11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

7. Elementos etimolóxicos

304

Martín Sarmiento

saben. Acaso non quedou outro códice que sexa copia da

Chronica galega 17 . Pero eses dous códices que se conservan

abondan para inferir os moitos que se perderían de todo.

434

Endebén, non desconfío de que o tempo descubra diferentes

manuscritos galegos, xa en prosa, xa en verso. É innegable

que o século XIII foi o século da literatura en galego e que

durou ata os principios do século XVI, e que duraría hoxe o

escribir e imprimir en galego, como dura en Cataluña o imprimir

en catalán puro. Non vin tomo escrito e impreso en galego,

pero a impresión non fai nin padece para o caso de estudiar,

falar e escribir en galego. [435] Non poucas veces teño matinado

en cál foi a causa de que en Galicia se introducise o uso e

abuso de escribir en castelán o que antes se escribía ou en latín

ou en galego. Non hai xénero de escritura, testamento, venda,

contrato, foro, arrendo, compra, troco, partillas, etc., que eu

non vise e lese en Galicia ou en latín ou en galego. E pódense

cangar carros deses instrumentos que se conservan en Galicia.

Non tendo, pois, precedido nin concilio, nin cortes, nin consentimento

uniforme dos galegos para actuar, outorgar, comerciar

en lingua castelá, ¿quen o introduciu?

436

A resposta está patente, que Galicia chora e chorará sempre.

Non os galegos, mais os non galegos, que ós principios

do século XVI anegaron o Reino de Galicia non para cultivar

17. Sobre esta Chrónica galega, da que Sarmiento xa dera noticia nas

Memorias para a historia da poesía, véxase o que dicimos no estudio introductorio,

apartado 11, en nota. A clave para a súa identificación atópase no escrito

sobre o vocábulo mexiriqueiro, § 68: “Hai outro texto manuscrito que non puido

ter presente Duarte Nunes e atópase na Chrónica galega. Despois da Historia

[de rebus Hispaniae] de don Rodrigo [Ximenez de Rada] e mais da Chrónica

General [de España] citadas, formouse sobre elas o ano de 1289 a Chrónica

galega. Vina, aínda que por pouco tempo. É un códice antigo do século

XIII, contra finais, e escrito todo el no puro dialecto galego. Só comeza en

Ramiro I e acaba pouco despois de San Fernando”.

Martín Sarmiento 7. Elementos etimolóxicos

as súas terras, mais para facerse carne e sangue dos mellores

e para cargar cos máis pingües empregos, así eclesiásticos

como civís: eses foron os que por non saberen a lingua galega,

nin por palabra nin por escrito, introduciron a monstruosidade

de escribir en castelán para os que non saben senón o

galego puro. Esta monstruosidade é máis visible nos empregos

eclesiásticos. [437] Non sei como toleran os bispos que

cregos que non son galegos nin saben a lingua teñan emprego

ad curam animarum, e sobre todo a administración do

santísimo sacramento da penitencia. ¿Que é o coloquio dun

penitente rústico e galego e un confesor non galego senón

un entremés dos xordos? Son innumerables os chistes vergoñentos

que se contan desa inicua tolerancia. Haberá quince

días que un cura galego natural me dixo que confesando a

unha galega ela dixo que xa confesara antes cun castelán,

pero que non acreditaba que fora confesión porque nin o

castelán entendeu a galega, nin esta ó castelán.

438

O verbo trebellar en galego, de tripudiare, sempre significa

in malam partem e dista cen leguas do honesto verbo traballar.

Confesor castelán houbo que ata despois de moitos

anos estivo no erro de que o mesmo era o verbo trebellar

galego que o trabajar castelán, e ós penitentes que confesaban

que trebellaran tantas veces, dicíalles que en días festivos

só podían trebellar unha hora, pero que nos días soltos podían

trebellar ad laudes et per horas. Se o tal confesor oíse a

copla galega común: “O crego mais a criada xogaban ós trebelliños”,

etc., entendería o significado. [439] Para evitar estes e

outros absurdos en odio, burla, nulidade e escarnio do sacramento

da penitencia, é xustísima a lei ou costume dos cataláns,

que xamais darán curato ou rectoría ó que non é catalán

ou non está examinado de que sabe ben a lingua catalana.

Non hai moitos anos que a un gran doutor que pregara a

coresma en Barcelona con aplauso, o suspenderon para unha

rectoría pola soa razón de que non sabía o vulgar dialecto

305

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!