11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

9.2. Carta a Francisco Xabier

estudiar de cor a Gramática que nin saben latín, nin castelán,

nin galego. Asunto este que pide moitos pregos para descubrir

os crasos erros que se cometen nel. E, se cadra, estarán

algúns escritos.

Adeus.

Teu irmán, frei Martín.

[Martín Sarmiento. Epistolario. Disposto por Xosé Filgueira Valverde

e María Xesús Fortes Alén; Consello da Cultura Galega, Santiago de

Compostela, 1995; 115-16.]

350

Martín Sarmiento

Martín Sarmiento 9.3. Carta a Campomanes

[9.3]

[CARTA A DON PEDRO RODRÍGUEZ CAMPOMANES]

Recuncho de San Martín e 19 de setembro (San Xenaro) de 1761

Moi señor meu:

Dono, amigo e señor Don de Campomanes 1 .

Recibín a da Vosa Señoría ó tempo que estaba dándolle

unha volta ó meu Glosario burlesco galego-latino. Digo burlesco

pois sei que os que máis se han de moquear del e de

min han ser os galegos, se viren o glosario. A razón é palmar:

os galegos son obstinados en conservar as súas vellices, non

hai cousa, ou hai poucas, no glosario, que non lles parecese

nova. Novidades fóra, dirían: a lingua galega é aborixe e ab

origine mundi. Son inventadas e disparatadas cantas etimoloxías

quixer sinalar para as súas voces o frade que nos vendeu

o galgo de non querer ser abade de Ripoll 2 . Outros galegos dirían:

¿Glosario da lingua galega? ¡Xesús, que desatino! Ou este

frade virou licántropo ou pensa moquearse dos galegos. ¿Lingua

galega? ¿Onde estamos? Dirían outros que non son de Galicia.

Se en Galicia azoutan os nenos na gramática cando se

lles escapa unha voz galega á volta dun Petanlez, e ás veces

dun Petanler, á volta da volta susodita, e de xuso dada 3 .

¿Con que consciencia vén o frade a escribir seriamente

dunha lingua que non hai, e que é delicto falar dela? Ben se

coñece que a manía de escribir é invención de frades. Que es-

1. Pedro Rodríguez de Campomanes (1723-1803), na data da misiva era

ministro do Consello de Facenda, pouco despois chegaría a fiscal do Consello

de Castela (1762), e converteríase nun dos políticos máis poderosos durante

os reinados de Carlos III e Carlos IV. Coñecía Sarmiento desde a súa

chegada a Madrid (na década dos ‘40), e de feito frecuentou a tertulia que se

axuntaba na súa cela en San Martín.

2. Seis anos antes, en 1755, Sarmiento fora presentado polo monarca

para a abadía de Ripoll, un dos mosteiros benedictinos máis importantes de

España; cargo ó que Sarmiento acabou renunciando.

3. Ignoramos o sentido exacto desta oración, en particular o significado

do enigmático Petanlez /Petanler.

351

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!