11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

8. Discurso apoloxético

340

Martín Sarmiento

o Divertimento erudito en portugués do padre Pacheco, descubrirán

esas dúas persoas un largacío campo no cal conseguirán,

a pouco custo, tomar unha tintura de todas as ciencias

e artes cunha mediana explicación. Saíu xa hai tempo en París

unha obra co título Encyclopaedia que á letra significa in circulo

doutrina ou curso de artes e ciencias 12 . Non teño ese

numeroso xogo e xa a Inquisición tomou a man para atallar as

perniciosas resultas da lectura desa obra infame.

180

Non sei se o padre Pacheco ideou un índice universal

alfabético para toda a súa obra despois de que a remate. Ese

índice universal alfabético non ten os defectos dos outros

vocabularios, pois debe ser moi lixeiro e unicamente para reclamo

ó número onde se trata da voz e da cousa. Suposto o

reclamo, deben lerse todas as voces e cousas da clase citada.

Á vista do padre Pomey e do padre Pacheco, seranos doado

formar un completo onomástico da lingua galega por onde os

nenos galegos deben comezar todos os seus estudios despois

de saberen ler, escribir e contar e antes de soñaren tomar na

man libros de Gramática. [181] Cando o neno galego estivese

desocupado, debe ir repasando, para consigo e de memoria,

todas as clases de cousas e voces que xa soubese polo que

toca á Historia Natural, v. g., polas aves, peixes, cuadrúpedes,

metais e pedras, e pola agricultura e botánica ou vexetais. O

modo será dividir por capítulos as clases e por artigos as cousas,

e as voces por un pequeno alfabeto. [182] De todos estes

pequenos alfabetos particulares debe compoñerse ó último o

alfabeto universal de toda a obra, que sirva unicamente de

rexistro do que xa teña repasado e entendido. Non hai ciencia

especulativa, non hai arte liberal, non hai oficio mecánico

12. Refírese á célebre Encycplopédie, ou dictionnaire raisoné des sciences,

des arts e des métier, obra emblemática da Ilustración francesa, que

comezou a vir a lume en 1750, e completouse, ata 28 volumes, en 1772.

Martín Sarmiento 8. Discurso apoloxético

que non teña unidas as súas voces en portugués no Divertimento

erudito do padre Pacheco. Eu repasei eses tomos e

case son galegas todas as súas voces, fóra de tal cal pronuncia

portuguesa que o neno galego con facilidade poderá reducir

á súa lingua nativa.

183

No tomo segundo do Divertimento erudito do padre Pacheco,

desde a páxina 782, están os termos ou voces das matemáticas

e con bastante extensión para facerse cargo dos seus

significados. É moi certo que se un sabe todos os termos que

xogan nas matemáticas, saberá a pouco custo as mesmas

matemáticas que se ensinan nos Estudios e Universidades.

Creo firmemente que para estudiar con fundamento unha

facultade é preciso seguir o meu método ou sistema, e é o de

saber, ante todas as cousas, todos os termos ou voces que

xogan nesa facultade e con coñecemento dos seus propios

significados. [184] Pola contra, o que quixer estudiar unha

facultade segundo o vulgar método das escolas, consumirá

dous ou tres anos de tempo en escribir parágrafos e máis

parágrafos e acabará o curso sabendo ó final dúas ducias de

voces e a penas unha ducia de cousas, e aínda esas cousas

xamais as penetrará ben, non sendo na súa propia lingua nativa.

As cousas explicadas en lingua latina é o mesmo para un

neno galego que explicarllas en grego ou en moscovita.

M. Sarmiento, Discurso apologético por el arte de rastrear las

más oportunas etimologías de las voces vulgares. Madrid, 20 de outubro

de 1770.

341

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!