don Afonso o Sabio, verase confirmada co que Zúñiga,

xa citado, nos seus Anales de Sevilla di na páxina 36. Alí cita o

libro de cantares que compuxo don Afonso, “en la Poesía de

aquellos tiempos, y en dialecto mas conforme al de Galicia”. O

padre Papebroquio tivo presentes os ditos Anales de Zúñiga

para sacar a Vida de S. Fernando, e deles copiou varias coplas

do rei e poeta don Afonso, seu fillo, que conteñen varios milagres

da nosa Señora co seu pai: Descripta rhythmo, non Castellano,

sed Callaico, sive Gallaeco —di Papebroquio na páxina

309 (véxase número § 456).

610

Este tomo, pois, de cantares ou este cancioneiro do rei

don Afonso o Sabio, escrito en idioma galego e en metros

menores, apeciábao tanto o mesmo rei que dispuxo no seu

testamento que se depositase naquela igrexa en que fose

enterrado o seu corpo e que nas festas da nosa Señora se

fixesen cantar aquelas poesías. No capítulo 76 da súa Chrónica

está inserido o seu testamento, e na páxina 56 estas palabras:

“Mandamos que todos los libros de los Cantares de los

loores de Santa Maria sean todos en aquella Iglesia donde el

nuestro cuerpo fuere enterrado: y que los hagan cantar en las

fiestas de Santa Maria”.

Martín Sarmiento

611

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

O rei don Afonso foi enterrado na igrexa catedral de

Sevilla, e así nesa igrexa se depositou o seu cancioneiro orixinal.

Zúñiga, na páxina 36 xa citada, refire que se dicía que o

rei don Filipe II pasara o orixinal dito de Sevilla a El Escorial,

pero que el tirara as moitas coplas que cita nos seus Anales

dunha copia que tiña don Juan Lucas Cortés. Segundo isto, o

códice que eu rexistrei é moi distinto do códice orixinal e

daquela copia. É un códice, como xa dixen, en folio e en

pergameo de bastante antigüidade, que xa hai moitísimo tempo

que se garda e se conserva entre os manuscritos da santa

igrexa de Toledo.

612

O que gustase ler pasadas de sesenta oitavas de oito sílabas

sacadas do devandito cancioneiro, rexistre os Anales de

Sevilla de Zúñiga, que é tomo ben trivial, e para mostra

poñerei aquí o principio de dous milagres. O primeiro é cando

a nosa Señora sandou a raíña dona Beatriz, muller de san

Fernando, a cal estaba moi enferma, e comeza así:

Refrán Quen na Virgen groriosa

Esperanza muy grand’ á

Macar seja muit’ enfermo,

Ella muy ben o guaria.

Dest’ un muy grand miragre

Vos quero decir, que oí,

E pero era minino,

Mémbrame que foi así.

Ca m’ estaba eu deante

E todo o ví e oí,

Que fezo Santa Maria,

Que muitos fez, e fará.

Refrán Que na Virgen groriosa, etc.

Esto foi en aquel ano,

125

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!