11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

7. Elementos etimolóxicos

385 BIS

296

Martín Sarmiento

Todo canto ata aquí levo escrito é da lingua latina como

matriz dos dous dialectos, castelán e galego. Non se forma un

dialecto con unha ou dúas ducias de persoas que o falen, ese

non será dialecto, mais unha xerga de familia ou dalgunha

compañía de mercadores. Cómpre que toda a multitude nacional

fale ese dialecto en país distinto e separado. Non é posible

que unha lingua transmigre dun país a outro se con ela non

transmigran as persoas que naturalmente a falarán e conservarán

de pais a fillos. Disto infírese que para falar dun dialecto é

forzoso saber a historia da lingua matriz e a época do cándo

se estableceu o dialecto. [386] Quero, para darme a entender

a todos, poñer un exemplo palmar. A lingua castelá que hoxe

é vulgar en México é como un dialecto da lingua castelá, a

súa matriz. Transmigraron os españois a América e con eles

a lingua castelá. A época daquel dialecto ultramarino debe

fixarse desde o ano de 1500 en diante. Non puido pasar a

América outra lingua castelá senón a que era vulgar e se falaba

polos anos de 1500 ou no século XV. Logo, as especiais

voces castelás do Fuero Juzgo, do poeta Berceo, da Biblia

Ferrariense, das Partidas, das antigas crónicas, de Juan de

Mena, etc., non puideron pasar a América porque xa estaban

anticuadas e en desuso e nin os conquistadores as entendían.

[387] Así, o etimoloxista castelán que vive en México (o mesmo

se entende Lima, Cartaxena, Quito, Bos Aires, Puebla de

los Ángeles, etc.), se quere falar do vulgar castelán que alí se

fala, debe estar advertido das voces castelás que non puideron

pasar a América e non contar con elas, mais coas do século

XVI coas especiais alteracións das letras no país e coas voces

bárbaras e exóticas que se pegaron ó castelán.

Martín Sarmiento 7. Elementos etimolóxicos

[7.6]

[PROGRAMA DE ESTUDIOS GALEGOS]

404

Repetidas veces lle teño oído dicir a un cabaleiro castelán,

douto, discreto, erudito e dunha vasta lectura e literatura,

entrando o latín, grego e algo de árabe, que daría a metade

do que sabía de linguas por saber a lingua galega. En Madrid

reside ese cabaleiro que o dixo e repite cada día. Non por

louvamiñeiro, nin por adulación á miña persoa, porque nin el

nin eu gastamos desas falsas formalidades, nin tampouco

sabe a lingua galega máis que polo pouco que dela me oíu.

[405] Pero ese pouco aguillooulle o apetito de saber a lingua

galega con extensión. Consistiu isto en que nas conversas

familiares lle fixen evidencia de que a lingua galega é como

escada para subir da lingua castelá á latina por medio das etimoloxías.

¿E que dirán a isto os galegos que estudian de todo

e só se aferran en querer ser esforzados ignorantes da súa

mesma lingua nativa que mamaron? Dirán que é lingua inútil

porque non hai libros escritos nela, nin hai vocabularios. Que

isto o diga un castelán, francés, inglés, etc., pase. Non obstante,

hai casteláns que vivindo de asento en Galicia, se namoran

da lingua e procuran imitala.

406

Os peruanos e mexicanos non tiñan libros nin vocabularios

escritos, e sería máis ca salvaxe quen dixese que por iso

deberían esquecer a súa lingua nativa e aínda aborrecela.

¿Para que precisaban de vocabularios se todos sabían os

nomes de todo canto se lles poñía diante? Son poucas as cousas

que Deus creou en Galicia ou que fabricaron os homes

que non teñan o seu nome e os verbos correspondentes.

Todos os aldeáns saben eses nomes. Pois velaí un vocabulario

vivo. ¿E quen poderá negar que ese dito vocabulario se poderá

imprimir? En cada lingua culta hai dúas clases de voces;

297

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!