11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

8. Discurso apoloxético

334

Martín Sarmiento

en lingua moi culta. Non esaxero se digo que teño oído diferentes

veces a un erudito castelán que nunca estivo en

Galicia, sentíndome a min algunhas expresións puras galegas,

que as tales tiñan moito de gregas e áticas, enfáticas e

poéticas. Non o estraño, pois Silio Itálico xa supón que os

antigos galegos eran moi dados ó canto e á poesía, e é de

sentir común que os gregos que acompañaron a Teucro

(que Plinio chama en Galicia pobos helenios) saíron de Salamina,

illa da Ática. É famoso o texto de Plinio que di: Graecorum

sobolis omina [“Todo procede dos gregos”]. [145]

Sendo os galegos tan obstinados nos seus costumes, non

debe estrañar que aínda hoxe conserven no seu idioma reliquias

dos antiquísimos gregos.

[8.9]

[LITERATURA EN LINGUA GALEGA: O CURA DE FRUIME]

162

Téñase presente a demarcación que ó comezo fixen de

todo o Reino de Galicia en oito territorios ou semi-bispados.

Non se pode dubidar que sempre houbo en Galicia, e hai

hoxe, e haberá, homes para todo: santos, militares por mar e

por terra, literatos, eruditos e curiosos de antigüidades. Nos

arquivos de Galicia consérvanse os máis preciosos monumentos

da antigüidade, xa en prosa, xa en verso, xa latinos, xa

galegos, xa casteláns. Polos anos de 1640, un crego de Galicia,

en nome dun labrego, sacou as famosas coplas en galego que

comezan: Santo da barba dourada8 . O labrego apostrofa a

Santiago, que está no altar maior e a súa imaxe ten as barbas

douradas. [163] Esa expresión ex abrupto é singular da lingua

galega comezando por vocativo, coma a outra vulgar:

8. Refírese ás ‘Décimas ao apóstolo Santiago’, composición de Martín

Torrado, párroco de Urdilde, escrita c. 1617.

Martín Sarmiento 8. Discurso apoloxético

Santo san Justo da Fraga

Casamenteiro das vellas

¿Por que non casais as mozas,

Que mal vos fixeron elas?

A outra expresión a Santiago di “Raís e fillo do trebón,

etc.”, aludindo ó epíteto Boanerges con que Cristo aplaudiu ós

fillos do Zebedeo (Filii tonitrui), e a que cantaban as mulleres

a san Xoán de Poio cando volven do xubileo de Santiago:

Santo san Juan do Poio

Que estais na vosa capilla

Mándache muitos recados

Santiago de Galicia.

164

Estas e outras expresións son puramente galegas. E así as

celebran os casteláns e gustan moito de oílas. Un cabaleiro

moi erudito pediume as coplas “Santo da barba dourada” para

copialas, e a este teor outros copian outras e as estiman.

165

Ben coñecido é hoxe en España, e aplaudido, o abade

de Fruíme, xunto a Noia, polas súas poesías en galego, castelán

e latín; e a un castelán moi erudito, e que ten voto na

materia, sentín que lle chamaba o poeta galego9 . Tamén oín

que se pensa en imprimir todas as súas poesías. Se se imprimisen

esas obras, deben lelas con frecuencia os rapaces galegos,

e dese xeito se imporán mellor no proxectado

Onomástico trilingüe. Algúns curiosos de Galicia recolleron

diferentes coplas en galego e gárdanas moito. Sería bo que

esas se comunicasen para adornar o Onomástico.

9. Refírese a Diego Cernadas de Castro (1689-1777), prolífico poeta e

publicista, autor dunha obra que enche sete volumes, publicados postumamente

(1778-1781).

335

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!