11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

9.3. Carta a Campomanes

352

Martín Sarmiento

criban en castelán, vaia. Que escriban en latín, veña. Que traduzan

do latín, aínda que sexa algunha trapalladiña literaria,

pase; aínda que non pase senón por obra dun caleseiro que

estivo en Francia. Pero querer facer análise das voces galegas

e das cousas que significan, tendo a ousadía de citar os autores

máis clásicos do grego, latín e castelán; e cunha chea de

voces orientais; iso xa non é invención de frades, mais dun

frade de invencións. Daniel foi o vir desideriorum [o home do

desexos] e Cardano 4 chámase nos libros vir inventionum [o

home dos inventos]. Ben. Este escribiu 10 tomos en folio, e

aquel foi santo profeta; pero estoutro frailuco, que non ignora

que se dixo del que era un frade comprado a misas, e que botándolle

polo alto é un frade do cento dos correntiños, ¿a que

vén coa súa nai galega da súa lingua esfarrapada?

Amigo, seméllame estar oíndo a galegos e casteláns que

me din esas louvamiñas. Pero eu proseguirei coa miña teima

do Glosario e do Onomástico, ata que canse ou rumpantur

illa. Recoiro! Eu non escribo por interese, non por vangloria,

non por captar protectores para despois tirar tallada, non

para estafar diñeiro ó público vendéndolle gato por lebre.

Non para dar de comer a libreiros e impresores; non para

que os xuíces que entenden en caso se dean un baño de pedra

mármore e me bouren con negativas. Non para dar que

rir, burlar, satirizar, criticar nas bancadas de San Filipe ós literatos

de esquelas e papeis varios. Escribo porque non teño

outra cousa que facer, vivindo tan senlleiro e retirado no

meu corruncho. Escribo porque non teño con quen falar.

O mesmo fixo san Zacarías, que sendo mudo scripsit dicens. O

mesmo fixo a miña dona Philomela (o reiseñor) que por non

poder falar valeuse da acupictura. Escribo soamente por conversar

con alguén, e quero que me dean leria unha mal tallada

pena, un tinteiro que precisa de agulla de marear para

topar o punto onde está a súa tinta, e un papel cos Octaplos

4. “Cardano, Jerónimo. Opera omnia, Physica, Mathematica, Medica, etc.

10 vols. León, 1663”.

Martín Sarmiento 9.3. Carta a Campomanes

de Oríxenes. Velaquí por que as miñas cartas son prolixas:

para suplir as longas parrafadas que tería se non fose a alma

soa, con corpo sen potencia locomotiva, coma a ostra e o

olláparo.

Fólgome de que a obra da Vosa Señoría tivese a aceptación

de que xamais dubidei 5 . Seicasí, sexa embora, pois oín a

un carreteiro: Padre, xa sabe vostede que non é o mesmo ter

razón que ter xustiza. Deixoume apalermado, pois non o lera

en Séneca semellante camastrón. Pero desde aquela manexei e

manexarei sempre ben tal sentenza, aínda mellor cá gemursa

do meu pé 6 . Daquela decateime de que vivía nun país onde

non era o mesmo ter razón que ter xustiza. ¿Onde estamos? dixen

eu. Desde aquela, deime un baño de misantropismo con

reflexión. ¿E quere Vosa Señoría que eu me esforce a escribir

razóns e que agarde do público algunha xustiza? Que o público

coma as súas xustizas, que eu comerei as miñas razóns.

O señor Duque estivo na miña cela, pero esqueceulle a

obra de Súa Señoría. Tempo resta para lela. E Vosa Señoría

tome o tempo que gustar para ler os tomos de Bergier 7 , pois

coido que non me cómpren para o Glosario. Ó señor don Filipe

mil cousas, 999 a todos os que preguntaren polo frade

comprado a misas. Diga Vosa Señoría que estou bo e coma

na miña casa, apurando o que non sabía a miña nai aínda

que era galega, lidando con galegos badulaques e contra literatores

brucolacios.

Adeus amigo, que o meu insigne gato Mizaldino me miaña

que deron as doce, e que el non quere ser escritor, mais

bibliotecario, que venter non patitur dilationem [o bandullo

non atura demoras]. Adeus amigo, que arrefrían os garvanzos.

Os meus respectos, etc. Remítome ó estilo de cartas.

5. Pola data da carta, debe referirse á obra Itinerario de las carreras de

posta dentro y fuera del Reino (1761).

6. Refírese á doenza que lle impedía camiñar.

7. “Bergier, Nicolás. Historia dos grandes camiños e calzadas dos romanos

(todo en francés, e ó final tamén trae as famosas Táboas Peutingerianas).

Bruxelas, 1736”.

353

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!