11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

118

Martín Sarmiento

di o conde don Pedro estas palabras: “Johan Soarez de Payva,

o Trobador, foi casado con Dona Mariannez”. Xa se viu que

trobador significa o mesmo que poeta vulgar, e é certo que o

poeta Johan Soarez de Payva de quen falan o conde e o marqués,

é unha mesma persoa ou un mesmo poeta.

564

Pasemos adiante. Di o conde que o dito poeta Payva fora

fillo de don Sueiro Paez e de dona Urraca, que quedara viúva

de Diogo Gonzalvez, finado na batalla de Ourique. Esta batalla

e o pasamento de Diogo Gonzalvez ponos Nunes de León

no ano de 1139, e constando de don Pedro no citado lugar

do Nobiliario que aínda vivindo don Diego xa estaba enamorado

don Sueiro da dita dona Urraca, é verosímil que o casamento

se realizase pouco despois e que Johan Soarez de

Payva nacese polos anos de 1140.

565

Así pois, con toda seguridade podemos colocar o poeta

Payva, cuxas poesías leu o marqués de Santillana e acaso

existirán aínda nalgún arquivo, como florecente contra o

medio do século duodécimo. E sendo certo, como repetín en

varias partes, que a época do máis antigo poema francés non

pasa do ano 1155 e que a penas alcanzará a tanta antigüidade

ningún poema italiano que hoxe exista ou cuxo autor sexa

coñecido, colíxese que a poesía vulgar en España, que tan

conxénita é ós nacionais, é tan antiga coma a lingua, sen ter

necesitado mendigala de nación ningunha estranxeira.

566

De todo o aquí proposto dedúcese tamén que o que

dixo o marqués de Santillana, atribuíndo a Portugal e Galicia

os primeiros exercicios da poesía vulgar, aínda que parecerá

inaudito ós casteláns, nada ten de paradoxo. Cando menos

non sei que en España se sinale poeta vulgar que, sen con-

Martín Sarmiento

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

troversia ningunha, sexa anterior a Johan Soarez de Payva e

que algún autor diga ter lido as súas poesías máis antigas

cás que leu o marqués.

567

O outro poeta, Fernan Gonzalez de Senabria, que o marqués

agregou a Payva, medio portugués e medio galego, foi,

sen dúbida ningunha, poeta puramente galego. As notas de

Manuel Faría ó Nobiliario dito do conde don Pedro cando

este trata da familia dos Seabras, Senabrias ou Sanabrias, que

se achan na páxina 722 referentes ás notas de Juan Baptista

Lavaña, expresamente supoñen que os Senabrias eran cabaleiros

galegos, e isto coincide co que o marqués tomaba por

asunto na pasaxe citada. Pero non puiden acertar o ano no

que vivía aquel poeta Senabria.

568

Doutros cinco trobadores ou poetas vulgares dá noticia

o mesmo conde don Pedro, dos cales uns son galegos e

outros portugueses. Na páxina 120 di isto: “Johan de Gaya,

que foi bõo Trobador”. Na páxina 137 di: “Fernan Garcia Esgaravuña,

bõo Trobador”. Na páxina 151: “Esteban Annez de

Valladares, o Trobador”. Na páxina 279: “Johan Martínez, o

Trobador”. E na páxina 288 di: “Vasco Fernandez de Praga,

de Galiza, foi bõo Trobador”.

569

Non só Vasco de Praga, que uns len Prego, outros Parraga

e outros puidesen Parga, todos apelidos de Galicia, foi

galego, senón tamén Esteban de Valladares. Pero por non

saber cando floreceron estes cinco poetas, aínda que algo se

puidese rastrexar polas xenealoxías e porque polo menos

foron moi anteriores ou coetáneos ó conde don Pedro, coloqueinos

neste indeterminado tempo, por non atoparme

embarazado despois con eles e por non omitilos de todo.

119

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!