11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

9.1. O deleite de ler no libro da natureza

códice non se atopa gralla ningunha, nin no texto, nin no

seu senso, nin na impresión.

O título do volume é Historia universal, en vivo, das propiedades

de todas as cousas creadas, e vén con láminas e figuras

perfectísimas que nin pintadas poderán ser mellores.

Notei que non ten licencia ningunha nin do Consello, nin do

Vicario, nin de ningunha Comunidade, e conseguinte a isto

tampouco non ten aprobación ou censura de Mestre, Doutor

ou Bacharel. Ocórreseme que se cadra será porque é libro

moi anterior á invención desas trapalladas de libros. Polo

mesmo, tampouco non ten taxa, pois para a miña idea non

hai prezo no mundo que lle poida corresponder. O limiar é

moi conciso e a obra ela mesma dedícase ó seu autor, ó revés

dos autores de pane lucrando que dirixen e dedican as

súas obras ou os seus soños, para matar a fame que os obrigou

a tomar a pena (por todos os visos venal) ou para adular

ó mecenas achegadizo e asemade pór de manifesto que iso

de tirar libros é o oficio máis doado que hai no mundo.

Ben sabe Vosa Excelencia que son afeccionado a ler

un libro cando é moi vello e de autor antiquísimo e que, ó

mesmo tempo, tamén teño gusto de ver un libro recén saído

do prelo cando é de autor de superior xerarquía. ¿Canto

non dera eu por ollar, cando menos polo forro, os volumes

que se desenterraron en Herculano? ¿Canto non dera por ler

os máis selectos libros que actualmente se imprimen en

Roma, París, Florencia, Londres, Amsterdam, etc.? Secomasí,

aquela arelada ledicia non chega á ledicia que experimento

fóra da miña cela de ollar e follear o dito códice, cando

menos pola ramada, polas follas e pola cortiza. ¡Cousa prodixiosa!

Só con ler algo nel xunto os dous gozos de ler e de

rexistrar o máis antigo que se leva escrito no mundo, e o

máis escolleito que se está a imprimir e reimprimir actualmente

en todo o orbe.

Abonda, Excelentísimo Señor, de alegoría. Quero dicir

que vivo feliz fóra da miña cela, nesta vila, vendo os barcos e

infindos obxectos que Deus creou, e que son materia dunha

346

Martín Sarmiento Martín Sarmiento

9.1. O deleite de ler no libro da natureza

universalísima Historia Natural, que é o códice propio. E, aínda

que non son quen a comprendelos, rebórdame o deleite e

o contentamento só con velos, admiralos e facer sobre eles

algunha que outra lixeira observación. Todo canto vía, lía, ou

tiña nos meus andeis figúraseme nada, comparado co que

aquí contemplo dunha soa ollada ou cun só paseo.

347

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!