11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Limiar

ó que amolaban as servidumes sociais e os encargos que tiña

que atender, interquinencias que lle impedían concentrarse

nas súas pescudas e distraían a atención dos seus asuntos preferidos.

Endebén, a pouco que esgaravellamos na biografía do

noso autor (tendo sempre en conta a provisoriedade de xuízos

dictados sen contar cun estudio debidamente esteado),

descubrimos un personaxe que aborrece latricar pero adora o

parrafeo, que mantén durante anos na súa cela unha tertulia

en que se reúne o escol do Madrid do seu tempo, que conta,

en fin, coa confianza dos persoeiros máis encarapitados da

sociedade, a política e a cultura españolas coetáneas, persoeiros

que lle encargan pareceres e informes, que lle consultan

proxectos, e cos que sostén unha copiosísima correspondencia.

Pero tamén que mantén trato cos humildes, e que aprende

moito deles, como testemuña o propio Coloquio que

reproducimos neste volume (onde se mostra unha cálida

familiaridade coa vida dos traballadores galegos en Madrid), e

como o propio autor recoñece de forma explícita: “Nenos

nenas, vellos e vellas, rústicos e pailáns, iliteratos e ignorantes,

que sen pensar en aldraxarvos chamarei aquí a escoura,

restroballo e esterco da racionalidade!... Destes teño tirado,

tiro e tirarei o máis puro ouro da verdade que procuro. A calquera

destes, cando hai ocasión, pregunto e repregunto que

me digan o que viron, para saciar a miña curiosidade”.

Ou moito nos enganamos, ou Sarmiento foi lucidamente

consciente de que, tendo en conta as cousas que escribía e tal

e como as escribía, constituiría unha pura temeridade dar a

lume os seus textos. Era bo coñecedor dos atrancos da ríspeta

censura e da estreita vixilancia que exercían os cancérberos

dunha presunta e resesa ortodoxia contra todo o que cheirase

a novidade, pois experimentara todo iso en lombo alleo, especialmente

no de Benito Feixoo. Por parte, nalgúns puntos

concretos mantiña posicións rotundamente críticas con respecto

ás decisións das autoridades políticas: pensemos por acaso

na súa opinión sobre o emprego do galego no ensino, nos

mesmos anos en que Carlos III daba pasos para impoñer o

12

Henrique Monteagudo

Henrique Monteagudo Limiar

uso exclusivo do castelán nas escolas. ¿Nesas condicións,

como ía ousar publicar un autor que, como di de si mesmo,

non sabía “escribir con escandallo”, “mais como falo e como

penso”?

Sarmiento seguiu, sen dúbida, o vieiro marcado polo seu

venerado mestre, paisano e amigo Feixoo, con quen estableceu

unha relación privilexiada que se delongou por corenta

anos, e de quen se converteu nunha especie de escudeiro.

Defendeu publicamente o outro gran galego do século das

luces contra os seus numerosos e ruidosos impugnadores,

forneceu decote a súa librería coas últimas novidades, afortalou

o soporte erudito dos seus escritos, e serviulle de axente

literario en Madrid (o Padre Mestre residía en Oviedo), negociando

cos censores inquisitoriais e coidando da edición das

súas obras. Feixoo abriulle a Sarmiento o camiño da ilustración,

unha ilustración moi peculiar (moito menos radical cá

francesa e a inglesa, obviamente) pero á derradeira ilustración.

O noso frade, polo que sabemos, non perdeu un intre

nas interminables e revirichadas controversias teolóxicas,

metafísicas ou académicas que constituían o pasatempo predilecto

da maior parte dos clérigos e profesores coetáneos;

limitouse a mostrar a súa adhesión aproblemática á Igrexa

católica e os seus dogmas e mantívose discretamente á marxe

das intrigas políticas para poder debruzarse sen máis nas

cuestións que lle interesaban. Na consideración dos asuntos

que estudiou fundouse no acopio de datos, a ser posible

mediante observación directa e debidamente contrastados, na

análise concienzuda e crítica destes, e na aplicación en todo

momento da súa razón natural, espida ata onde lle foi posible

de preconceptos tradicionais. Por parte, inclinouse cada vez

máis por un saber que non se esgotaba en si mesmo, mais

orientado cara á utilidade pública, á aplicación en beneficio

da sociedade. Así, foi esvarando da erudición anticuaria e os

saberes históricos cara á pedagoxía e á historia natural.

Con todo o devandito, Sarmiento é un autor profundamente

orixinal. A súa orixinalidade nacía dunha radical liberdade de

13

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!