Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
11.01.2013 Views

Limiar están contestes en que Sarmiento é unha das ‘lumieiras do século’ (F. Aguilar Piñal). A obra do noso autor presenta unhas características moi peculiares, que cómpre ter en conta á hora de achegármonos a ela. En primeiro lugar, trátase dunha producción moi copiosa. Por acaso, pode calcularse que a Colección Medina Sidonia, que nos seus 18 volumes acolle a maior parte da producción sarmentina, contén uns quince mil folios, cun total de vintecinco a trinta mil páxinas. En segundo lugar, os escritos de Sarmiento forman un conxunto moi heteroxéneo, tanto pola variedade temática coma pola diversidade de formatos e tipos de texto. Como trazos xerais, pode dicirse que, salvo contadas excepcións, todo é prosa non ficcional. Outro risco común a boa parte dos escritos é que non están acabados, mais en estado de esbozo, e non foron pensados nin preparados para a súa publicación. Os tipos de texto son moi variados: cartas, informes técnicos, cadernos de viaxe, catálogos, apuntamentos de distinto tipo e proxectos ou tenteos de tratados de variable extensión. Os temas principais son: filoloxía, crítica e historia literaria; diplomática, arquivística, biblioteconomía e historia coas súas ciencias auxiliares (numismática, epigrafía e arqueoloxía); pedagoxía e educación; historia natural en xeral, en particular botánica, farmacopea, medicina, zooloxía, xeografía, xeoloxía e mineraloxía; matemáticas e física; belas artes; obras públicas e outros asuntos de interese público. A anterior lista dá unha idea de vastidade dos seus intereses. Nalgúns casos é doado tracexar a liña divisoria entre os escritos pola súa temática, en moitos outros non é tan sinxelo. O mesmo se pode dicir con respecto á distinción entre os escritos de tema galego e aqueloutros de temática non especificamente tal. En terceiro lugar, hai que ter en conta que a divulgación da obra sarmentina non seguiu a canle usual na idade contemporánea, é dicir, a imprensa, mais a copia manuscrita, sendo que algúns escritos chegaron a gozar dunha considerable difusión. A ferreña decisión de Sarmiento de refugar os prelos implica, entre outras cousas, o seguinte: 10 Henrique Monteagudo Henrique Monteagudo Limiar a) Ó non seren concibidos para a súa publicación, unha boa parte dos textos non responden a unha planificación rigorosa canto a estructura, finalidade e contidos, non presentan unha redacción e presentación coidadosas, nin foron sometidos a revisión. Isto agrávase tanto polo peculiar método de traballo de Sarmiento, que consistía en simultanear saltuariamente a redacción de varios traballos de propósito diverso, coma por un discurso caracterizado pola deriva cara á digresión, que converte calquera dos seus escritos nunha miscelánea heteróclita, cando sorprendente e divertida, cando embarullada e desconcertante. Por parte, o autor prefería comezar unha nova redacción antes de corrixir un texto que xulgaba defectuoso ou retomar outro que deixara sen rematar; noutros casos, simplemente aproveitaba anacos de escritos anteriores na redacción dun novo, co resultado de que a súa obra semella un enorme e labiríntico patchwork. b) Determinar a tradición manuscrita dos escritos máis espallados é unha tarefa abondo complexa, dada a dispersión de fondos e as dificultades para localizar ou acceder a algúns deles, ademais da falla dunha investigación básica que poña a dispor do estudioso a totalidade das copias relevantes de cada texto. As edicións existentes, que tiveron que enfrontarse con esa situación, non sempre deron superado ou esquivado os problemas derivados dela. Está estendida a idea de que a clave do ineditismo do noso autor radica no carácter deste. Coñécese que Sarmiento se empeñou en labrar unha imaxe de si mesmo que lle servise de escudo fronte ó medio que o arrodeaba, pois nos seus escritos preséntasenos como un individuo xoto e apartadizo, pouco amigo da publicidade e totalmente refractario ó trato social. Ese retrato quedou fixado para a posteridade, e coidamos que ten engadado algúns estudiosos, mesmo a expertos tan avisados como José Luis Pensado (seguramente o sarmentista máis importante ata a data), que pola súa vez contribuíron a reforzala. Naturalmente, Sarmiento foi un sabio insaciable, apaixonadamente entregado ós seus estudios, e 11

Limiar ó que amolaban as servidumes sociais e os encargos que tiña que atender, interquinencias que lle impedían concentrarse nas súas pescudas e distraían a atención dos seus asuntos preferidos. Endebén, a pouco que esgaravellamos na biografía do noso autor (tendo sempre en conta a provisoriedade de xuízos dictados sen contar cun estudio debidamente esteado), descubrimos un personaxe que aborrece latricar pero adora o parrafeo, que mantén durante anos na súa cela unha tertulia en que se reúne o escol do Madrid do seu tempo, que conta, en fin, coa confianza dos persoeiros máis encarapitados da sociedade, a política e a cultura españolas coetáneas, persoeiros que lle encargan pareceres e informes, que lle consultan proxectos, e cos que sostén unha copiosísima correspondencia. Pero tamén que mantén trato cos humildes, e que aprende moito deles, como testemuña o propio Coloquio que reproducimos neste volume (onde se mostra unha cálida familiaridade coa vida dos traballadores galegos en Madrid), e como o propio autor recoñece de forma explícita: “Nenos nenas, vellos e vellas, rústicos e pailáns, iliteratos e ignorantes, que sen pensar en aldraxarvos chamarei aquí a escoura, restroballo e esterco da racionalidade!... Destes teño tirado, tiro e tirarei o máis puro ouro da verdade que procuro. A calquera destes, cando hai ocasión, pregunto e repregunto que me digan o que viron, para saciar a miña curiosidade”. Ou moito nos enganamos, ou Sarmiento foi lucidamente consciente de que, tendo en conta as cousas que escribía e tal e como as escribía, constituiría unha pura temeridade dar a lume os seus textos. Era bo coñecedor dos atrancos da ríspeta censura e da estreita vixilancia que exercían os cancérberos dunha presunta e resesa ortodoxia contra todo o que cheirase a novidade, pois experimentara todo iso en lombo alleo, especialmente no de Benito Feixoo. Por parte, nalgúns puntos concretos mantiña posicións rotundamente críticas con respecto ás decisións das autoridades políticas: pensemos por acaso na súa opinión sobre o emprego do galego no ensino, nos mesmos anos en que Carlos III daba pasos para impoñer o 12 Henrique Monteagudo Henrique Monteagudo Limiar uso exclusivo do castelán nas escolas. ¿Nesas condicións, como ía ousar publicar un autor que, como di de si mesmo, non sabía “escribir con escandallo”, “mais como falo e como penso”? Sarmiento seguiu, sen dúbida, o vieiro marcado polo seu venerado mestre, paisano e amigo Feixoo, con quen estableceu unha relación privilexiada que se delongou por corenta anos, e de quen se converteu nunha especie de escudeiro. Defendeu publicamente o outro gran galego do século das luces contra os seus numerosos e ruidosos impugnadores, forneceu decote a súa librería coas últimas novidades, afortalou o soporte erudito dos seus escritos, e serviulle de axente literario en Madrid (o Padre Mestre residía en Oviedo), negociando cos censores inquisitoriais e coidando da edición das súas obras. Feixoo abriulle a Sarmiento o camiño da ilustración, unha ilustración moi peculiar (moito menos radical cá francesa e a inglesa, obviamente) pero á derradeira ilustración. O noso frade, polo que sabemos, non perdeu un intre nas interminables e revirichadas controversias teolóxicas, metafísicas ou académicas que constituían o pasatempo predilecto da maior parte dos clérigos e profesores coetáneos; limitouse a mostrar a súa adhesión aproblemática á Igrexa católica e os seus dogmas e mantívose discretamente á marxe das intrigas políticas para poder debruzarse sen máis nas cuestións que lle interesaban. Na consideración dos asuntos que estudiou fundouse no acopio de datos, a ser posible mediante observación directa e debidamente contrastados, na análise concienzuda e crítica destes, e na aplicación en todo momento da súa razón natural, espida ata onde lle foi posible de preconceptos tradicionais. Por parte, inclinouse cada vez máis por un saber que non se esgotaba en si mesmo, mais orientado cara á utilidade pública, á aplicación en beneficio da sociedade. Así, foi esvarando da erudición anticuaria e os saberes históricos cara á pedagoxía e á historia natural. Con todo o devandito, Sarmiento é un autor profundamente orixinal. A súa orixinalidade nacía dunha radical liberdade de 13

Limiar

están contestes en que Sarmiento é unha das ‘lumieiras do

século’ (F. Aguilar Piñal).

A obra do noso autor presenta unhas características moi

peculiares, que cómpre ter en conta á hora de achegármonos a

ela. En primeiro lugar, trátase dunha producción moi copiosa.

Por acaso, pode calcularse que a Colección Medina Sidonia,

que nos seus 18 volumes acolle a maior parte da producción

sarmentina, contén uns quince mil folios, cun total de vintecinco

a trinta mil páxinas. En segundo lugar, os escritos de Sarmiento

forman un conxunto moi heteroxéneo, tanto pola

variedade temática coma pola diversidade de formatos e tipos

de texto. Como trazos xerais, pode dicirse que, salvo contadas

excepcións, todo é prosa non ficcional. Outro risco común a

boa parte dos escritos é que non están acabados, mais en estado

de esbozo, e non foron pensados nin preparados para a

súa publicación. Os tipos de texto son moi variados: cartas,

informes técnicos, cadernos de viaxe, catálogos, apuntamentos

de distinto tipo e proxectos ou tenteos de tratados de variable

extensión. Os temas principais son: filoloxía, crítica e historia

literaria; diplomática, arquivística, biblioteconomía e historia coas

súas ciencias auxiliares (numismática, epigrafía e arqueoloxía);

pedagoxía e educación; historia natural en xeral, en particular

botánica, farmacopea, medicina, zooloxía, xeografía, xeoloxía

e mineraloxía; matemáticas e física; belas artes; obras públicas e

outros asuntos de interese público. A anterior lista dá unha

idea de vastidade dos seus intereses. Nalgúns casos é doado

tracexar a liña divisoria entre os escritos pola súa temática, en

moitos outros non é tan sinxelo. O mesmo se pode dicir con

respecto á distinción entre os escritos de tema galego e aqueloutros

de temática non especificamente tal.

En terceiro lugar, hai que ter en conta que a divulgación

da obra sarmentina non seguiu a canle usual na idade contemporánea,

é dicir, a imprensa, mais a copia manuscrita,

sendo que algúns escritos chegaron a gozar dunha considerable

difusión. A ferreña decisión de Sarmiento de refugar os

prelos implica, entre outras cousas, o seguinte:

10

Henrique Monteagudo

Henrique Monteagudo Limiar

a) Ó non seren concibidos para a súa publicación, unha

boa parte dos textos non responden a unha planificación

rigorosa canto a estructura, finalidade e contidos, non presentan

unha redacción e presentación coidadosas, nin foron

sometidos a revisión. Isto agrávase tanto polo peculiar método

de traballo de Sarmiento, que consistía en simultanear saltuariamente

a redacción de varios traballos de propósito

diverso, coma por un discurso caracterizado pola deriva cara

á digresión, que converte calquera dos seus escritos nunha

miscelánea heteróclita, cando sorprendente e divertida, cando

embarullada e desconcertante. Por parte, o autor prefería

comezar unha nova redacción antes de corrixir un texto que

xulgaba defectuoso ou retomar outro que deixara sen rematar;

noutros casos, simplemente aproveitaba anacos de escritos

anteriores na redacción dun novo, co resultado de que a

súa obra semella un enorme e labiríntico patchwork.

b) Determinar a tradición manuscrita dos escritos máis

espallados é unha tarefa abondo complexa, dada a dispersión

de fondos e as dificultades para localizar ou acceder a algúns

deles, ademais da falla dunha investigación básica que poña

a dispor do estudioso a totalidade das copias relevantes de

cada texto. As edicións existentes, que tiveron que enfrontarse

con esa situación, non sempre deron superado ou esquivado

os problemas derivados dela.

Está estendida a idea de que a clave do ineditismo do

noso autor radica no carácter deste. Coñécese que Sarmiento

se empeñou en labrar unha imaxe de si mesmo que lle servise

de escudo fronte ó medio que o arrodeaba, pois nos seus

escritos preséntasenos como un individuo xoto e apartadizo,

pouco amigo da publicidade e totalmente refractario ó trato

social. Ese retrato quedou fixado para a posteridade, e coidamos

que ten engadado algúns estudiosos, mesmo a expertos

tan avisados como José Luis Pensado (seguramente o sarmentista

máis importante ata a data), que pola súa vez contribuíron

a reforzala. Naturalmente, Sarmiento foi un sabio

insaciable, apaixonadamente entregado ós seus estudios, e

11

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!