11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

8. Discurso apoloxético

326

Martín Sarmiento

non galegos e casteláns; meiriños, xuíces, escribáns, curas de

almas, etc., eran provisións de casteláns, e a penas se daba

algún emprego a galegos naturais.

119

Claro está que ningún deses empregos podería actuar no

idioma galego, nin entender tampouco o actuado. Irmáns,

sobriños, primos, parentes, paisanos e criados dos presenteiros

cargaban con todos os empregos e case ó mesmo tempo

se introduciu a Audiencia da Coruña e con iso aumentou o

número dos que en Galicia nin falaban nin entendían galego,

e así se introduciu o abuso de escribir e actuar en castelán. E

ese abuso no espiritual aínda hoxe é pernicioso para o sacramento

da penitencia, no cal un se confesa en polaco e outro

o amoesta en arábigo. [120] Está escrito que Temístocles non

quixo pasar por embaixador perante o rei de Persia se antes

non se tomaba o tempo preciso para entender ben a lingua

persa, falala e pronunciala. Son moitos os erros e gracias que

suceden no sacramento da penitencia por non entenderen os

confesores a lingua galega dos rústicos vulgares; o mesmo

a proporción sucedía cando un castelán ensinaba Gramática a

un neno galego, e sucederá se non se atalla ese abuso e será

maior se o catedrático non sabe a lingua galega, se non é de

por vida e se cada ano se mudan dous ou tres catedráticos

como camisas diferentes. Hoxe os cataláns escriben as súas

cousas na lingua vulgar catalana.

121

Suposto isto, tamén os cataláns formaron o seu diccionario

alfabético da lingua catalana. Non é moito, pois, que tamén os

galegos formen o seu diccionario alfabético da lingua galega e

das voces que se usaron e vulgarmente se usan en diferentes

partidos do Reino de Galicia. Así será fácil formar despois o

onomástico no cal se recollan por clases todas as cousas naturais

e artificiais, e ese onomástico será o principal para estudiar

Martín Sarmiento 8. Discurso apoloxético

a Gramática e caletrar mellor a lingua galega, latina e castelá,

que é o meu principal sistema, adornándoo todo de moitas etimoloxías

moi verosímiles.

[8.6]

[MÉTODO PARA COMPILAR O ONOMÁSTICO GALEGO]

122

O Reino de Galicia, segundo o último cálculo, ten o dobre

de almas de comuñón que todo o principado de Cataluña.

Este ten 413.000 almas e Galicia 848.000 mil. Ten Galicia un

arcebispado e catro bispados. E dividindo Santiago, Lugo e

Ourense en dous partidos, resultan oito partidos para toda

Galicia onde se fala a lingua galega con tal cal variedade.

123

O primeiro partido é todo o bispado de Tui; o segundo é

desde a ría de Vigo ata a ría de Padrón; o terceiro, o restante

de Santiago ata A Coruña; o cuarto, todo o bispado de Mondoñedo;

o quinto, desde Ribadeo ata O Cebreiro; o sexto, desde

O Cebreiro ata Valdeorras; Lugo, o sétimo, desde Valdeorras

ata A Limia; o oitavo, desde o río Limia ata acabar Galicia, bispado

de Ourense. Nestes oito partidos debe de haber polo

menos oito suxeitos espallados que saiban latín, castelán e que

sexan galegos nativos. Cada un destes terá un prego de papel

en limpo e dividido en oito columnas, como este prego en que

escribo, no cal se irán apuntando as voces vulgares galegas

que con singularidade se usan en tal partido e non noutro.

[124] Os que van entender e atender esa colección de voces

deben advertir que ata agora non hai vocabulario ningún completo

de lingua viva e vulgar das que se falan e escriben, nin é

posible achar home, por douto que sexa, que saiba unha lingua

vulgar en toda a súa extensión. Así, para un diccionario de

lingua vulgar deben concorrer moitos eruditos e non eruditos,

327

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!