11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega

Efectivamente, o coñecemento da literatura medieval nos

romances peninsulares era moi fragmentario e confuso, xacían

ignotos ou moi parcialmente coñecidos algúns dos autores

e textos máis importantes, que permanecían total ou case

totalmente inéditos. Por parte, contra o que se podería esperar,

Sarmiento non identifica a literatura española coa literatura

de expresión castelá, senón que considera que forman

parte dela os autores e textos de tódalas linguas da península,

mesmo as prelatinas.

Podemos considerar a obra dividida en catro partes: a

longa parte inicial, cos catro primeiros capítulos, trata de

cuestións preliminares; a segunda, co capítulo quinto, trata

máis ben de historia lingüística dos romances peninsulares; a

terceira, cos capítulos VI e VII, que contemplan a cuestión

desde o punto de vista da métrica; e a cuarta (capítulos VIII

ó XI), cunha ordenación cronolóxica dos autores por séculos

do XII ó XV. Case un tercio das Memorias (§ 14-225) está

reservado ó que podemos chamar cuestións previas: “Orixe

da poesía en xeral” (capítulo I, § 14-38), “Antigüidade da

poesía en España” (capítulo II, § 39-108), “Poesía latina en

España” (capítulo III, § 109-23), “Invención dos versos rimados”

(capítulo IV, § 124-225). É de salientar que os temas que

máis lle interesan, como se bota de ver polo número de

parágrafos que dedica a cada un, son os das linguas prelatinas

da península (capítulo II) e o das orixes históricas da

poesía (capítulo IV, o máis extenso de todos), coa consideración

das ‘Rimas orientais’ (particularmente, en hebreo e árabe),

das ‘Rimas septentrionais’ (xermánicas), e á súa posible

influencia na poesía peninsular.

A obra comeza con consideracións acerca da orixe da

poesía en xeral, e dando conta das noticias que os historiadores

greco-latinos ofrecen da cultura literaria dos pobos preromanos

peninsulares, con especial atención ós turdetanos

da Bética e ós gallaicos. Tamén trata das linguas primitivas da

humanidade e da Hispania, concedendo, con moita precaución,

que a lingua primixenia do xénero humano puido ser o

42

Henrique Monteagudo Henrique Monteagudo Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega

hebreo, e desbotando por quiméricas as especulacións sobre

a ‘lingua primitiva de España’ (§ 90-107).

A segunda parte das Memorias consiste nun longo capítulo

enteiramente de historia lingüística, titulado “Caracteres,

escritura e lingua vulgar dos españois” (capítulo V, § 226-353),

onde rexeita rotundamente as teorías que facían do castelán

lingua primitiva e anterior ó latín, e deseña as liñas mestras da

evolución do latín falado e escrito cara ás linguas e as escritas

romances da península. Dedica un extenso apartado deste

capítulo (§ 294-352) a unha maxistral análise filolóxica das

versións romances do Forum Iudicum e á Biblia Ferrarense.

Válese para este estudio do seu minucioso coñecemento do

Arquivo da Catedral de Toledo (§ 300-303). A terceira parte

presenta, nun capítulo de importancia fundamental, a ‘Carta

do Marqués de Santillana sobre a poesía’ (capítulo VI, § 353-

80), e trata, nun longuísimo capítulo, sobre a ‘Orixe, antigüidade

e diferencia dos metros casteláns’ (capítulo VII, §

381-516), especie de historia da métrica en lingua vulgar, na

que diserta ‘Dos Redondillos’, (§ 398-430), ‘Dos versos alexandrinos’,

(§ 431-45), ‘Dos versos de arte maior’ (446-81), ‘Dos

versos hendecasílabos, ou de sonetos’ (486-516). Especial

importancia ten a sección penúltima, onde discute as relacións

entre o galego e o portugués; neste e no último apartado

tamén desenvolve unha crítica cautelosa pero demoledora

contra os falsos poemas portugueses anteriores ó seculo XII,

que facían circular como verídicos os eruditos do país veciño

como Bernardo Brito e Manuel Faria (“No figueiral figueiredo”,

“O Rouçom da cava”e o “Poema de Oureana”).

Finalmente, a cuarta parte da obra contén, en cadanseu

capítulo, sumarias consideracións dos ‘Poetas españois do

século XII’ (capítulo VIII, § 517-69), ‘Poetas españois do século

XIII’ (capítulo IX, § 570-668), ‘Poetas españois do século XIV’

(capítulo X, § 669-790) e finalmente, ‘Poetas españois do século

XV’ (capítulo XI, § 791-874). Do capítulo VIII, é de salientar

a noticia sobre o Poema de mio Cid (que estudiaría máis en

profundidade, como sabemos, uns anos máis tarde), e as con-

43

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!