11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

7. Elementos etimolóxicos

413

300

Martín Sarmiento

Se iso parecese moito para un só, poderá distribuirse esa

inmensa liña curva entre moitos, segundo o número de rías, e

á fin unir todos eses anacos da liña curva, e que unha soa liña

curva continuada resulte de todos os anacos. Só en Galicia

poderá facerse isto con comodidade, porque todas as súas rías

e os seus ríos nacen e morren en Galicia, excepto o río Sil e a

ría de Ponte de Lima. Todo canto obxecto salientable se achase

á dereita e esquerda da dita liña curva debe describirse en

lingua galega, e así debe imprimirse. [414] En virtude deste

artificio, repartido o traballo entre doce curiosos, poderá rematarse

todo nun ano. Non quedará cidade, vila, aldea, lugar,

casarío, solar, pazo, convento, igrexa, ermida, fábrica, muíño,

pesqueira, edificio, ponte, barca, monte, lagoa e outro sitio

xeográfico que non saia nos mapas que deben construír os

intelixentes. Tomando a metade máis de tempo, poderá servir

a mesma liña curva para apuntar os mixtos da Historia Natural

que nela se atoparen ó paso, en especial, minas, canteiras,

terras, vexetais, aves e animais especiais.

415

Non se pode dubidar de que se co tempo viñese a lume

unha Descrición xeográfica e unha Historia Natural de todo

o Reino de Galicia, todo en lingua galega, daría un gran golpe

en toda Europa, xa pola novidade do idioma, xa polo

singular método xeográfico, xa pola riqueza e exactitude da

Historia Natural. É evidente que para esa magnífica obra en

lingua galega non cumpriría que os autores mendigasen

voces de lingua estraña, pois as máis as tiñan en casa e serían

puras galegas. E os etimoloxistas terían máis voces en

que exercitar as súas combinacións para ratificarse dos seus

teoremas etimolóxicos. [416] Tampouco debe dubidarse de

que con esa obra impresa en galego, tan útil para Galicia e

para toda España, se afeccionarían os galegos á súa lingua

nativa, e máis se a cada mixto da Historia Natural se lles

sinalase, ademais dos nomes, as medicinas caseiras e usos

Martín Sarmiento 7. Elementos etimolóxicos

domésticos experimentados que lles atribúen nas aldeas, non

as falsas e fantásticas que se len nos libros.

417

Acaso será atractivo para que os galegos depoñan o

odio que teñen contra a súa lingua o que, recollidas todas as

coplas galegas, se impriman nun Cancioneiro galego. Non

dubido de que nel habería coplas moi sinxelas e naturais e

outras moi lizgairas e expresivas, sen os defectos de equívocos,

falsos conceptos, retrancas e ponderacións hiperbólicas.

Debe supoñerse que case todas as coplas as inventan e cantan

as mulleres e así non teñen aqueles chafallos. Pero teñen

o primor de que nelas se acha o purísimo idioma galego,

dunha remota antigüidade, ademais da dozura da pronuncia

e do canto. [418] Xa teño visto e lido o rarísimo Cancionero

Geral portugués, de Resende, impreso en folio e en Lisboa o

ano de 1516. ¿E por que non haberá un cancioneiro galego?

Pois saiban os galegos que foxen da lingua galega que

mamaron, que hai máis de cincocentos anos que temos ese

cancioneiro en lingua galega. Non se chama cancioneiro,

senón Libro dos cantares. O poeta que os compuxo e cantou

foi nada menos que o rei de Castela, de León e de Galicia,

don Afonso X, que só el se ergueu co epíteto de don Afonso

o Sabio.

422

Matine nisto o lector que non for español e diga se é

paradoxo o que aquí propoño da lingua galega. Reflexione o

castelán en que non será moito que hoxe haxa escritos en

lingua galega existindo os que un rei castelán escribiu. E

avergóñense os galegos naturais de facer estudio de esquecer

a súa lingua nativa coma se fose incompatible o poder saber

dúas linguas a un mesmo tempo, entrando a lingua natural

como fundamento da outra ou outras linguas estrañas.

301

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!