11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

8. Discurso apoloxético

de sentido e comprensión. Isto de obrigar os nenos a estudiar

algo de cor é invención de pedagogos para mortificalos e

para que collan aversión e odio ó estudio, e se hai castigo de

vareadas, para que enxeiten o estudio e o mestre e todo

libro. No Xapón non se azouta os nenos que estudian, pois

os xaponeses son máis discretos no ensino.

97

Os mestres dos nenos xaponeses nunca pensan mover as

súas tenras vontades ó estudio con látegos e xostregadas,

senón con enganos inocentes, con galanos, con premios e

con representarlles os famosos feitos dos seus antepasados,

ou verdadeiros ou finxidos, para que os imiten, e así son

valerosos, constantes e entregan a vida. Pola contra, en Europa

atérranse, conmóvense e fanse ineptos para todo. Horacio

supón que ós nenos para que estudiasen lles daban lambetadas

por mor de que aprendesen os primeiros elementos: ut

pueris olim dant crustula blandi / doctores elementa velint

ut discere prima. [98] Renego do home que ten que ser bo a

paos e do neno que debe estudiar con labazadas. O estudiar

de memoria e non de sentido é unha parvada. Ninguén se

lembra senón do que estudiou de sentido e comprensión. É

infindo o que saben os nenos sen estudiar de cor con só o

trato cos demais nenos nas rúas, e sobre todo no que atinxe a

relacións e coplas.

99

Non dubido de que as coplas se aprenden mellor de cor,

pero os contos interminables en prosa que contan… ¿cando,

onde e por que libros estudiaron os nenos de memoria e á

letra tanta prosa, versos e coplas? Este argumento é perentorio

contra os pedantes que declaman en favor do estudiar de cor,

pois ver que os nenos non precisaron de azoutas para estudiar

de sentido o moito que saben e repiten, evidencia que as

zorregadas, que son propias dos burricos de xeseiro, non se

320

Martín Sarmiento

Martín Sarmiento 8. Discurso apoloxético

deben aplicar ós nenos racionais para que estudien, a non ser

por algún delicto moral. [100] Dicir que con estudiar de cor se

exercita a memoria e que a letra con sangue entra é dicir dúas

necidades. Con estudiar de cor non se exercita senón a

paciencia do pobre neno, violéntase a súa vontade e ofúscase

o seu entendemento. Obsérvense os progresos que fai o neno

galego no primeiro ano do seu estudio segundo o meu sistema

e compárense cos que fai outro neno galego da mesma

idade e de iguais circunstancias segundo o inveterado sistema

de estudiar e véxase a avantaxe de qué parte está.

101

Este sistema inveterado e vulgar é o de estudiar de memoria

e á letra, e sempre co temor da azouta e por vocabularios

que sigan o albabeto ou polo ABC, e ademais diso por unhas

regras moi xerais en latín que por concisas non se entenden e

por difusas confunden a capacidade do neno. O meu sistema

ou método non ten os dous defectos ditos de estudiar de

memoria e das xostregadas sempre inminentes. Desterro todo

vocabulario alfabético e principio porque todas as regras gramaticais

se escriban en galego puro. E non debe de haber máis

vocabulario que o que chaman onomástico ou nomenclátor, no

cal estean os nomes galegos e as cousas deste mundo por clases,

con orde e conexión. [102] Os nenos, de calquera nación

que sexan, perciben mellor as cousas se se lles poñen os

exemplos con froitas. Supoñamos que nunha sala moi grande,

na cal haxa moitos caixóns cheos de todas as diferencias de

froitas, están distribuídas en diferentes, distintos e distantes

apousentos. Se todas as especies ou diferencias de mazás, v. g.,

se achan xuntas e unidas e coordinadas segundo a súa orde na

sala grande, e se esas mesmas se achan mesturadas e confundidas

con outras cousas nos apousentos, ¿quen dubidará que un

neno galego falará máis e mellor de mazás entrando na sala

que outro que ande polos apousentos? Esa diferencia, pois, hai

entre vocabularios alfabéticos e os onomásticos.

321

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!