11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

108

Martín Sarmiento

Afonso escribise en galego, e non a atopo para non estrañar

que escribise en portugués.

458

Se Argote tivese visto a Carta do marqués de Santillana,

desataría máis facilmente unha obxección que se opón, falando

do célebre poeta Macías, que en España é aínda hoxe o

exemplo dos namorados. No capítulo 148 do libro 2 da

Nobleza de Andalucía trata deste Macías e di o que no século

correspondente procurarei propoñer tamén. Pon alí a mesma

canción que de Macías citou o marqués, e comeza, Cativo de

miña tristura, etc.

459

Faise esta pregunta: “Y si á alguno —por causa das

devanditas coplas de Macías— le pareciere que Macías era

Portugués, esté advertido que hasta los tiempos del Rey D.

Enrique Tercero, todas las coplas que se hacian comunmente,

por la mayor parte, eran en aquella lengua; hasta que despues

en tiempo del Rey D. Juan, con la comunicacion de

Naciones estrangeras, se trató de este género de letras con

mas curiosidad”. Pero cita o poeta Juan Rodríguez del Padrón

en proba de que Macías non era portugués mais galego e

natural do seu mesmo lugar, a vila de Padrón ou a antiga Iria

Flavia (véxase o que se di no número 608).

460

Sendo, como foi, o célebre e namorado poeta Macías galego

de nación, e vivindo acá en Castela, non precisaba escribir

en portugués podendo escribir en galego e en castelán. De

feito, fixo coplas castelás, e as que pon Argote non son portuguesas,

mais galegas, como así mesmo o son as do rei don

Afonso o Sabio e as doutros. Destarte enténdese e confírmase

o que escribiu o marqués de Santillana sobre o idioma dos

antigos trobadores casteláns, andaluces e estremeños.

Martín Sarmiento

461

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

O dito polo marqués sobre que a arte maior e a arte común,

ou real, se inventou nos reinos de “Galicia, y Portugal,

donde no es de dubdar que el exercicio de estas Sciencias, mas

que en ningunas otras Regiones, et Provincias de la España, se

acostumbró”; e mailo dito polo portugués Duarte Nunes acerca

de que o rei don Dionysio foi “quasi o primeiro” que se saiba

ter feito versos en lingua portuguesa, comproba que os nosos

trobadores antigos non usaban do idioma portugués, mais do

galego, aínda que son os dous moi parecidos entre si.

462

Esta semellanza dos dous dialectos foi orixe de moitas

equivocacións, pois non todos penetran os idiotismos que os

diferencian. É certo que canto máis se recúa ós séculos pasados,

son máis imitantes os ditos dialectos, ata coincideren

nun só. Pero é innegable que cando Portugal estaba en poder

dos mouros, falábase xa en Galicia o idioma vulgar, aínda

que dubido que se escribise, como nin aínda hoxe a penas

se escribe. Pero isto non impide que se cantase e que nel se

fixesen varias coplas que despois se pasaron ó papel, e que

co tempo se extraviaron ou se perderon de todo.

463

No Corolario do discurso décimo quinto, Paralero das

linguas, que se acha no tomo primeiro do Theatro crítico

universal do padre mestre Feyxoó, bieito e de nación galega,

atoparanse as razóns da semellanza e diferencia dos dous dialectos,

galego e portugués [véxase texto 1]. É inconcuso,

como alí se di, que a conquista de Portugal e o populamento

segundo comezou entrando desde as partes máis boreais de

Galicia, concorrendo a todo os daqueles países. Así se ve que

hai moitos lugares no máis boreal de Portugal que teñen os

mesmos nomes que outros tantos en Galicia, e que os apelidos

máis célebres se atopan igualmente nas dúas nacións.

109

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!