11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega

preocupacións de Sarmiento nos últimos anos da súa vida. A

súa orientación neste terreo engonza claramente coa corrente

de pedagoxía realista dun Commenius ou, máis especificamente,

co sensualismo dun Locke (Luzuriaga 1994, 140-9,

Allegue 1993 passim), de onde deriva a importancia que se

lle outorga á observación e o contacto directo cos elementos

do mundo natural e a aprendizaxe da historia natural, e indirectamente,

a súa reivindicación de que nas escolas de Galicia

se parta do coñecemento e uso do galego. Sen pór en

cuestión como obxectivo a aprendizaxe do latín, nin a conveniencia

de adquirir o castelán, Sarmiento rexeita enerxicamente

que se reprima o emprego do galego, e propón con

non menos forza que se acceda a aquelas linguas (e tamén ó

francés e o italiano, como linguas románicas) desde e a través

da lingua do país. Isto lévao a postular a traducción dun catecismo

ó galego para o seu uso nas escolas de primeiras letras,

a redacción dun manual de Historia Natural en galego (e en

castelán), a traducción da Arte de Nebrixa ó galego e/ou o

emprego de materiais pedagóxicos portugueses (ou adaptados

doutras linguas) no ensino secundario. Máis tarde, mesmo

chega a cuestionar o emprego exclusivo do latín como

lingua docente na Universidade.

4) Todo o anterior leva a Sarmiento a impugnar o sentimento

diglósico e o consecuente complexo de inferioridade

que estaba arraizando na poboación galega, denunciando o

odio ou desprezo non só dos alleos senón dos propios galegos

cara á súa lingua e reclamando orgullosamente a antigüidade

e dignidade desta.

Despois de deixar constancia que as actitudes e as

reflexións lingüísticas de Sarmiento no plano erudito encaixan

perfectamente no pensamento lingüístico ilustrado (cando

menos nunha das súas correntes: a empirista versus a

racionalista), non se pode rematar unha exposición sobre as

ideas do padre Sarmiento sobre o galego sen chamar a atención

sobre ata que punto van a contrafío da mentalidade e

do pensamento (socio-)lingüísticos dominantes na España do

74

Henrique Monteagudo Henrique Monteagudo Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega

seu tempo, o cal axudará a comprender que deixase inédita

case toda a súa obra. No século en que a Real Academia

Española, recén fundada, se esforza por dar normas para a

lingua culta, alicerzadas no uso oral da Corte e no escrito

dos mellores autores, Sarmiento búrlase do ideal lingüístico

cortesán, reivindica a superior dignidade e maior interese

dos falares populares e distánciase de toda intención prescritiva.

Nos mesmos anos en que o Rei impón o uso do castelán

como lingua vehicular do ensino básico e o seu estudio,

o noso autor impugna a súa utilización como lingua escolar

en Galicia. Nun período, en fin, en que o desprestixio do

idioma galego estaba completamente estendido e arraizado,

frei Martín (non só el, pero el con máis constancia e contundencia

ca ninguén) reivindica con fachenda a nobreza do

seu idioma nativo e sinálalle uns roteiros de futuro que tardarían

moito tempo en ser tan sequera voltos a concibir.

75

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!