11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

120

Martín Sarmiento

[3.2]

AFONSO X O SABIO E AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA

570

Neste século décimo terceiro, con razón e sen dúbida,

debe colocarse a época das linguas vulgares que puramente se

formaron da corrupción da lingua latina, como son a italiana, a

francesa, a castelá, galega e portuguesa, etc. Non canto ó seu

uso e locución, pois isto debe recuar algúns séculos, sen poderse

sinalar século determinado, mais canto a escribirse, e con tal

frecuencia que puideron conservarse ata os nosos tempos

algúns monumentos escritos. Non é isto negar absolutamente

que haxa algún monumento escrito en lingua vulgar antes do

século décimo terceiro. Pero serán tan poucos, e algúns destes

tan disputables, que non deben facer exemplar.

571

O mesmo que de monumentos en prosa, débese entender

de monumentos en verso vulgar. E deixando á parte o

que puidese pertencer ás dúas linguas vulgares, italiana e

francesa, sobre as que hai tanto escrito, só se falará aquí do

que toca ó vulgar español e á súa poesía neste século sobre

o que hai tanta escuridade de noticias. Non obstante, viviron

nel dous poetas tan famosos que cada un poderá competir

cos máis celebrados poetas vulgares estraños daquel tempo.

O primeiro é don Gonzalo de Berceo, bieito, e o outro é o

rei don Afonso de Castela, o Sabio. E para falar deles con

algunha extensión, que non se atopa nos libros, porei título

á parte para cada un.

601

Naceu este rei don Afonso, fillo do santo rei don Fernando,

o ano de 1221 e finou o de 1284, polo que se debe colocar

neste século décimo terceiro como poeta e inmediatamente

Martín Sarmiento

despois do poeta Berceo. Hai crónica impresa que contén a

vida e feitos deste rei, pero trae poucas noticias del considerado

como poeta e escritor. Don Nicolás Antonio, na súa Bibliotheca

vetus 11 , dá bastante noticia dos seus escritos e aínda

das súas poesías, pero nun e noutro extremo está algo confuso

ou escaso.

602

O autor que máis se estendeu en dar noticia das coplas

do rei don Afonso é don Diego Ortiz de Zúñiga nos seus

Anales de Sevilla. Este pon diferentes coplas e algunhas

delas copiounas o padre Daniel Papebroquio nas actas que

tirou de san Fernando. Polo cal, aludindo Papebroquio á

coroa real e á lauréola de poeta, chama ó noso rei verdadeiramente

poeta coroado: Vere coronatum Poetam, lingua

patria canentem audire.

603

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

O que se debe estrañar é que sendo o marqués de Santillana

tan curioso e máis próximo ó rei don Afonso trescentos

anos ca nós, non falara del con máis individualidade. Así di o

marqués no número 371 da súa citada carta: “En este Reyno

de Castilla dixo muy bien (en verso) el Rey D. Alonso el

Sabio: et yo ví quien vió dos, ó tres suyos. E aún se dice que

metrificaba altamente en lengua latina”.

604

Que o rei don Afonso fose tamén poeta latino só o teño

lido nesta pasaxe anecdótica. Pero reflexionando na causa de

non seren xa tan comúns en tempo do marqués as poesías

11. Nicolás Antonio (1617-84), erudito andaluz que reuniu unha fabulosa

biblioteca de trinta mil volumes, é o fundador da historiografía literaria española,

coas súas obras Bibliotheca Hispana Vetus (1696) e Bibliotheca Hispana

Nova (1672), onde recolle unha rica documentación sobre autores e

textos hispanos desde Augusto ata o Século de Ouro.

121

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!