11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega

autor participou dos primeirísimos esforzos para rescatalas do

completo esquecemento en que caeran.

Como logo veremos, o noso autor foi, sen lugar a dúbidas,

un filólogo; pero a gran novidade da súa obra reside en

que concedeu unha importancia desusada á lingua falada, moi

especialmente á lingua falada polo pobo ‘inculto’, sen prexuízos

nin pretensións normativas. De feito, na súa producción

intelectual é posible distinguir dúas grandes etapas, coas súas

correspondencias na vertente literaria (usamos o seu propio

termo). A primeira etapa, que chega ata 1745-50 caracterízase

polo traballo basicamente ‘de gabinete’, libresco, con claro predominio

da focaxe filolóxica sobre a lingüística. Neste período,

as súas preocupacións oriéntanse polo costado da arquivística e

a biblioteconomía, a diplomática e a historia literaria. A segunda

etapa, que arrinca de 1745-50, caracterízase polo traballo aplicado,

orientado á pescuda ‘de campo’; con predominio da focaxe

lingüística sobre a filolóxica. Durante esta segunda etapa, as

súas preocupacións amplíanse extraordinariamente cara ás ciencias

da natureza (especialmente a botánica) e a xeografía, e no

campo das ‘letras’ diríxense á lexicografía, a etimoloxía e a

toponomástica.

Dentro da orientación decididamente sensualista e empirista

do seu pensamento, Sarmiento dirixe os seus estudios

cara ó léxico e á historia da lingua. A filosofía sensualista ocupouse

extraordinariamente da linguaxe, e un dos temas de

reflexión que aparece decote é o da imperfección das linguas

naturais, imperfección que se considera unha fonte de continuos

malentendidos (Aarsleff 1975, Harris & Talbot 1989). Un

tópico da filosofía da linguaxe sensualista é a aposta a prol da

etimoloxía, pois coidábase que esta permitiría averiguar a

‘verdadeira’ significación de cada vocábulo, e, por esta vía,

acochábase a esperanza dunha completa repristinción das linguas

que devolvese as palabras á súa primitiva significación,

cegando deste xeito unha das principais fontes da súa imperfección.

A verdade é que este tipo de especulación non aparece

explicitada nos escritos de Sarmiento, pero atópase

34

Henrique Monteagudo Henrique Monteagudo Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega

tacitamente por baixo das súas angueiras de etimoloxista. Por

parte, os estudios etimolóxicos encaixaban perfectamente coa

abordaxe filolóxica dos textos, pois obrigaban a considerar a

evolución dos usos e da forma de cada palabra, verificándoos

nos escritos de distintas épocas da historia do idioma en que

estas aparecían. Isto último obrigaba a un coñecemento histórico

detallado, tanto no aspecto material coma no espiritual,

pois só este permite determinar o significado exacto dunha

palabra en cada momento da súa deriva.

No tempo de Sarmiento non existía unha Lingüística histórico-comparada

(invento este tamén decimonónico) preocupada

de establecer os principios ou leis xerais da evolución

fónica da lingua e de descubrir as regularidades ou a sistemática

da súa evolución gramatical. Pero el mesmo, a partir da

observación da evolución dun número importante de casos

particulares (palabras), seguindo o método inductivo, tentou

establecer unhas leis xerais de evolución fonética (Elementos

etimolóxicos segundo o método de Euclides), onde aparecen

algunhas intuicións anticipatorias, ó lado, inevitablemente, de

propostas disparatadas.

En resumo, salientariamos tres aspectos da obra lingüística

de Sarmiento que constitúen novidades na súa epoca e

nalgúns puntos adiantan os camiños por onde evoluiría a lingüística

posterior:

1) A atención prestada á lingua falada e ás variedades

lingüísticas non canónicas. Isto convérteo en precusor da dialectoloxía.

Tamén lle permitiu recoñecer sen prexuízos a lingua

galega na súa individualidade e na súa dignidade.

2) A posta en relación da variación lingüística sincrónica

ou horizontal (basicamente, xeográfica) coa variación lingüística

diacrónica ou vertical (histórica). Aí reside a chave do

método da lingüística histórico-comparada, o paradigma que

revolucionou os saberes sobre a linguaxe no século XIX.

3) Se a configuración de saberes lingüísticos coetáneos impuxo,

nun senso, certas limitacións nas pescudas de Sarmiento,

noutro senso facilitoulle achados que desde a Lingüística actual

35

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!