11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

8. Discurso apoloxético

[8.8]

[Ó LATÍN POLO GALEGO]

138

Con esta preparación previa entrará o neno na Gramática.

O seu principal coidado e asunto será ir recollendo todos os

días as voces galegas, polo menos dez cada día, que compoñerán

o Onomástico galego, latín e castelán. O latín e o castelán

debe poñelo o catedrático. Deste xeito, o neno galego

farase cargo de case todas as voces galegas, latinas e castelás

sen estudiar nada de memoria e á letra, senón de sentido.

Máis aínda, a pouco que o neno galego advirta, observe e

reflexione sobre as palabras e letras das voces latinas e castelás

correspondentes ás voces galegas, lle saltará ós ollos a

conexión desas tres linguas e as recíprocas etimoloxías. [139]

Poño exemplo comparando os tres mixtos da Historia Natural

da clase de animais, aves e peixes: vaca, galiña e sardiña.

touro = taurus = toro

vaca = vacca = vaca

boi = bos = buey

galo = gallus = gallo

galiña = gallina = gallina

polo = pullus = pollo

sardiña = sardina = sardina

140

Coa soa vista natural e sen estudiar nada de memoria, faise

clara idea das vinteúnha voces das tres linguas e da conexión

delas entre si. De camiño saltarán ós ollos algunhas

etimoloxías doadas e se preparará o neno galego para rastrexar

outras etimoloxías máis recónditas, pois este estudio, coma

todos os demais, debe comezar polo máis fácil e que está á

vista. [141] Neste plano das vinteunha voces apálpase a harmonía

que teñen as tres linguas, latina, castelá e galega; e se ós

nenos se lles sabe ensinar ben unha das tres, eu fío que se

332

Martín Sarmiento

Martín Sarmiento 8. Discurso apoloxético

farán cargo das tres en virtude dun bo onomástico trilingüe. ¿E

cal lingua das tres se debe ensinar primeiro ós nenos? Digo

que se son galegos, dicta a razón natural que sexa a galega que

co leite mamaron, pois a latina é lingua morta para eles e a

castelá élles forasteira e case bárbara na pronuncia. Os mesmos

casteláns confesan que a lingua galega é moi doce e dondísima,

en especial en boca de mulleres e de nenos, e é porque

aínda conserva moitos retallos e frases da lingua latina, a súa

matriz e nai, e da cal é o máis nobre e antigo dialecto.

142

Aquí se apalparán as moitas e grandes utilidades que

poderán conseguir os nenos galegos se se lles ensina o

latín por onomástico e comezando pola lingua galega. Ensinándolles

coma ata aquí, consumirán tres ou catro anos e ó

cabo perderán o seu idioma nativo; xamais saberán latín,

pois a penas saberán dúas ou tres ducias de voces latinas

cos seus significados en castelán; todo se reducirá a saber

de memoria e coma un paxariño media ducia de regras

gramaticais en latín que de nada serven senón para perder

o tempo. [143] Non fago aprecio do espantallo da lingua

castelá como que esta se precise para estudiar latín. O castelán

debe aprenderse pola viva voz e comercio de casteláns

con galegos. Así, saben máis castelán os galegos que

xamais estudiaron Gramática ca os que a estudiaron. Nas

vilas muradas de Galicia non sobra outra cousa que casteláns

habitantes nelas, e así é doado aprender co comercio

o castelán. Pouco importa que os aldeáns xamais saiban o

castelán nin o latín como saiban ben o galego para explicaren

ben os seus conceptos.

144

Non hai galego ningún, por aldeán e rústico que for,

non hai muller nin neno ningún, que non saiba explicar no

seu galego nativo todo canto outro home racional explique

333

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!