11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

8. Discurso apoloxético

324

Martín Sarmiento

de linguas mortas para ensinar ós galegos a Gramática, artes,

ciencias e erudición.

[8.5]

[LINGUAS ESCRITAS / SÓ FALADAS]

113

Pero como Galicia ten tanta extensión de terreo, é inevitable

que nese reino haxa moitos subdialectos do galego

común. Silio supón o mesmo: Barbara nunc patriis ululantem

/ Carmina linguis4 . E nótese patriis linguis. Aínda hoxe sucede

en Galicia que, segundo os diferentes horizontes, hai xa

diferencia no idioma vulgar, nas expresións e na pronuncia,

etc. Isto non quita que o galego común non o entendan

todos, fóra de tal cal voz peculiar daquel país respectivo. [114]

É da miña observación que as linguas vivas que só se falan e

non se escriben son máis abundantes de voces que as que se

escriben e se falan. A razón é palmar. Os que escriben unha

lingua viva son polo común letrados e así, escríbena e a imprímena

sen facer caso do pobo, e por iso son tan escrupulosos

que non usarán voz ningunha que non ande impresa. Ó contrario,

os que só falan esa mesma lingua viva son polo común

iletrados e non fan caso do que se imprime, pero do que

todos falan. E de todo infírese que cos letrados se perden as

voces e cos iletrados aumentan. Consiste isto en que o pobo

forma moitos derivados de nomes ou verbos, pois ten autoridade

para iso, a que non ten un escritor particular.

115

Do mesmo dedúcese que as linguas que non se escriben

e só se falan, medran en voces deducidas da mesma lingua, e

4. ‘Ouveando bárbaros cánticos nas súas linguas nativas’. Silio Itálico (25-

101 d.C.), rexistrado na biblioteca de Sarmiento: “Lib. XVII de Bello Punico

Secundo, con longos comentos de Claudio Dausquio. París, 1618. Item:

Manual, Amsterdam, 1631”.

Martín Sarmiento 8. Discurso apoloxético

as que se escriben, ou non medran, ou só medran en voces

estrañas, bárbaras e exóticas que nunca foron da lingua primitiva.

Por curiosidade xuntei e escribín as voces galegas

dunha soa cousa, isto é, dun home pailán, e xuntei cen voces

que oín en Galicia. Disto non hai exemplo en linguas que se

escriban e se falen 5 . [116] Dirán algúns que todo canto dixen

para introducir e promover en Galicia a lingua galega que

actualmente se fala e non se escribe, ou é un fantástico paradoxo

ou vai fundado no aire. Dirán, pois, que a lingua galega

nin ten gramática, nin diccionarios, nin hai cousa escrita nesa

lingua. Esta razón supón en falso que non hai escritos en

galego. Se se rebeiran os arquivos, atoparanse neles máis

escritos en galego do que en castelán.

117

O Cancioneiro de don Afonso o Sabio, que contén as

súas coplas en galego puro. A Crónica xeral, que chaman a

Galega, coetánea da Chrónica general de España. Nos arquivos

consérvanse carros de escrituras en galego de foros, arrendos,

doazóns, compras, apeos, etc., e nos oficios dos escribáns

haberá moitos máis intrumentos escritos en galego puro antes

de Carlos V. A Gramática poderá suplirse pola portuguesa do

padre Pereyra mentres non se fai unha nova e os vocabularios

servirán de moito o do padre Bluteau e para onomástico o do

padre Pacheco6 . [118] Despois da lei de don Afonso o Sabio,

que mandou que todos os instrumentos públicos se escribisen

non en latín, mais en vulgar castelán, todos se escribiron en

Galicia en galego ata Carlos V. ¿E por que se omitiu isto? Direi

a miña conxectura. En tempo dos Reis Católicos incorporáronse

os mestrados das ordes militares na Coroa. Sucedeu a reforma

dos monxes negros e a dos monxes brancos precedera o

ano de 1440, e con esta ocasión anegouse Galicia de homes

5. Véxase texto 7, § 455-59.

6. “Pacheco, Fr. João. Divertimento erudito, 4 vols. É coma unha reducción

do Vocabulario de Bluteau por orde de materias. Lisboa, 1734 e 44”.

325

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!