11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

8. Discurso apoloxético

328

Martín Sarmiento

pois non é traballo para un só. Por iso non haberá xamais diccionario

completo da lingua castelá en canto non se tome o

arbitrio de dividir todo o territorio de Castela por bispados e

partidos e que en cada un haxa homes que apunten e recollan

as voces singulares que se falan nese partido.

125

As voces que se achan nos vocabularios son as que se

recolleron dos escritos, non as que fala vulgarmente o pobo.

Son vocabularios do castelán escrito, non do castelán falado. ¿E

cando se verá un vocabulario das voces que só se falan vulgarmente?

As linguas mortas dependen dos doutos, pero as linguas

vivas e que se falan só dependen do capricho do uso

popular: Si volet usus / quem penes arbitrium est et jus et norma

loquendi7 . O modo e norma de falar deber ser segundo o

pobo, que fala natural e vulgarmente, non segundo este ou

outro escritor. [126] Os traductores deturparon o idioma vulgar

castelán que se escribe e non chegaron ó que se fala. Ata agora

non vin traducción de lingua estraña vulgar ó vulgar galego

que antigamente se escribía, nin ó vulgar que actualmente se

fala en todo o Reino de Galicia. Deste modo, poderán formarse

dous diccionarios do galego puro, un alfabético de todas as

voces e outro onomástico de todas as cousas naturais e artificiais

dispostas por clases e con conexión. Sobre este onomástico

vai fundado todo o meu sistema para as etimoloxías das

voces galegas e a súa reducción ás raíces latinas.

127

Do arroz dise que é máis gorentoso e sabedeiro canta

máis cantidade del se guisa, o que sucede nunha comunidade

numerosa. Non así cando só se guisa en cantidade curta en

casa dunha particular familia. Hai escritos que cando concorren

moitas mans para compoñelos saen máis cabais e perfectos

que cando só concorren poucas mans para a súa fábrica.

7. Véxase texto 6, § 46.

Martín Sarmiento 8. Discurso apoloxético

Os vocabularios son dese xénero de escritos que piden moitas

mans, e en especial se a lingua é viva e vulgar, pois un

home, nin dous, nin tres poden recoller tantas voces como

fala o pobo. Por non atender a isto, algún vocabulario saíu

diminuto nas voces.

128

Os innumerables veciños que habitan os oito partidos

que sinalei para Galicia poderán servir de moito apuntando

nos oito pregos ditos as voces que se lles ofrecesen no falar e

que non se usan noutro partido. Os catro partidos primeiros,

por seren marítimos, deben ter conta de todo xénero de peixes,

cunchas, mariscos e aves de mar e de río e de animais

mariños e de plantas que nacen no mar, en ríos, lagos e lagoas

ou areais. [129] Os catro partidos restantes deben de

empregarse, por habitar en terra, montes, bosques e despoboados,

en observar todo xénero de animais cuadrúpedes,

todo xénero de aves de rapina, nocturnas, domésticas e de

canto; todo xénero de sapos, cobras, insectos e sabandixas.

Eses mesmos observarán metais, minerais, fósiles, terras,

betumes, pedras e pedras preciosas e todo xénero de vexetais:

árbores e arbustos, froiteiras, froitos, frútices, plantas,

herbas silvestres, hortenses, legumes, hortalizas, velenos e

contravelenos, licores, leite, viño, vinagre, etc.

130

Ata aquí, un trazo dos mixtos da Historia Natural e de

todo o que Deus creou, que son as cousas principais do onomástico

galego. Despois deben seguir as clases das cousas

artificiais que fabricaron os homes. E pola súa orde os instrumentos

das artes mecánicas. E xa que a agricultura toca á

ciencia e á arte primitiva do home, e a súa materia é a terra

que Deus deu ós nosos primeiros pais, deben de ir diante os

aveños, ferramentas e artificios de que o home se vale para o

cultivo da terra ou agricultura. [131] Despois, seguindo as

329

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!