11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

7. Elementos etimolóxicos

catalán. ¿E por que os bispos de Galicia non se deben cinxir a

esta xustísima lei?

440

É moi loable, sobre ser precisa, a lei de América segundo

a cal ningún sacerdote pode ter curato ou doutrina se

non sabe ben a lingua bárbara dos pobos que vai instruír.

Así, chaman políglotas ós que estudian moitas linguas bárbaras

para estaren aptos para este ou o outro curato. Eu aseguro

que se para os curas de Galicia houbese exame do que

saben do galego vulgar e suspendesen os que non o saben,

tería eu menos que persuadir sobre o estudio da lingua galega.

[441] Ademais da utilidade espiritual que se debe seguir

de que un crego saiba ben a lingua vulgar dos seus rústicos

fregueses galegos, seguirían outras moitas utilidades e proveitos

para o público e a sociedade humana. Se o crego,

ademais do devandito, é literato e curioso e amador da agricultura,

Historia Natural e Botánica, ¿cantos adiantos nesas

tres fundamentais facultades non poderá comunicar ós seus

fregueses? ¿E cantas conveniencias visibles non se poderán

seguir ó cura e ó aumento do seu curato se os mesmos fregueses

rústicos comunican ó seu mesmo cura, mediante o

vulgar galego, as súas prácticas, observacións e descubrimentos

nas tres facultades ditas?

441 BIS

O que digo do crego que non entende a linguaxe dos

seus fregueses e dos fregueses que non entenden a linguaxe

do seu crego poderá aplicarse a outros moitos que deben

tratar con galegos rústicos e non entenden a súa lingua. Non

falo do trato para contratos, comercio, vendas e compras.

Estes poderán executarse, aínda que sexan de linguas diferentes

os executantes, ou por medio de intérprete, chalán e

truchimán, ou por xestos. E o que é máis, poderán comerciar

sen verse, nin oírse, nin falarse, como, segundo Plinio, facían

os saeres ou chineses. Todo o suplía a boa fe de expoñer en

306

Martín Sarmiento

Martín Sarmiento 7. Elementos etimolóxicos

sitio público os xéneros recíprocos que se ían trocar cando

non había moeda. Os primeiros holandeses que pasaron a

Asia comerciaron por acenos. E os primeiros españois que

pasaron a América non puideron comerciar por intérpretes.

[442] Falo, si, dos que van tratar de instruír e dirixir os fieis

na relixión católica e dos que van administrar xustiza civil,

acomodándose uns e outros ós inviolables e loables costumes

do país, pois un costume establecido de inmemorial e

que non é mao, ten tanta forza coma unha lei extemporánea

e transitoria. E todos os que non saben nin a lingua galega,

nin os costumes respectivos, son ineptos para os ditos

empregos.

443

Onde unha potencia dominante permite o exercicio libre

de relixión diferente e aínda contraria á dominante relixión,

tamén permite que os desa diferente relixión ou secta nomeen

por si mesmos os que van ser directores en materia de relixión

e os que van ser maxistrados na administración da xustiza

civil, exceptuando o ius gladii. Así viviron os cristiáns baixo

o dominio dos mahometanos. Así vivían os mouros e xudeus

baixo o poder dos cristiáns cando se lles permitía o exercicio

libre das súas relixións. Así viven hoxe os xudeus en Roma,

Francia, Inglaterra, Holanda, etc. E así viven os gregos baixo o

xugo do Gran Sultán. [444] Todo o dito vai fundado en que,

ou eses tolerados non se deben xa tolerar coma en España, ou

se se toleran co libre e público exercicio da súa relixión, se

lles deixe escoller os maxistrados que saiban a súa lingua, leis

e costumes. Levo visto e lido non poucos instrumentos e foros

antigos de lugares. Neles é moi común a expresión, cando hai

diferencias sobre un dereito, remitilo ó que catro ou seis

homes bos xulguen: “Quanto quatro hombres buenos asmaren”.

O verbo asmar é puro castelán e vén do puro latín aestimare,

‘estimar’ ou ‘xulgar’. Pregunto: ¿eses catro homes ían

procuralos fóra do país? ¿E eses non sabían a lingua vulgar?

¿Como, pois, se tolerou que vaian de longas terras a Galicia

307

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!