11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Limiar

espírito; unha liberdade que, certo é, non pregoou ós catro ventos,

mais reservou en boa parte para si mesmo, pero da que

intimamente procurou non renegar nunca. Quizais a manifestación

máis notable desa orixinalidade sexa o seu interese polos

asuntos galegos, inseparable da súa atención e aprecio cara ó

popular, verdadeiramente insólitos no seu tempo e no seu

medio. Como tentamos demostrar no noso traballo introductorio,

non concordamos co punto de vista segundo o cal a afección

de Sarmiento por Galicia se explica por cousa dunha

especie de estraña excentricidade. Pero é innegable que se precisaba

grandes doses de orixinalidade e unha afouteza moi

pouco convencional (nun medio dominado por un ríxido formalismo)

para levar esa afección ó punto ó que el a levou.

Efectivamente, se o noso autor pode considerarse un

auténtico fundador da tradición galeguista, non será soa nin

principalmente porque concentrou os seus extraordinarios

dotes intelectuais nunha serie de aspectos da realidade galega

como ninguén fixera antes, mais precisamente polo seu descubrimento

de Galicia canto tal. Sarmiento abordou múltiples

facetas do país (a historia, a natureza, a lingua, a economía, a

etnografía, a xeografía...), pero o máis novidoso é que a súa

focaxe repousa nunha idea xeral da especifidade galega. Non

contento con esa innovación, adoptou outra: o ton, ou mellor

a perspectiva, reivindicativa. Se Galicia padecía de subordinación

e minusvaloración (allea e propia), había que sacudirse

complexos, restaurar a autoestima e darse a valer fronte ós

demais. Pero, lonxe do victimismo e a autocompracencia,

había tamén que superar vellas inercias (o noso autor declara

aborrecer unha frase con que se rexeitaban os experimentos e

as innovacións, e que cita con frecuencia: “acá non é costume

facer iso”) e esforzarse para facer progresar o país.

Sarmiento é aínda, en boa parte, un océano inexplorado,

e isto é, sen dúbida, un indicio das nosas carencias colectivas.

A presente antoloxía só pretende sumarse modestamente ós

esforzos para dar a coñecer a importancia, o interese e a per-

14

Henrique Monteagudo

Henrique Monteagudo Limiar

tinencia da súa cativadora figura, nun aspecto concreto do

seu labor que foi obxecto (ben merecente) dunha atención

especial: os seus estudios filolóxicos. A pesar de que esta vertente

é unha das mellor coñecidas da inxente obra sarmentina,

hai que dicir que estamos lonxe de ter unha pintura

completa dela. Para realizarmos a nosa escolma partimos,

loxicamente, do labor doutros estudiosos, en particular do

finado José Luis Pensado, a quen, por riba das nosas diferencias

de criterio e diverxencias de opinión, ofrecemos aquí

unha rendida homenaxe. Sen as súas edicións da Carta sobre

a orixe e formación da lingua galega, do Onomástico etimolóxico

da lingua galega, dos Elementos etimolóxicos segundo

o método de Euclides, do Discurso apoloxético pola Arte de

rastrexar etimoloxías, esta antoloxía sería moito máis pobre,

ou se cadra non sería posible.

Coidamos oportuno incluír tamén treitos doutras obras

de Sarmiento, como a primeiriza Demostración crítico-apoloxética

e as póstumas Memorias para a historia da poesía, e

ademais atrevémonos a inserir un fragmento dun escrito ata

agora inédito, Orixe da voz galega ‘mixiriqueiro’. Coas dúas

primeiras mostramos como o interese do noso autor polo

idioma galego viña de vello, e que había unha predisposición

favorable a estudialo, derivada da nova actitude cara á linguaxe

e as inéditas concepcións idiomáticas que xermolaran en

Feixoo. Canto ó terceiro dos escritos antecitados, o título non

debe enganarnos: o tema de que se trata é máis ben o das

relacións histórico-xenéticas entre o galego e o portugués,

cuestión esta que foi abordada por Sarmiento con innegables

prexuízos, pero tamén con coñecementos sólidos e puntos de

vista ben argumentados.

Nos apéndices inserimos dúas cartas do noso autor, unha

ó seu irmán Francisco Xabier (que foi co que tivo maior relación,

e quen o mantivo en contacto coa súa Pontevedra) e

outra a Pedro Rodríguez de Campomanes, un gran político

que gardaba unha fiel devoción polo noso autor. Coidamos que

estas misivas son alumadoras da actitude de Sarmiento cara ó

15

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!