11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

1. Paralelo das linguas castelá e francesa

92

Benito Feixoo

O rapto da mente é o voo da pluma: “Impetus ille sacer, qui

vatum pectora nutrit”, dixo Ovidio [“Aquel pulo sagro que nutre

o peito dos poetas”]. Nos poetas franceses vese que por afectaren

ser moi regulares nos seus pensamentos, deixan as súas

composicións moi esmaceladas. Córtanlles ás musas as ás ou co

peso do xuízo abaten ó chan as súas plumas (agás de que

tamén a cadencia das súas rimas é desaxeitada). Pero a crítica

da poesía farase á mantenta noutro tomo.

COROLARIO

33

Xa que incidentalmente se dixo máis arriba que o idioma

lusitano e o galego son un mesmo, para confirmación da

nosa proposición e para satisfacermos a curiosidade dos que

se interesaren na verdade dela, expoñeremos aquí brevemente

a causa máis verosímil desta identidade.

34

É constante nas Historias que o ano catrocentos e pouco

máis antes da nosa redención foi España anegada da violenta

irrupción de godos, vándalos, suevos, alanos e selingos, nacións

setentrionais. Que destes, os suevos, baixo a conducción do seu

rei Hermenerico, se apoderaron de Galicia, onde reinaron gloriosamente

por máis de cento e setenta anos, ata que os desposuíu

daquel florecentísimo reino Leovixildo, rei dos godos. É

así mesmo certo que os suevos non só dominaron Galicia, mais

tamén a maior parte de Portugal. Manuel de Faría, no Epítome

das Historias Portuguesas (parte 2, capítulo 3) 2 , con frei Ber-

2. Manuel de Faría e Sousa (1590-1649), erudito portugués que viviu en

España durante o período filipino, en que os Austrias españois cinxían a

coroa de Portugal, a súa vasta obra constitúe un dos mellores exemplos de

bilingüismo literario luso-castelán. Un dos principais productos do seu labor

é o Epítome de las historias portuguesas (1628), monumental enciclopedia do

saber histórico sobre o país veciño. Véxase tamén texto 3, § 474 e ss.

Benito Feixoo

1. Paralelo das linguas castelá e francesa

nardo de Brito 3 e outros autores da súa nación, quere que

non só fosen os suevos donos da maior parte de Portugal,

pero tamén de canto tivo o nome de Lusitania, en tanto grao

que, perdida esta denominación, tomou aquel reino o nome

de Suevia. En fin, tampouco hai dúbida de que no tempo

que entraron os suevos en Galicia e Portugal se falaba nos

dous reinos, coma en todos os demais de España, a lingua

romana, extinguida de todo, ou case de todo, a antiga española

—por máis que contra as probas concluíntes, deducidas

de moitos autores antigos, que alegan Aldrete 4 e outros

escritores españois, pretenda o contrario o mestre frei Francisco

de Vivar no seu Comentario a Marco Máximo no ano

de Cristo 516 5 .

35

Sentados estes supostos, xa temos a man a causa que

procuramos da identidade do idioma portugués e galego:

estando as dúas nacións separadas de todas as demais provincias

e baixo a dominación duns mesmos reis naquel tempo

precisamente cando, corrompéndose pouco a pouco a

lingua romana en España pola mestura das nacións setentrio-

3. Frei Bernardo de Brito (1568-1617), cronista da orde benedictina en Portugal

e posteriormente Cronista Maior do Reino, considérase o fundador da historiografía

alcobacense. É o responsable da primeira e segunda partes da magna

compilación aparecida so o título de Monarquía Lusitana, inzada de elementos

fabulosos, haxiográficos ou heroicos, ó servicio dunha deliberada glorificación

do pasado portugués, a cal constitúe un dos elementos máis sobranceiros da

literatura autonomista baixo dominio filipino en Portugal.

4. Bernardo de Aldrete (1565-1645), erudito andaluz, que salienta pola

súa dedicación á arqueoloxía e á lingüística; a súa obra capital é Del origen y

principio de la lengua castellana (1606), en que o autor defende a orixe latina

do castelán, contra as teorías crecentemente en voga durante o século

XVII que postulaban o carácter aborixe e primitivo deste.

5. Marco Máximo é o suposto autor dun falso cronicón urdido a primeiros

do século XVII por Jerónimo Román de la Higuera, en que se fabula

sobre a historia peninsular entre aproximadamente 431 ata 575. As falsificacións

históricas, tan burdas como populares na España dos séculos XVII e

XVIII, foron un dos albos preferidos da atinada crítica de M. Sarmiento.

93

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!