11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

8. Discurso apoloxético

318

Martín Sarmiento

cía Saavedra, [o de] De Nobilitate 3 , e don Antonio Mouriño de

Pazos, bispo de Ávila e de Córdoba, presidente de Castela e

gobernador de España.

90

A primeira condición que debe ter o futuro catedrático é

que sexa galego da cima ó cabo e que sexa preferido o que

fose nacido, criado e habitante algúns anos da vila onde vai

ser catedrático ou do seu xiro, sen saír da diócese. Ese

emprego debe ser de por vida, e en caso de morte ou de

vacante, debe abrirse oposición para outro novo, e elixirano

os maxistrados da vila. Poderá ser clérigo ou secular, sen

máis emprego que o de dicir unha misa. [91] Non será malo

que antes de elixir o que vai ser catedrático, se tome informe

de vita et moribus del e da súa conducta moral, pois á fin vai

educar nenos e debe darlles exemplo. Tamén se debe examinar

de Gramática e latinidade ó uso do país e ademais diso

debe saber xa unhas cen voces galegas puras cos seus latíns

correspondentes e casteláns vulgares.

92

Isto de pedir que saiba cen voces galegas puras o catedrático,

cando non hai moitos anos que era delicto que a un

discípulo se lle escapase algunha palabra galega, é moi do

caso para establecer o meu novo e doado sistema de ensinar

lingua latina sen saír da galega e desterrar de Galicia a cruel e

tiránica barbarie de estudiar unha lingua ignota por outra lingua

descoñecida. Así, se o catedrático pensase en opoñerse,

debe pensar en irse informando da lingua galega que mamou

e que nunca o fará ben o que non se criou en Galicia nin

mamou co leite esa lingua patria. [93] Por outra banda, o

3. Juan García Gallego naceu en Pontevedra en 1532. Foi maxistrado da

Audiencia de Galicia. Deixou inéditos dous tratados, De Hispaniorum nobilitate

et Exemptione e De Expensis et meliorationibus, que foron dados ó prelo

polo seu fillo Juan García Saavedra en Madrid, en 1622.

Martín Sarmiento 8. Discurso apoloxético

mesmo catedrático debe ir examinando os que van ser os

seus discípulos, v. g., de ler, escribir e contar, da doutrina

cristiá en castelán, e sería mellor que o Padre Astete ou outro

calquera catecismo semellante se traducise en galego puro, e

que por ese catecismo galego se examinasen os nenos,

mulleres, aldeáns, etc., e se lles oíse de penitencia. Non se

cometerían tantos erros en Galicia. En Cataluña suspenderon

un crego porque non sabía o catalán. Ós que en América van

ser misioneiros teñen que estudiar as linguas bárbaras dos

fregueses.

94

Nisto apálpase o absurdo e desatino de admitir en Galicia

por curas a uns lampantíns que non son galegos nin

saben unha palabra da súa lingua. En Santiago hai confesores

políglotas que saben linguas estranxeiras para confesar a

peregrinos. Este asunto é de moita substancia e pide pronto

remedio, ou en sínodo ou en concilio. Se os veciños dunha

localidade manifestasen que non admitirán por cura de almas

o aventureiro que nin é galego nin sabe esa lingua con perfección,

non habería tanto restroballo en Galicia de curas

aventureiros.

95

Hei introducir en Galicia un sistema para restaurar a antiga

e nobilísima lingua galega, na cal descubrirei os tesouros

de antigüidade, erudición e literatura que encerra, ata disputar

á lingua latina moitas das súas voces que pasan xa por

perdidas e se conservan no vulgar galego. Unha desas voces

é solitas, -litatis, e dese teor hai outras moitas, e ben sei que

o modo de entender mellor o latín é recorrendo á lingua

galega pura. [96] [En virtude do dito sistema], o catedrático,

que ha de ensinar os nenos galegos a lingua latina, ó mesmo

tempo debe ensinarlles a lingua galega, e isto sen estudiar os

nenos cousa ningunha de memoria e á letra, mais unicamente

319

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!