11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

8. Discurso apoloxético

[8.4]

[O ONOMÁSTICO TRILINGÜE GALEGO-LATINO-CASTELÁN]

103

Isto non é quitar de todo os diccionarios alfabéticos.

Poderán ter o seu uso útil, non para saber de raíz, mais para

procurar o que se quere saber. Así, ó último dun onomástico

galego debe haber un vocabulario alfabético de todas as cousas

que contén o onomástico, para buscar e saber ónde a

fundamentis se trata desa cousa. Outra sólida utilidade se

segue de manexar onomásticos, e é facerse cargo desta ou da

outra facultade, pois de manexar vocabularios alfabéticos só

se consegue confundilo todo, saber pouco e iso moi superficial

e sen método.

107

O primeiro, pois, que se debe facer para o meu sistema

é fundar un onomástico completo e universal en tres columnas.

Na primeira estarán as voces galegas puras, na segunda

os latíns correspondentes, e na terceira os casteláns equivalentes.

Dese xeito estúdianse a un mesmo tempo tres linguas,

galega, latina e castelá, sen estudiar de memoria e sen temor

ó castigo. Con só repasar algunhas veces e só de sentido o

onomástico, conséguese todo. [108] Para formar o proxectado

onomástico galego deben concorrer moitos. Primeramente

o que será o catedrático, pois debe ser galego natural,

mediano latino e que saiba a lingua castelá. Ese catedrático

non deixará pasar día que non adquira unha nova voz galega,

ou de viva voz ou por escrito, para aumentar o onomástico

galego. En segundo lugar, cada discípulo debe ter a

pensión de concorrer cada día con media ducia de voces

galegas das que oe, xa de cousas naturais, xa de cousas artificiais.

Antes era delicto que un estudiante galego soltase unha

voz galega. Iso, no meu sistema, ten que ser moi laudable.

322

Martín Sarmiento

Martín Sarmiento 8. Discurso apoloxético

109

O catedrático debe dedicarse ó gustoso estudio das etimoloxías,

e as que coñecese que son evidentes, debe ir inculcándollelas

ós discípulos para írense afeccionando a ese

xénero de literatura, pois eu sei que se pode reducir a principios

matemáticos pola constante analoxía da transformación

dunhas letras noutras. Da voz grega e latina cythara formouse

o galego guitarra. Da voz grega e latina cytisso formouse o

galego vulgar codeso. Do nome latino vicia formouse o galego

puro veza. [110] É inexplicable o gozo que un percibe cando

dunha voz pura galega ou pura castelá vulgar acerta a etimoloxía

nunha raíz de pura latinidade. Da voz latina Ficus bifera,

que significa levar dúas veces o froito, tómase a raíz bifera;

desta orixinouse o galego puro bevra e o puro castelán breva.

Sabendo esta orixe, quedan na memoria, tenazmente e a un

mesmo tempo, as tres voces, latina, galega e castelá, coa súa

etimoloxía e propiedades.

111

Isto todo xunto nunca se saberá polos diccionarios alfabéticos

onde están desvencelladas as voces e as cousas, como

vasoiras desatadas. Aquí apálpase que non pode haber home

erudito que non sexa dedicado ó estudio das etimoloxías e

que nunca pasará por douto o que aborrece ese estudio. Tal

vez con ese estudio se resolverán as cousas cando se explican

en lingua estraña ou cando se estudian na súa lingua propia e

nativa. E se a esas voces se lles engaden as súas etimoloxías,

non só se entenden mellor as cousas, mais tamén se comprenden.

[112] Se a un neno galego se lle explica unha historia ou

fábula en latín puro ou en puro castelán ou en galego puro,

¿haberá algún que diga que o galeguiño non entenderá mellor

a historia na súa lingua nativa e que mamou? E isto aínda que

sexa discípulo que teña estudiado por Nebrixa. A lingua latina,

canto máis pura, é xa lingua morta para o castelán e o galego.

A lingua castelá, canto máis pura e antiga, é case lingua morta

para o galego. E é cousa vergoñenta que se valesen os homes

323

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!