Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
11.01.2013 Views

Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega do en conta iso, imos tentar illar en cada peza os temas que nos interesan, sempre que aparezan tratados con certo pormenor, ignorando as innumerables referencias accidentais a eles, espalladas aquí e acolá, procurando dexergar unha liña evolutiva no pensamento do autor (Pensado 1960), e tentando contextualizalos historicamente cando nos pareza imprescindible. 9. VIAXES A GALICIA. O REDESCUBRIMENTO DO GALEGO FALADO O noso frade tiña a cabeza ateigada coas devanditas cavilacións cando, vinte anos despois da súa anterior (e breve) estada no país, emprendeu a súa viaxe a Galicia en 1745, que só durou sete meses (Sarmiento 1975). O contacto directo coa terra nativa supuxo outro auténtico revulsivo para o erudito frade. Só fixo falta que cavilase sobre a súa propia experiencia vital, que matinase sobre as súas orixes e sobre os intereses do grupo social ó que pertencía (a ínfima nobreza galega) e sobre a situación do seu país, para que se producise nel unha auténtica explosión de galeguismo, en tódolos sensos, pero moi especialmente no lingüístico. Desde a xornada de 1745, o estudio e a reflexión sobre o idioma galego constituirán, cada vez con maior intensidade, a paixón da súa vida. O erudito soamente regresará a Galicia en 1754-55, pasando o resto do tempo case sempre recluído na cela do seu convento madrileño. En definitiva, a primeira viaxe durou desde o 9 de maio de 1745 ó 10 de febreiro de 1746, a segunda, desde o 5 de maio de 1754 ó 27 de novembro de 1755. Nestas dúas xornadas, Sarmiento dedicouse intensivamente a recoller materiais da lingua popular, que moerá e remoerá incansablemente no seu encerro capitalino, nunha laboría que xamais callará nunha obra acabada e, o que foi máis grave, permaneceu inédita, pero que constitúe un testemuño de excepcional importancia sobre a lingua galega do seu tempo. Na viaxe de 1745, Sarmiento emprendeu as súas pescudas lingüísticas sobre o idioma galego, traballando en dúas direccións: a recolla do léxico vivo dos labios do pobo, e o 54 Henrique Monteagudo Henrique Monteagudo Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega expolio de documentos medievais 23 . Recompila aquí o autor as voces galegas que oíu de viva voz, ou leu en instrumentos, cos xogos dos nenos, moedas e outras cousas relativas á linguaxe que observou na súa mansión de Pontevedra nas dúas tempadas que estivo alí nos anos 1745 e 1755; deste fondo valeuse para compor as súas Mil duascentas coplas galegas en estilo de Perucho e Maruxa e o seu Onomástico latín galego. Tememos ser reiterativos, pero insistimos en que non se debe esquecer que no noso autor os intereses lingüísticos están inseparablemente aliados por unha beira das súas preocupacións eruditas e pola outra cos seus ideais socioculturais —moi especialmente os pedagóxicos e o que se pode denominar sen receo o seu galeguismo—. El mesmo deixa constancia do método que seguiu para recoller as súas voces (véxase texto 11, no ano 1745). Froitos directos da intensa colleita de voces que realizou sobre o terreo durante as dúas viaxes a Galicia, de 1745 e 1755, son entre outras obras que citamos atrás, o Coloquio en mil duascentas coplas galegas co respectivo Comento ou Glosario (obra que Pensado titula Catálogo de voces e frases da lingua galega). 10. O GALEGO NO ENSINO. O ONOMÁSTICO ETIMOLÓXICO DA LINGUA GALEGA [TEXTO 5] Durante o século XVIII, e baixo a éxida da dinastía borbónica instalada en España despois da Guerra de Sucesión, danse pasos decididos cara ó afortalamento e á centralización político-administrativa do Reino. Correlativamente, o castelán foi obxecto dunha promoción cada vez máis firme como lingua de Estado. En 1713 fúndase, conforme o modelo francés, a Real Academia Española, que nos anos 1726-29 publica un 23. Arquivos e coleccións documentais que leu ou revisou: en Santiago (xullo de 1745), San Martiño Pinario e San Paio de Antealtares; en Pontevedra (setembro/outubro de 1745), Poio, Lérez, Tenoiro e Santa Clara; ademais (decembro 1745/febreiro de 1746) Celanova, Samos e San Pedro de Montes. 55

Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega Diccionario de autoridades, en 1741 unha Ortografía e en 1771 unha Gramática, co cal quedan sentadas as bases da codificación do castelán nos terreos léxico, gráfico e morfosintático. Así e todo, o secular peso do latín como lingua do culto e da alta cultura, pero tamén como medio e obxecto central do ensino, resulta esmagador ata pasada a metade do século. De feito, na Universidade, malia tímidas tentativas de introducción do castelán, a pugna do idioma do Estado contra o latín só se presentará en serio no século XIX (Monteagudo 1999, 314-13). Como acabamos de mostrar, as preocupacións lingüísticas referidas ó galego de Sarmiento viñan de antes (polo menos, desde comezos da década dos 40), pero a súa intensificación e alianza coas inquedanzas pedagóxicas corresponde cos primeiros anos do reinado de Carlos III (rei de 1759 a 1788), que precisamente son anos de novidades no terreo da educación en España, ou máis exactamente, de incipiente formulación dunha política de estado verbo da educación (Sarrailh 1992, 155-73, 194-229; Abellán 1993, 151-70 e Ruiz Berrio 1988), na cal a lingua xoga un papel relevante. Sinalemos algúns fitos: en 1767 son expulsados os xesuítas, reducto máis acérrimo dos defensores do latín, que dominaban o ensino secundario; en 1768 promúlgase unha real cédula na que estipula “que la enseñanza de primeras letras, Latinidad y Retórica, se haga en lengua castellana generalmente, donde quiera que no se practique”, recomendando “su exacta observancia” a diocesanos, universidades e superiores regulares, e urxindo a dilixencia destes “en extender el idioma general de la nación para su mayor armonía y enlace” (Costa 1991, 220); en 1771 impóñense como únicos libros de lectura autorizados na escola dous textos en castelán, en 1780 (xa finado o noso autor), ordénase que “en todas las escuelas del reino” se ensine “a los niños su lengua nativa [enténdase, o castelán] por la gramática que ha compuesto y publicado la Real Academia de la Lengua; previniendo que a ninguno se admita a estudiar latinidad sin que conste antes estar bien instruido en la gramática española” (Lázaro 1985, 189). 56 Henrique Monteagudo Henrique Monteagudo Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega A política educativa de Carlos III insírese plenamente na tendencia cara á secularización e á nacionalización (especialmente lingüística) do ensino que se deixa sentir en toda Europa, nunha etapa en que o interese pola pedagoxía e o ensino gaña unha importancia crecente (Hazard 1991, 171-9); comezando por suposto con Inglaterra e Francia (abonde con lembrar a publicación do celebérrimo Émile, de J.-J. Rousseau, en 1762), pero sen esquecer Portugal, de onde os xesuítas foran expulsados poucos anos antes ca en España, e onde L. Verney propugnaba innovacións en materia de educación e particularmente no aspecto lingüístico (Carvalho 1996, 406- 21) que en moitos aspectos fan pensar en Sarmiento (lémbrese que o seu Verdadeyro método de estudar, editado en 1746, apareceu en España traducido ó castelán en 1760), nin a Europa centro-oriental, onde o xove J. G. Herder se queixaba, na década dos sesenta, do papel hexemónico outorgado ó latín e ó francés, en detrimento do alemán, na formación da mocidade xermana e nas cortes aristocráticas xermanas 24 . Co único obxecto de contextualizar as observacións de Sarmiento, imos tracexar a seguir un panorama esquemático da situación educativa na España da época, con atención especial a Galicia. A mediados do século XVIII, en realidade non existía un sistema de ensino establecido e centralizado, senón unhas pautas xerais, que atinguían sobre todo ás Universidades. O Estado carecía practicamente de política educativa, mentres a Igrexa detentaba un cuase-monopolio sobre o sistema de ensino. En xeral, dentro deste pódense distinguir tres niveis (Kagan 1981, 45-104), elemental, secundario e universitario, dos que nos interesan, pola atención que Sarmiento lles dispensou, fundamentalmente os dous primeiros. O ensi- 24. Pensamos nos Fragmentos sobre a nova literatura alemana de 1767, vid. Merker & Formigari 1973, 69-127 e sobre todo no Diario da miña viaxe no ano de 1769, vid. Herder 1982, 63-75. Por certo, resultaría ben interesante unha comparación das posicións do noso Sarmiento sobre lingua e educación coas de J.-J. Rousseau, L. A. Verney e J. G. Herder, asunto este que cae fóra deste traballo e lonxe das nosas capacidades. 57

Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega

do en conta iso, imos tentar illar en cada peza os temas que

nos interesan, sempre que aparezan tratados con certo pormenor,

ignorando as innumerables referencias accidentais a eles,

espalladas aquí e acolá, procurando dexergar unha liña evolutiva

no pensamento do autor (Pensado 1960), e tentando contextualizalos

historicamente cando nos pareza imprescindible.

9. VIAXES A GALICIA. O REDESCUBRIMENTO DO GALEGO FALADO

O noso frade tiña a cabeza ateigada coas devanditas cavilacións

cando, vinte anos despois da súa anterior (e breve)

estada no país, emprendeu a súa viaxe a Galicia en 1745, que

só durou sete meses (Sarmiento 1975). O contacto directo coa

terra nativa supuxo outro auténtico revulsivo para o erudito

frade. Só fixo falta que cavilase sobre a súa propia experiencia

vital, que matinase sobre as súas orixes e sobre os intereses do

grupo social ó que pertencía (a ínfima nobreza galega) e sobre

a situación do seu país, para que se producise nel unha auténtica

explosión de galeguismo, en tódolos sensos, pero moi

especialmente no lingüístico. Desde a xornada de 1745, o estudio

e a reflexión sobre o idioma galego constituirán, cada vez

con maior intensidade, a paixón da súa vida. O erudito soamente

regresará a Galicia en 1754-55, pasando o resto do tempo

case sempre recluído na cela do seu convento madrileño.

En definitiva, a primeira viaxe durou desde o 9 de maio de

1745 ó 10 de febreiro de 1746, a segunda, desde o 5 de maio

de 1754 ó 27 de novembro de 1755. Nestas dúas xornadas,

Sarmiento dedicouse intensivamente a recoller materiais da lingua

popular, que moerá e remoerá incansablemente no seu

encerro capitalino, nunha laboría que xamais callará nunha

obra acabada e, o que foi máis grave, permaneceu inédita,

pero que constitúe un testemuño de excepcional importancia

sobre a lingua galega do seu tempo.

Na viaxe de 1745, Sarmiento emprendeu as súas pescudas

lingüísticas sobre o idioma galego, traballando en dúas

direccións: a recolla do léxico vivo dos labios do pobo, e o

54

Henrique Monteagudo

Henrique Monteagudo

Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega

expolio de documentos medievais 23 . Recompila aquí o autor

as voces galegas que oíu de viva voz, ou leu en instrumentos,

cos xogos dos nenos, moedas e outras cousas relativas á linguaxe

que observou na súa mansión de Pontevedra nas dúas

tempadas que estivo alí nos anos 1745 e 1755; deste fondo

valeuse para compor as súas Mil duascentas coplas galegas en

estilo de Perucho e Maruxa e o seu Onomástico latín galego.

Tememos ser reiterativos, pero insistimos en que non se debe

esquecer que no noso autor os intereses lingüísticos están

inseparablemente aliados por unha beira das súas preocupacións

eruditas e pola outra cos seus ideais socioculturais

—moi especialmente os pedagóxicos e o que se pode denominar

sen receo o seu galeguismo—. El mesmo deixa constancia

do método que seguiu para recoller as súas voces

(véxase texto 11, no ano 1745).

Froitos directos da intensa colleita de voces que realizou

sobre o terreo durante as dúas viaxes a Galicia, de 1745 e

1755, son entre outras obras que citamos atrás, o Coloquio en

mil duascentas coplas galegas co respectivo Comento ou Glosario

(obra que Pensado titula Catálogo de voces e frases da

lingua galega).

10. O GALEGO NO ENSINO. O ONOMÁSTICO ETIMOLÓXICO

DA LINGUA GALEGA [TEXTO 5]

Durante o século XVIII, e baixo a éxida da dinastía borbónica

instalada en España despois da Guerra de Sucesión,

danse pasos decididos cara ó afortalamento e á centralización

político-administrativa do Reino. Correlativamente, o castelán

foi obxecto dunha promoción cada vez máis firme como lingua

de Estado. En 1713 fúndase, conforme o modelo francés,

a Real Academia Española, que nos anos 1726-29 publica un

23. Arquivos e coleccións documentais que leu ou revisou: en Santiago

(xullo de 1745), San Martiño Pinario e San Paio de Antealtares; en Pontevedra

(setembro/outubro de 1745), Poio, Lérez, Tenoiro e Santa Clara; ademais

(decembro 1745/febreiro de 1746) Celanova, Samos e San Pedro de Montes.

55

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!