11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Noticia bibliográfica

386

Henrique Monteagudo

idea da evolución da bibliografía sarmentina e ofrecer algúns

puntos de referencia para orientarse nela.

DESTINO DA BIBLIOTECA PARTICULAR DE SARMIENTO.

A CORRESPONDENCIA

A cela do convento de San Martín de Madrid, en que Sarmiento

pasou a maior parte das horas da súa vida adulta, debía

ser moito máis ca un cuarto, e desde logo non era un

simple dormitorio. Nela tiña que haber lugar para acoller, entre

outras cousas, as tertulias que convocaba arredor do noso

autor o escol da sociedade culta madrileña, unha gran mesa

de traballo, instrumental científico de diverso tipo (telescopio,

microscopio, astrolabio), moitas plantas vivas e secas, infinidade

de obxectos variegados (cunchas, pedras, animais disecados),

o seu gato e... a súa venerada biblioteca, célebre non

tanto polo seu considerable tamaño (chegou ós sete mil cincocentos

volumes) como polo raro e selecto do seu contido,

que coñecemos gracias ó coidadoso catálogo elaborado polo

mesmo Sarmiento. Nesa biblioteca, como é natural, tamén figuraban

os escritos do autor. Hai que ter en conta que unha

parte importante destes responden a consultas ou encargos

que recibía, e loxicamente, despois de redactados remitía ó

comitente 1 . Sarmiento manifesta non ter un empeño particular

en coleccionar os seus traballos, pero temos indicios de que

cando enviaba a alguén un orixinal autógrafo, procuraba que

llo volvesen ou lle fixesen unha copia para uso particular: véxase,

por acaso, neste mesmo volume, a carta ó Padre Rávago

que serve de presentación ó Coloquio.

1. Habitualmente tratábase dun persoeiro público: o cardeal Valentí Gonzaga

para as Memorias para la historia de la poesía, o bibliotecario do Rei

Juan de Iriarte para as Reflexiones literarias para una biblioteca real, ministros

e altos cargos da administración como o marqués de Ensenada, Campomanes,

o conde de Maceda, o duque de Medina Sidonia, o confesor de

Fernando VI padre Rávago, etc. Véxase apéndice III.

Henrique Monteagudo Noticia bibliográfica

Infelizmente, a biblioteca de Sarmiento e os escritos de

seu que figuraban nela atópanse en boa parte extraviados

(seguramente, o groso está definitivamente perdido) e na outra

parte espallados por diversas bibliotecas e arquivos. Á súa

morte, algúns dos manuscritos e libros da súa biblioteca particular

repartíronse entre os monxes, pero a maioría pasarían á

biblioteca do convento onde residira durante case cincuenta

anos. Cinco anos despois do seu pasamento, en 1777, o frade

galego Juan Sobreira é trasladado ó dito convento, onde se

encarga de arrombar os papeis do noso autor. Segundo Sobreira

destes, “os máis eran cartas escritas ó Reverendísimo

Sarmiento, desbotadas por deleixo ou desprezo ó corruncho

menos limpo do convento”. Entre burlas dos frades do convento,

di, “un ano enteiro estiven lendo cartas, gardando unhas,

rachando outras nocivas e arredando outras inútiles.

Destas últimas axuntei dúas arrobas de papel vello. Das nocivas

rachei innumerables e das que eu chamo útiles axuntei

quince tomos” (véxase Apendice II). A nós soamente nos

chegaron dous deses quince tomos do epistolario sarmentino

escolmado e encadernado por Sobreira, doados en 1786 por

este á Real Academia de la Historia de Madrid ó ser admitido

como membro da mesma institución 2 . O mal fado da correspondencia

de Sarmiento é indicativa da do conxunto da súa

producción. Restan moi poucos escritos autógrafos, polo que

a maior parte dos seus textos só podemos coñecelos a través

de copias e recopias, algunhas realizadas en vida e a maior

parte despois do seu finamento. O arquivo do mosteiro de Silos

(casa matriz do convento de San Martín de Madrid) e a biblioteca

da Universidade de Oviedo serviron de praias onde

probablemente foron dar as crebas máis importantes do naufraxio

da colección particular de escritos do autor.

2. Sobreira intitulounos Cartas originales escritas al P. Sarmiento (1733-

1771) de personajes y literatos, e fíxoos preceder un proemio do que están

extraídas as citas que acabamos de reproducir.

387

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!