11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

7. Elementos etimolóxicos

298

Martín Sarmiento

unha, das que se escriben e a penas se entenden, e son as dos

libros; a outra é das que se falan, pero non se escriben, e son

as do ínfimo vulgo das aldeas. [407] E ¿qué máis terán estas

últimas voces ca todas as voces galegas que se falan e non se

escriben, nin hai vocabulario para elas, como non o hai ata

agora para as voces dos aldeáns de Castela? E en verdade que

ese vocabulario, se o houbese, sería utilísimo para a lingua

castelá. Claman todos os eruditos por ese vocabulario e eu

tamén clamo polo vocabulario galego, pois sería un tesouro

para as etimoloxías galegas e castelás reducidas ó latín.

408

Esoutro de se hai ou non hai libros escritos en lingua

galega é un espantallo e pataqueirada e petitio principii. Non

se estudia o galego porque non hai libros. E eu digo que non

hai libros porque non se estudia o galego e só se estudia o

esquecelo e aborrecelo. Dentro de vinte ou trinta anos, se se

manda e se custea, haberá libros galegos impresos e encadernados

en pasta que traten de todas as materias por espiñentas

que sexan. Das soas coplas que inventan e cantan as rapazas

poderá formarse un groso volume de Cancioneiro e moitos

tomos de Xeografía, Xenealoxía e Historia Natural, sen saír do

Reino de Galicia. [409] Esta Historia Natural será a que máis

debe interesar ós galegos naturais e ós non galegos que de

asento residen naquel país. Un ou dous tomos en folio que

conteñan toda a Historia Natural de só o Reino de Galicia,

pero escritos e impresos en lingua galega, sería un tesouro

non só para Galicia, mais tamén para toda España, e aínda

para toda Europa, onde hoxe é da última e útil moda o estudio

da Historia Natural en todos os seus ramos. Dubido que

haxa provincia que caeteris paribus de terreo teña máis mixtos

da Historia Natural dos que ten Galicia.

410

Para ridiculizar o licenciado Molina, malagueño, ós pailáns

de polaina que, sen teren estado xamais en Galicia nin

Martín Sarmiento 7. Elementos etimolóxicos

saberen onde caía, crendo que só era unha aldea, rexoubaban

de Galicia, dilles: “No hable del Papa quien non ha estado

en Roma”. E despois, para amolalos, apostrofa con estes

versos de ouro: “Qué ay en España que aqui no se halle?” E

engade: “y aun faltas ay fuera que aqui no se estiman”. Así

falou aquel andaluz que estaba en Galicia e que o ano de

1550 imprimiu en Mondoñedo a súa Descripción de Galicia

en verso e prosa.

411

Hai en Galicia todo xénero de animais, todo xénero de

aves, todo xénero de peixes, mariscos e cunchas, todo xénero

de sabandixas e insectos. Hai todo xénero de árbores, arbustos,

vexetais, plantas e herbas medicinais e con nomes galegos

que, a imitación dos gregos, aluden á enfermidade. Hai todo

xénero de metais, semi-metais, fósiles e terras e todo xénero

de pedras e mármores preciosos. E sendo abundante de cristais

de rocha, non pode por menos haber pedras preciosas, se

se saben buscar. Se se forma esa obra da Historia Natural da

soa Galicia e se imprime en lingua galega, descubriranse mil

primores canto ós nomes galegos e as súas etimoloxías. [412]

Non sería menos curiosa unha Descrición xeográfica de todo

e só o Reino de Galicia en lingua galega. Eu inventei un especial

modo de describir toda Galicia sen omitir un palmo de

terra, e noutros papeis propuxen ese problema xeográfico que

non se achará nos libros16 . A clave está en que colocado

Pedro no ángulo que fai a ría de Ribadeo co mar de Asturias,

desde alí debe andar toda Galicia cunha soa liña continuada,

seguindo sempre a beiramar; e de todos os ríos, por pequenos

que sexan, levando sempre a auga do mar ou dos ríos á man

dereita. Dese modo andará Pedro todas as beiras e perfís das

costas do mar, rías, ríos e regatos ata a súa orixe.

16. Refírese ó seu escrito Problema corográfico para describir Galicia

cun novo método, de 1762.

299

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!