11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

110

Martín Sarmiento

464

Isto explícase porque ademais do dito e dos casamentos

recíprocos, o reino de Galicia tiña maior extensión cara ó

Mediodía, de maneira que os países que están entre os dous

famosos ríos Douro e Miño pertencían a Galicia e non á Lusitania.

Ptolomeo expresamente pon dúas clases de galegos:

uns Bracharenses, cuxa capital era Braga, e outros Lucenses,

cuxa cabeza era Lugo. Pero despois que Portugal se erixiu en

reino á parte, agregou moitos países de Galicia. Disto resultou

que moitas cousas que en realidade son galegas, pasaron

por portuguesas, e outras pasan por galegas, aínda que na

realidade son portuguesas6 .

465

Antes do século duodécimo en todos aqueles países só

se escribía en lingua latina, como consta polos instrumentos

que subsisten; o mesmo que acontecía en Castela. Así, calquera

instrumento que se exhibir de antes daquel século

escrito en vulgar portugués ou galego, ou é falso ou moi sospeitoso.

Despois, sen saber cando, se introduciu escribir en

vulgar. Pero os galegos, por deferencia á lingua castelá dominante,

facían ou recibían os instrumentos públicos en vulgar

castelán, o que aínda hoxe executan. Non así os portugueses,

pois como tiñan monarca propio, introduciron nas escrituras

públicas e privadas aquel vulgar primitivo que era común ás

dúas clases de galegos lucenses e bracarenses, o cal, co tempo

e co exercicio de escribirse, se fixo como dialecto distinto

e é o que hoxe chamamos portugués, aínda que ten tanta

semellanza co vulgar galego que hoxe se fala, que non todos

os saben dexergar.

6. O texto reza: “De esto ha resultado que muchas cosas, que en realidad

son Gallegas, han pasado por Portuguesas; y otras pasan por Portuguesas,

aunque en realidad son Gallegas”. Semella obvio que o autor cometeu un

lapsus calami, que haberá que corrixir conforme fixemos nós.

Martín Sarmiento

466

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

Por iso non debe estrañar, ou non é do caso, que no

idioma portugués escrito se atopen hoxe infindas voces que

non se encontran no idioma galego só falado. A comunicación

cos mouros das fronteiras, as conquistas orientais e occidentais

e o ter escrito sobre artes e ciencias e en materias

eclesiásticas, foron a orixe daquel exceso de voces. Pero

dubido de que en canto a voces radicais e primitivas haxa

exceso ningún, pois hai moitas voces destas no idioma galego

falado que non se achan no portugués escrito nin nos

seus diccionarios.

467

Aínda que dixen que o idioma galego non se escribía nin

se escribe, enténdese en instrumentos públicos e en libros,

pois en contratos particulares e en cartas de cando en vez se

escribía e aínda se usa, pois vin instrumentos dos séculos

décimo cuarto e décimo quinto redactados nese idioma. E se

hoxe se quixese escribir tanto como en Castela e en Portugal

é o idioma capaz de todo, agregándose as mesmas voces estrañas

que se aplicaron a aqueles dous dialectos, pois as

voces trópico, paralaxe, cosmografía, liturxia, sinopse, antropófago,

etc., sendo puras gregas e pronunciables en galego,

non sei por que, con exclusiva, se han de chamar portuguesas,

francesas ou castelás.

468

Ata aquí dos dous dialectos escritos e non escritos. Canto

a falados e cantados é maior a súa antigüidade, aínda que

indeterminable a tempo fixo. O certo é que para trobar, compoñer

coplas e cantalas non cómpre que se escriban. Así

pois, crerei que cando o marqués de Santillana di que os

galegos e portugueses atoparon os versos da arte maior e da

arte común, se refire a aqueles tempos en que nin portugueses

nin galegos escribían o idioma vulgar que falaban e no

111

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!