11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

8. Discurso apoloxético

336

[8.10]

[MATERIAIS PARA O ENSINO EN GALEGO]

Martín Sarmiento

166

Se o Onomástico trilingüe de galego, latín e castelán se

forma como eu propoño, apalparase a abundancia de voces

galegas vulgares que se falan no Reino de Galicia. E se os rapaces

galegos penetran o dito Onomástico, saberán en breve

a Historia Natural e terán unha idea científica de todas as

cousas que Deus creou para Galicia de pedras, metais, minerais,

fósiles, vexetais, peixes, aves, cuadrúpedes, sabandixas

e insectos, etc., e apalparán que os estudiantes que gastaron

catro anos na Gramática de nada do dito terán idea ningunha.

[167] Pregunto: se os nenos galegos conseguen saber en

menos dun ano, sen estudiar nada de memoria e á letra e

sen pasar polos rigores do castigo cruento, conseguen saber,

digo, e tocar coas súas mans e sentidos exteriores, non só as

voces como as cousas mesmas da Historia Natural que Deus

creou en Galicia, ¿que estudiante de universidade, nin que

catedrático saberá, despois de tanto estudio, o que saberá un

neno galego? Será un prodixio que ese neno reconte de

socato todos os peixes, aves e animais, o que non fará ningún

barbado.

168

Non importa que Deus non creara en Galicia todas as

especies e diferencias dos mixtos da Historia Natural que

están espalladas polas catro partes do mundo. Non hai

nación, rexión ou provincia que teña todas as especies. Galicia

ten moitísimas, e as principais, e das que non ten poderá

saber o nome propio polos libros da Historia Natural en

común e facer algunha idea da cousa pola comparanza que

os autores fan dos descoñecidos mixtos cos mixtos coñecidos

ou que se crían en Galicia e nas súas veciñanzas. Nada se

coñece senón por comparanza. [169] Gesnero, Aldrovando,

Martín Sarmiento 8. Discurso apoloxético

Jonston, Dioscórides, Jorge Agricola 10 , etc., son os autores clásicos

da Historia Natural. A pouco que os nenos galegos rebeiren

neses libros, aínda que sexa enredando, farán idea das

cousas que non se crían en Galicia e se aproveitarán das láminas

e dos nomes e dos seus sinónimos. De camiño, tomarán

unha tintura das propiedades, virtudes medicinais e usos

das cousas naturais. E iso abondará para infundir nos nenos

unha afección ós libros, ás ciencias e ás artes.

170

Todo o que non for ir preparando os nenos co estudio

para que por si adianten algo nas artes e ciencias, é perder o

tempo no estudio. Non todos os nenos que se poñen ó estudio

sairán aptos e con xenio para as ciencias. Deberían examinarse

antes, e os que fosen totalmente prosmas, deberían

10. “Gesnero, Conrado, De Animalibus, polo alfabeto. Francfort, 1602.-

De Avibus, polo alfabeto. Francfort, 1604”.

“Aldrovando, Ulysses, Libri XII de Avibus, os seus tres tomo en un. Francfort,

1610.- De Quadripedibus Solipedibus, un libro e un tomo. Francfort,

1623.- De Piscibus libri V et de Cetis liber I. Francfort, 1634.- De Insectis libri

VII. Francfort, 1623.- Ornithologiae tomus tertius ou os libros 19 e 20 De Avibus

Aquaticis. Francfort, 1634.- Crustaceis, Testaceis e Zoophytis libri IV.

Francfort, 1623.- De Quadrupedibus Bisulcis, o libro 1 con 1.040 páxinas.

Bononiae, 1642.- De Digitatis Viviparis libri III e De digitatis oviparis libri II.

Bononiae, 1645.- Aínda hai que engadir a esta lista Montalban, Ovidio, Dendrologia

(de Aldrovando) liber I de Glandiferis e Libri II de Pomiferis (son só

dous tomos, pois non son máis; tratan a cousa con infinda extensión). Bolonia,

1668”.

“Jonston, Juan: o seu tomo II que ten seis libros De Avibus con 62 láminas;

II libri de Serpentibus et Draconibus, con 12 láminas. Amsterdam, 1657.-

Thaumatographia naturalis (10 clas.), Amsterdam, 1633.- De Piscibus; Naturae

Constantia, Amsterdam, 1634”.

“Dioscórides, Opera omnia Graeca-Latina libri V: 1 De venenis e 2 De

Medicamentis euporistis, seu facile parabilibus, con versión e notas de Juan

Antonio Saraceno. Francfurt, 1598.- Dioscorides, coas Enarrationes de Amato

Lusitano e con annotationes de Roberto Constantino, León, 1558, con figuras.-

En castelán, cos comentarios de Andrés Laguna e adicións de D. Francisco

Suárez de Ribera, Madrid, 1733”.

“Agricola, Jorge. De re metallica libri XII e De animalibus subterraneis,

Basilei, 1556”.

337

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!