11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega

sideracións sobre os primeiros poetas en galego-portugués.

Do para nós importantísimo capítulo IX destaca o tratamento

de Gonzalo de Berceo (§ 572-600), e, sobre todo, os parágrafos

dedicados a Afonso X o Sabio (§ 601-68), especialmente á

súa poesía galega. Extractamos para a nosa Antoloxía unha

noticia que ofrece sobre os seus contactos iniciais con instrumentos

notariais en galego do século XIII, a través dunha

copia de documentos do Arquivo do mosteiro de Sobrado. En

definitiva, as Memorias constitúen unha monografía, baseada

na exploración das noticias antigas e na pescuda directa

sobre os textos coñecidos, sobre a literatura en España desde

a Antigüidade ata o século XV.

Canto ó aspecto propiamente lingüístico, referíndose ás

linguas da península, distingue Sarmiento por unha banda a

“lingua vulgar de España”, “a que se chama castelá, e en xeral

tamén romance”, que é principalmente “a que se fala na Corte;

e na cal se escriben os libros que cada día saen á luz”, e

por outra banda os idiomas “Catalán, Asturiano, Galego e Portugués”

(deixando á parte o vasco). Así, sinala, nos dominios

lingüísticos destes idiomas, “non é vulgar a dita Lingua Castelá;

pero enténdese; e exceptuando os portugueses, os demais

nacionais tamén a escriben cando comercian cos casteláns”.

Reafirma que constitúen linguas independentes do castelán,

que tanto este como aqueles son dialectos do latín e “con-dialectos”

entre si, e que “se entenden, a pouco estudio, os uns

ós outros, os que os falan”.

Neste marco, e discutindo sobre a nacionalidade e a lingua

poética de Macías, que Argote de Molina aventurara

como portuguesas, Sarmiento volve tratar a cuestión das relacións

entre o galego e o portugués, na liña que Feixoo tiña

definido (§ 458-67), e que el xa non abandonará.

Sarmiento aínda manexara poucos documentos medievais

escritos en galego e só dos séculos XIV e XV, polo que

pensaba que o castelán fora a lingua escrita corrente en

Galicia desde o século XIII. Pero “non así os portugueses;

pois como tiñan Monarca propio introduciron nas escrituras

44

Henrique Monteagudo Henrique Monteagudo Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega

públicas e privadas aquel vulgar primitivo que era comun ás

dúas clases de galegos, lucenses e bracarenses; o cal, co

tempo e co exercicio de escribirse fíxose como dialecto distinto”

(§ 465). Esta observación encaixaba moi ben, ó contrario

do que acontecía coas Cantigas de Afonso X (de aí a

confusión que lle causou o seu descubrimento), na teoría

vixente sobre a ‘unidade de dominio’ (ou sexa, política)

como determinante da ‘unidade de lingua’, co matiz de que

por esta se entendese de ‘lingua escrita’. Neste punto, o noso

autor esboza unha distinción en que insistirá moito en escritos

posteriores entre lingua escrita e lingua falada, sinalando

que, debido ó influxo árabe, ós seus contactos con diversos e

exóticos países e mais ó cultivo escrito, o portugués tiña

incorporado multitude de voces que non aparecen en galego,

“pero dubido que canto a voces radicais e primitivas, haxa

exceso ningún”, isto é avantaxe do portugués verbo do idioma

de aquén-Miño (§ 466). Por outra parte, ó fío disto,

espreita outra opinión sobre a que Sarmiento volverá: o idioma

galego, “se hoxe se quixese escribir, é capaz de todo,

agregándose as mesmas voces estrañas que se teñen aplicado

a aqueles dialectos” [portugués e castelán] (§ 467).

As noticias do Marqués de Santillana sobre a poesía galega

medieval (lémbrese que os Cancioneiros trobadorescos

andaban extraviados e só serían redescubertos ó longo do

século XIX), a lectura de documentos en galego dos séculos

XIV e XV, e sobre todo das Cantigas de Santa María tiveron

que excitar extraordinariamente a curiosidade do noso frade,

entre outras razóns porque desafiaban o saber convencional e

contradicían a imaxe vixente da lingua galega. O contacto

erudito co galego medieval supuxo, así, unha auténtica revelación

que debeu de actuar como revulsivo na súa consciencia

lingüística. Ademais, axudouno a contemplar as relacións

entre o galego e portugués e de entrambos co castelán baixo

unha nova luz. Comezaban así a abrirse fendas na muralla

(metafórica: trátase da consciencia lingüística dominante) que

se interpuña entre as variedades históricas da lingua, o cal

45

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!