11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

122

Martín Sarmiento

vulgares do rei don Afonso, atopeina na carta do mesmo marqués.

Téñanse presentes aquí os números 369 e 562 por evitar

a prolixidade de repetir o seu contido. E sobre todo estas

palabras do marqués que xa quedan postas no número 368:

“No há mucho tiempo qualesquier Decidores ó Trobadores

de estas partes, agora fuesen Castellanos, Andaluces, ó de la

Estremadura, todas sus obras componian en lengua Gallega ó

Portuguesa”.

605

Vivía o marqués no século décimo quinto, así que quere

dicir que nos séculos antecedentes, décimo cuarto, décimo

terceiro, etc., as máis das coplas que se facían en León, Galicia,

Castela e Andalucía se compoñían en lingua galega, aínda

que os poetas non fosen naturais de Galicia. Esta práctica xa

non estaba en uso en tempo do marqués e polo mesmo os

poemas que estaban escritos naquel dialecto estarían arrombados

xa e pouco lidos por anticuados. E sendo constante,

como se verá despois, que as coplas do rei don Afonso o

Sabio estaban compostas en idioma galego, xa non hai tanto

que admirar que o marqués de Santillana tivese tan curta

noticia delas.

606

Chegamos a non poder menos de propoñer unha verdade

evidente, que a algúns parecerá paradoxo e a min noutro

tempo pareceu enigma ou labirinto. Aquela é que el Rei D.

Afonso o Sabio compuxo as máis das súas coplas en idioma

galego. Xa pasan de quince anos que por un raro accidente

caeu nas miñas mans un códice antigo en folio e en pergameo.

O contido de todo este códice redúcese a diferentes

versos de metros menores e case todos ó divino, pois conteñen

varios milagres e loanzas da nosa Señora e doutros santos.

E comeza así:

Martín Sarmiento

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

Don Afonso de Castella,

De Toledo, de Leon

Rey; e ben de Compostella,

Com o Reyno de Aragon,

De Cordoba, de Jahen,

De Sevilla outro sí:

E de Murcia, un gran ben

Lle fez Deus, com’ aprehendí.

Do Algarve, que ganou

De Mouros; e nossa Fé

Meteu y; e ar poblou

Badajoz, que Reyno é

Muit’ antigu’e que tolleu

A Mouros Nevle, Xerez.

Meger, Medina prendeu,

E Alcalá doutra vez, etc.

607

Rexistrei este dito códice con algunha curiosidade e lin

abondas coplas del. Polos dictados do autor facía evidencia que

eran coplas do rei don Afonso, fillo de san Fernando. Por serme

natural o idioma galego convencíame de que era linguaxe galega

a que se usaba en todo o códice. Emporiso, aínda que destas

dúas evidentes premisas se infería ben que dito rei tiña versificado

en galego, non me podía reducir a asentir a conclusión; porque

coidaba que era un inaudito paradoxo. Así estiven perplexo

moitos anos, ata que lendo a carta do marqués de Santillana

saín totalmente da miña perplexidade, ratificándome máis nas

premisas e asentindo invenciblemente á conclusión.

608

O pensamento en xeral confírmase co que Argote de

Molina di desde o folio 272 do seu tomo da Nobleza de Andalucía

falando do famoso namorado Macías e das súas

coplas: “Y si á alguno le pareciere que Macías era Portugués,

123

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!