11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

106

Martín Sarmiento

deste na páxina 133 que foi “grande Trobador et quasi o primeiro

que na Lingoa Portuguesa sabemos screveu versos, o

que elle et os daquelle tempo começaraõ fazer aa imitaçaõn

dos Arvernos et Provençaes”. E remítese a dous cancioneiros,

un que está en Roma e outro en Lisboa, nos cales hai varios

versos do dito rei don Dionysio, e en especial en loor de nosa

Señora.

454

O mesmo Nunes no seu libro Origem da Lingoa Portuguesa,

capítulo 6, di estas outras palabras falando das linguas galega

e portuguesa: “As quaes ambas eraõ antigamente quasi h ~ ua

mesma, nas palavras et nos diphtongos et pronunciação, que as

outras partes de Hespanha naõ tem”. Despois, falando do rei

don Dionysio, repite: “Foi o primeiro que pôs as Leis en ordem,

et mandou fazer copilaçaon dellas, et compôs muitas cousas em

metro aa imitaçaõ dos Poetas Provenzaes”. E engade que nisto

imitou o seu avó o rei don Afonso o Sabio de Castela. Este

morreu o ano 1284 e o rei don Dionysio o ano de 1325.

455

Nada disto podía ignorar o marqués de Santillana, como

nin que o rei don Afonso e outros moito antes do rei Dionysio

compuxeran varias poesías. Logo parece verosímil que

cando fala da lingua galega, fala dela como distinta xa da

que se usaba en Portugal como en reino distinto. Logo aqueles

trobadores casteláns, andaluces e estremeños que compuñan

en lingua galega no antigo, deixaron algunhas obras que

existían en tempo do marqués e ó presente están extraviadas

ou xacen esquecidas nos currunchos dalgún arquivo, pois

a Origem da lingoa portuguesa, 1606, libros que constaban na biblioteca do

noso sabio e foron (sobre todo o segundo) consultados, citados e comentados

por el (véxase o que se di no noso estudio introductorio, § 7). Como historiógrafo,

son de destacar as Crónicas dos Reis de Portugal (1600), que

constitúen unha das primeiras tentativas de relato global da historia lusitana.

Martín Sarmiento

3. Memorias para a historia da poesía e poetas españois

non é crible que escribisen en lingua de reino estraño, tendo

dentro lingua semellante en que exercitaren a súa vea.

456

Comprobarei o asunto. O rei don Afonso o Sabio fixo moitas

coplas en gabanza de María Santísima, e referindo varios

milagres que pola súa intercesión se fixeron con san Fernando,

sendo neno, e con outros. Disto falarase máis adiante. Por agora

abonde saber que Argote de Molina3 , Diego Ortiz4 e Papebroquio5

na Vida de san Fernando poñen algunhas coplas. O estilo

delas non é castelán antigo, como debera, mais galego antigo, ó

cal se lle imita moito o portugués. Diego Ortiz de Zúñiga nos

Anales de Sevilla, páxina 36, di: “en la Poesía de aquellos tiempos,

y en dialecto mas conforme al de Galicia”. Papebroquio,

páxina 309, falando daqueles poemas di: “Descripta rhythmo

non Castellano, sed Callaico, sive Gallaeco” [“Rimados non en

castelán, senón en galaico, ou sexa, galego”] (véxase § 609).

457

Papebroquio sospeita que don Afonso se criaría, sendo

neno, en Galicia e que por iso escribiría moitas coplas en idioma

galego, e para que os curiosos fixesen idea daquel idioma

di que por iso imprimiu algunhas coplas. Esta conxectura

é boa, pois tamén san Fernando, seu pai, se criara en Galicia, e é

verosímil que gustase de que se criase alí tamén o seu fillo.

Pero á vista do que asenta o marqués de Santillana, non se

necesita aquela conxectura para non estrañar que o rei don

3. Gonzalo Argote de Molina (1549-1590), literato e bibliófilo andaluz,

primeiro editor de El conde Lucanor de don Juan Manuel, é autor de Nobleza

de Andalucía (1588, é a obra a que se refire Sarmiento no texto) e dun Discurso

de poesía castellana (1575) que contén interesantes investigacións

sobre textos medievais.

4. “Ortiz de Zúñiga (Diego). Anales de Sevilla. Madrid, 1677”.

5. “S. Fernando. Acta vitae, polo P. Daniel Papebrochio. Antuerpiae,

1684”.

107

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!