11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

477

A voz Miramolino é equívoca canto á súa antigüidade. É

verdade que, segundo Abulpharaj 10 , o primeiro que tomou este

epíteto foi o califa Omar no sétimo século, e usárono despois os

seus sucesores. “Vocatus est ergo Amirolmumenin —que significa

Imperator credentium, Príncipe dos crentes—, atque is

primus hoc titulo insignitus est” [“Pois foi chamado Amirolmumenin,

e foi o primeiro distinguido con ese título”]. Daquela

expresión na súa análise, Emir-al-mumenin, formaron os casteláns

a voz Miramolin. E aínda que este epíteto foi común a moitos,

aplicouse por antonomasia ó rei de Córdoba Miramamolín,

que o ano de 1212 foi vencido na batalla das Navas, e deica en

diante é moi trivial nos libros a voz Miramolin ou Miramamolin,

e así esta voz na oitava nada proba.

478

Non é isto negar que en Galicia e Portugal se fixesen

coplas naqueles séculos, que estas se conservasen na memoria

dos que as cantaban e que moitas destas mesmas se

puxesen moito despois por escrito; antes ben, son do sentir

de que así sucedeu. Só nego que as probas que sinala Faría da

antigüidade da xa citada oitava sexan fortes. Ademais que

sendo parte dun poema seguido, e que non sería pequeno,

non é doado de acreditar que se conservase de memoria.

Paréceme que se se fixo aquel poema en tempo do rei don

Dionysio, non ten curta antigüidade.

538

Ademais disto, observei que en Galicia as mulleres non

só son poetisas, senón tamén músicas naturais. Xeralmente

10. “Pocock, Eduardo. Specimen Historiae Arabum de Albufaraj. Oxonia,

1650”; “Albupharáj (Gregorio). Historia Compendiosa Dynastiarum de los

Orientales. Arabico-lat. con notas de Pocock. Oxonia 1663”. Parece tratarse

dunha traducción latina dun historiador árabe.

116

Martín Sarmiento Martín Sarmiento

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

falando, así en Castela como en Portugal e noutras provincias,

os homes son os que compoñen as coplas e inventan os tons

ou aires, e así se ve que neste xénero de coplas populares

falan os homes coas mulleres ou para amalas ou para satirizalas.

En Galicia é ó contrario. Na maior parte das coplas galegas

falan as mulleres cos homes, e é porque elas son as que

compoñen as coplas sen artificio ningún, e elas mesmas

inventan os tons ou aires nos que van cantalas, sen ter idea

da arte da música.

562

Quixera que agora se tivese presente o número § 369 deste

escrito. Alí quedan postas as palabras do marqués de Santillana,

quen di ter visto, sendo moi novo, en poder da súa

avoa dona Mencía de Cisneros, “un gran volumen de Cánticas

Serranas, Decires Portugueses, y Gallegos”. Di que neste volume

estaban diferentes coplas de Johan Soarez de Payva e de

Fernan Gonzalez de Senabria. Se hoxe existise aquel volume,

códice ou cancioneiro, teriamos un tesouro para enxergar os

poetas españois moi anteriores ó ano de 1400. Sentín dicir que

os señores Duques del Infantado, descendentes do marqués

de Santillana, teñen en Guadalajara unha preciosa librería de

manuscritos e de impresos que foron do cardeal Mendoza,

fillo do dito marqués. Acaso se achará alí o desexado códice e

outros semellantes.

563

Non di o marqués quén foi aquel Payva ou en qué tempo

vivía, aínda que o supón portugués e morto en Galicia. Pero ó

meu parecer poderá averiguarse o ano, pouco máis ou menos,

en que viviu. O conde don Pedro de Portugal formou o seu

Nobiliario no século décimo cuarto. Este Nobiliario é o máis

auténtico e o máis antigo que temos. Imprimiuno con comentos

Manuel Faría, e hoxe é un libro moi trivial. Na páxina 242

117

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!