11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

9.2. Carta a Francisco Xabier

[9. 2]

[CARTA A FRANCISCO XABIER SOBRE A EDUCACIÓN DE ALONSIÑO]

Martín Sarmiento

Martín Sarmiento

9.2. Carta a Francisco Xabier

[Madrid, 1758, xuño, 28]

Irmán Xabier:

Recibín a túa carta, e coido que se remitise a ese país un

método e atallo para salvarse, desprezaríano por non desemporcarse

dos seus podres usos e costumes, pois estímanos

máis cá salvación. Estou abraiado de que ninguén pensase en

ter un torno de fiar, sendo tan doado imitar o que remitín.

Non señore, acá non fiamos así.

Fólgome de que o rícino prendese en Tomeza e no xardín

de Castro. O rícino que vin e remitín ten a folla non coma

silveira, mais coma unha man cos dedos estendidos e case

coma o castiñeiro de Indias. Ó principio non se distinguen

ben as follas. Se o que me diches ten as follas da gra, é mágoa

que se deixase perder.

Fólgome de que Alonsiño e Matildiña vaian saíndo espelidos

para maldita cousa. Cómpre non aterrar a Alonsiño con

castigos nin espiritalo coa Compaña e outros espantallos.

Agarimo, premio e emulación deben ser os seus atractivos e,

sobre todo, ciencia e claridade, e arte en ensinalo, pois teño

evidencia de que hai moita falta diso en España. Agora que

aínda é neno, fai que o paseen e que vexa obxectos novos e

observables.

E quero que se lle aprenda a lingua galega con especial

coidado, ademais do que deba garlar cos outros nenos. Non

penses en que castelanice ata que saiba ben e con extensión

o galego. Non lle ensines voz ningunha galega de significado

que non toque con algún sentido exterior, apalpándoo, véndoo,

remirándoo, gustándoo e cheirándoo. Tampou- co xulgo

que o debas encamiñar a nome de cousa intelectual e que

non se ve, pois se nós nin aínda hoxe podemos formar idea

desas cousas, ¿que será confundir os nenos con esas voces?

Esas ó seu tempo as formará el. O principal é que se lle im-

348

priman as voces das cousas sensibles e visibles, que esas non

lle poden ocasionar confusións. O fondo principal dunha lingua

é a colección das voces da Historia Natural ou de todas

as cousas que Deus creou visibles. Así, pídoche que procures

que lle inculquen os nomes de todo o comestible de froitas,

grans, etc.; de carnes, aves, peixes, dándolle a probar o gusto

de árbores, plantas, flores, etc.; ensinándolle algún enredo

que lle guste coma o sabugueiro, a hedra, o croque, o xasmín,

etc.

É unha desalmada parvada poñer os nenos galegos na

xerga da Gramática antes de saberen con moita extensión a

lingua galega e todas as voces da Historia Natural, cando menos

das visibles do seu país. Repara en que ó portugués se lle

ensina o latín en portugués; ó francés, en francés; ó italiano,

en italiano; ó inglés, en inglés; ó sueco, en sueco; ó castelán,

só en castelán. Daquela, ¿que tiranía é que ó galego non se

lle aprenda en galego o latín? ¿Que fatuidade é que ó neno

galego se lle ensine unha lingua ignota en lingua castelá que

non entende? Habería que queimar todo libro de Gramática

que pasase a Galicia e que non estivese explicado en lingua

galega. Teño unha Arte de Nebrixa que se estudiaba en Francia,

pero a explicación está só en francés.

Teño evidencia de que un neno galego se xa sabe ben a

súa lingua, entrará como pola súa casa a entender latín, e

despois a entender o castelán mellor ca os mesmos casteláns.

E isto sen estudiar nada de memoria, que é o cocón e o que

promove a ignorancia e a aversión ás letras en España. Lémbrate

de Pepiña, que nos referiu aí todos os obxectos da procesión

do Corpus sen estudiar de memoria nin unha palabra.

É dobre fatuidade dicir que explicada a Gramática en castelán

se aprende castelán no camiño. A maior parte dos galegos

que falan, e ben, o castelán de memoria, xamais viron a Arte,

nin estudiaron seis palabras de memoria. O castelán só se

aprende coas conversas, cos libros e cunha viaxiña, non con

marear de memoria a Arte de Nebrixa. E o caso é que despois

de todo hai infindos galegos con catro ou cinco anos de

349

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!