11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

7. Elementos etimolóxicos

423

302

Martín Sarmiento

Aínda que Pedro saiba catro linguas, v. g., por estudio,

nunca saberá ben ningunha se non sabe ben a lingua que

mamou, e moito peor se a esqueceu de todo e se se empeña

en observala con horror por non enzoufar a súa labia e a súa

fata vaidade de que sabe linguas, non sabendo a súa. Desengánense

os homes, que ningún poderá explicar ben os seus

conceptos senón na súa lingua propia. Río dos que, sendo

casteláns, queren explicarse en latín ou en francés ou noutra

lingua estraña á súa. Eses usarán voces alleas, pero xamais

explicarán ben os seus conceptos, pois non será pequena

felicidade o que os explique ben na súa lingua propia.

427

O don de linguas é gracia especial que Deus dá a estes

ou ós outros homes. Pero o don da confusión adquíreno

algúns que queren ser políglotas sen saberen a súa lingua

nativa. Seméllame conforme a razón que cando se presenta

algún estranxeiro que non sabe máis que a súa lingua propia,

haxa algún español que entenda algo dela e que a fale, aínda

que trapalleiramente, pola necesidade do trato transitorio.

Pero non se pode aturar que un galego que xamais saíu de

Galicia, ou un castelán que xamais saíu de Castela, vaian falar

cos seus caseiros, colonos e rústicos, botándolles uns poucos

de lingua francesa, se son casteláns, ou uns poucos de lingua

castelá, se son galegos. [428] Todo iso vai do revés. Ó pobo

galego e ó pobo castelán debe falárselle na súa lingua nativa

vulgar respectiva.

Martín Sarmiento 7. Elementos etimolóxicos

[7.7]

[HISTORIA E VINDICACIÓN DA LINGUA GALEGA]

[GALEGUIZACIÓN DO CLERO]

431

En tempo do rei don Afonso o Sabio era moi vulgar falar e

escribir en lingua galega, ó menos dentro do Reino de Galicia,

non só en prosa, pero tamén en verso, e isto xa viña do máis

antigo, como consta dos poetas galegos que xa cita o conde

don Pedro no seu Nobiliario. Pero que un rei nacido en Castela

falase en galego e fixese coplas nese idioma no século XIII aínda

hoxe me causa moito abraio. E máis non tendo batido aínda

con instrumento auténtico do cal conste que ese rei se criou en

Galicia como o seu pai san Fernando, ou que ó menos residiu

en Galicia por algún tempo.

432

De seguro que os galegos daquel século gozaron a ventura

de que o seu rei oíse ou as súas representacións, ou as

súas queixas, ou os seus agradecementos na súa mesma lingua

galega e nativa sen o pegón de intérpretes, coma os soldados

de Mithridates. Paréceme imposible que daquela non

fosen comúns moitos libros en galego para todo, e sobre

todo para a Gramática, pois non é crible que reinase a tiránica

barbarie de que os nenos galegos aprendesen a lingua latina

por medio de dúas linguas estrañas, e con castigo se se a

lembraban da propia e nativa. [433] Dirá algún, ¿ulos, eses

manuscritos en lingua galega? Digo que estarán onde se atoparía

o Cancioneiro galego de don Afonso se non se gardase

con tanta custodia. Isto é, estaría totalmente perdido, e aínda

a lembranza de tal Cancioneiro. O mesmo debo dicir do

códice manuscrito en pergameo, e en folio, escrito todo en

prosa da lingua galega. Vin ese códice, que se conserva na

Real Biblioteca e que chaman a Chronica galega. É coetánea

da Chronica General de España e os seus autores non se

303

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!