Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
11.01.2013 Views

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois 110 Martín Sarmiento 464 Isto explícase porque ademais do dito e dos casamentos recíprocos, o reino de Galicia tiña maior extensión cara ó Mediodía, de maneira que os países que están entre os dous famosos ríos Douro e Miño pertencían a Galicia e non á Lusitania. Ptolomeo expresamente pon dúas clases de galegos: uns Bracharenses, cuxa capital era Braga, e outros Lucenses, cuxa cabeza era Lugo. Pero despois que Portugal se erixiu en reino á parte, agregou moitos países de Galicia. Disto resultou que moitas cousas que en realidade son galegas, pasaron por portuguesas, e outras pasan por galegas, aínda que na realidade son portuguesas6 . 465 Antes do século duodécimo en todos aqueles países só se escribía en lingua latina, como consta polos instrumentos que subsisten; o mesmo que acontecía en Castela. Así, calquera instrumento que se exhibir de antes daquel século escrito en vulgar portugués ou galego, ou é falso ou moi sospeitoso. Despois, sen saber cando, se introduciu escribir en vulgar. Pero os galegos, por deferencia á lingua castelá dominante, facían ou recibían os instrumentos públicos en vulgar castelán, o que aínda hoxe executan. Non así os portugueses, pois como tiñan monarca propio, introduciron nas escrituras públicas e privadas aquel vulgar primitivo que era común ás dúas clases de galegos lucenses e bracarenses, o cal, co tempo e co exercicio de escribirse, se fixo como dialecto distinto e é o que hoxe chamamos portugués, aínda que ten tanta semellanza co vulgar galego que hoxe se fala, que non todos os saben dexergar. 6. O texto reza: “De esto ha resultado que muchas cosas, que en realidad son Gallegas, han pasado por Portuguesas; y otras pasan por Portuguesas, aunque en realidad son Gallegas”. Semella obvio que o autor cometeu un lapsus calami, que haberá que corrixir conforme fixemos nós. Martín Sarmiento 466 3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois Por iso non debe estrañar, ou non é do caso, que no idioma portugués escrito se atopen hoxe infindas voces que non se encontran no idioma galego só falado. A comunicación cos mouros das fronteiras, as conquistas orientais e occidentais e o ter escrito sobre artes e ciencias e en materias eclesiásticas, foron a orixe daquel exceso de voces. Pero dubido de que en canto a voces radicais e primitivas haxa exceso ningún, pois hai moitas voces destas no idioma galego falado que non se achan no portugués escrito nin nos seus diccionarios. 467 Aínda que dixen que o idioma galego non se escribía nin se escribe, enténdese en instrumentos públicos e en libros, pois en contratos particulares e en cartas de cando en vez se escribía e aínda se usa, pois vin instrumentos dos séculos décimo cuarto e décimo quinto redactados nese idioma. E se hoxe se quixese escribir tanto como en Castela e en Portugal é o idioma capaz de todo, agregándose as mesmas voces estrañas que se aplicaron a aqueles dous dialectos, pois as voces trópico, paralaxe, cosmografía, liturxia, sinopse, antropófago, etc., sendo puras gregas e pronunciables en galego, non sei por que, con exclusiva, se han de chamar portuguesas, francesas ou castelás. 468 Ata aquí dos dous dialectos escritos e non escritos. Canto a falados e cantados é maior a súa antigüidade, aínda que indeterminable a tempo fixo. O certo é que para trobar, compoñer coplas e cantalas non cómpre que se escriban. Así pois, crerei que cando o marqués de Santillana di que os galegos e portugueses atoparon os versos da arte maior e da arte común, se refire a aqueles tempos en que nin portugueses nin galegos escribían o idioma vulgar que falaban e no 111

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois 112 Martín Sarmiento cal poetizaban, que é o mesmo que referirse ó tempo en que aínda Portugal non era coroa separada, ou cando os reis inmediatos á perda de España facían a súa frecuente residencia en Galicia. 469 O caso é que non é doado sinalar trobadores daqueles tempos, e moito menos as súas poesías. O conde don Pedro, fillo do rei don Dionysio, morreu o ano de 1374. Escribiu un Nobiliario que é o máis antigo que acá temos neste xénero e que imprimiu Manuel de Faría e Sousa con notas varias7 . Dá noticia o conde de só seis trobadores ou poetas famosos, e todos son ou portugueses ou galegos, pero a ningún sinala obra ningunha, nin tampouco ningún deles alcanza o século undécimo. O máis antigo é Johan Soarez de Payva (e non de Pavía, como se le na carta do marqués de Santillana) e, como se dirá no seu lugar, este Payva non puido poetizar despois do ano de 1150. 470 Se o citado Faría e o padre Brito tivesen comprobado a antigüidade que atribúen a unhas coplas portuguesas que citan, teriamos algunha luz para maior antigüidade. Pero eu non podo persuadirme a acreditar o que supoñen. O padre Brito pon unhas coplas feitas en tempo do rei don Ramiro Primeiro de León e outras en tempo do conde don Henrique de Portugal. Destas falarase no título seguinte dos hendecasílabos. Daquelas falarei aquí e poñerei algunhas para exemplo. 7. Para M. de Faría e Sousa, véxase nota 2 ó texto 1. O Nobiliario a que fai referencia Sarmiento é o Livro de Linhagens do conde don Pedro, compilado por Pedro Afonso, fillo bastardo do rei don Denís, probablemente entre 1340 e 1344. Este nobiliario ofrece unha valiosísima documentación xenealóxica das principais familias castelás, galegas e portuguesas da Idade Media central, e, como sinala Sarmiento no texto, noticia sobre algúns trobadores. Juan Bautista Lavaña publicara unha traducción castelá da obra (Roma, 1640; véxase máis abaixo, § 567), que foi pouco despois traducida ó portugués por M. de Faría (Madrid, 1646). Significativamente, o noso autor cita esta segunda edición. Martín Sarmiento 471 O padre Bernardo Brito, cisterciense, no tomo 2 da súa Monarquía lusitana, libro 7, capítulo 98 , no último do século oitavo, pon o caso de térense oposto uns cabaleiros ó tributo famoso das cen doncelas que Mauregato acordara cos mouros, e que por teren derrotado uns mouros que levaban unhas doncelas sen máis armas que uns toros de figueira, se orixinara por iso o nobre apelido de Figueroa. A este asunto pon na páxina 296 estas coplas: 472 3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois No figueiral figueiredo A no figueiral entrey, Seis niñas encontrara, Seis niñas encontrey. A Deos vos vayades, Garzom, ca nom sey Se onde me falades, Mais vos falarei. Lingoa de Aravias Eu las falarei, Mouros se me vissem, Eu los matarey. Troncom desgallara, Troncom desgallei, Todolos machucara, Todolos machuquei. Refrán. No figueiral, etc. Di este autor que atopou estas coplas, e mailas que omito, nun cancioneiro antigo, e que tamén as sentiu cantar a un 8. Sobre Brito e a Monarquia lusitana, véxase nota 3 ó texto 1. O texto das coplas restituímolo ás grafías que ofrece Brito, ignorando os retoques a que as someteu Sarmiento. Por parte, a crítica a que o noso autor somete a presunta antigüidade do citado cantar (con toda probabilidade, unha de tantas falsificacións que circularon durante o século XVII) é incontestable. 113

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

112

Martín Sarmiento

cal poetizaban, que é o mesmo que referirse ó tempo en que

aínda Portugal non era coroa separada, ou cando os reis

inmediatos á perda de España facían a súa frecuente residencia

en Galicia.

469

O caso é que non é doado sinalar trobadores daqueles

tempos, e moito menos as súas poesías. O conde don Pedro,

fillo do rei don Dionysio, morreu o ano de 1374. Escribiu un

Nobiliario que é o máis antigo que acá temos neste xénero e

que imprimiu Manuel de Faría e Sousa con notas varias7 . Dá

noticia o conde de só seis trobadores ou poetas famosos, e

todos son ou portugueses ou galegos, pero a ningún sinala

obra ningunha, nin tampouco ningún deles alcanza o século

undécimo. O máis antigo é Johan Soarez de Payva (e non de

Pavía, como se le na carta do marqués de Santillana) e, como

se dirá no seu lugar, este Payva non puido poetizar despois

do ano de 1150.

470

Se o citado Faría e o padre Brito tivesen comprobado a

antigüidade que atribúen a unhas coplas portuguesas que

citan, teriamos algunha luz para maior antigüidade. Pero eu

non podo persuadirme a acreditar o que supoñen. O padre

Brito pon unhas coplas feitas en tempo do rei don Ramiro Primeiro

de León e outras en tempo do conde don Henrique de

Portugal. Destas falarase no título seguinte dos hendecasílabos.

Daquelas falarei aquí e poñerei algunhas para exemplo.

7. Para M. de Faría e Sousa, véxase nota 2 ó texto 1. O Nobiliario a que fai

referencia Sarmiento é o Livro de Linhagens do conde don Pedro, compilado

por Pedro Afonso, fillo bastardo do rei don Denís, probablemente entre 1340 e

1344. Este nobiliario ofrece unha valiosísima documentación xenealóxica das

principais familias castelás, galegas e portuguesas da Idade Media central, e,

como sinala Sarmiento no texto, noticia sobre algúns trobadores. Juan Bautista

Lavaña publicara unha traducción castelá da obra (Roma, 1640; véxase máis

abaixo, § 567), que foi pouco despois traducida ó portugués por M. de Faría

(Madrid, 1646). Significativamente, o noso autor cita esta segunda edición.

Martín Sarmiento

471

O padre Bernardo Brito, cisterciense, no tomo 2 da súa

Monarquía lusitana, libro 7, capítulo 98 , no último do século

oitavo, pon o caso de térense oposto uns cabaleiros ó tributo

famoso das cen doncelas que Mauregato acordara cos mouros,

e que por teren derrotado uns mouros que levaban

unhas doncelas sen máis armas que uns toros de figueira, se

orixinara por iso o nobre apelido de Figueroa. A este asunto

pon na páxina 296 estas coplas:

472

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

No figueiral figueiredo

A no figueiral entrey,

Seis niñas encontrara,

Seis niñas encontrey.

A Deos vos vayades,

Garzom, ca nom sey

Se onde me falades,

Mais vos falarei.

Lingoa de Aravias

Eu las falarei,

Mouros se me vissem,

Eu los matarey.

Troncom desgallara,

Troncom desgallei,

Todolos machucara,

Todolos machuquei.

Refrán. No figueiral, etc.

Di este autor que atopou estas coplas, e mailas que omito,

nun cancioneiro antigo, e que tamén as sentiu cantar a un

8. Sobre Brito e a Monarquia lusitana, véxase nota 3 ó texto 1. O texto

das coplas restituímolo ás grafías que ofrece Brito, ignorando os retoques

a que as someteu Sarmiento. Por parte, a crítica a que o noso autor somete a

presunta antigüidade do citado cantar (con toda probabilidade, unha de tantas

falsificacións que circularon durante o século XVII) é incontestable.

113

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!